Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

British Racing Motors

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BRM
Nome completoBritish Racing Motors
Bandeira
Baseada enBourne,Lincolnshire,Inglaterra
Tempadas en activo28 (1950-1977)
Número de pilotosReg Parnell
Mike Hawthorn
FranciaMaurice Trintignant
Jo Bonnier
Dan Gurney
Graham Hill
Jackie Stewart
John Surtees
SuízaJo Siffert
AustriaNiki Lauda
SuízaClay Regazzoni
DebutGran Premio do Reino Unido de 1951
Carreiras197
Campionatos de Construtores1 (1962)
Campionatos de Pilotos1 (1962)
Vitorias17
Pole positions11
Voltas Rápidas15
Puntos totais
DerradeiroGPGran Premio de Italia de 1977

British Racing Motors (coñecido comoBRM), foi un equipo británico deFórmula 1. Fundado en1945, competiu desde1950 a1977, participando en 197 Grandes Premios e gañando 17. En1962 o equipo BRM gañou o título de construtores. Ao mesmo tempo, o seu pilotoGraham Hill gañou o campionato mundial. En1963,1964,1965 e1971, BRM foi segunda no campionato de construtores.

A fábrica principal de BRM estaba en Spalding Road, Bourne, Lincolnshire, detrás da casa Eastgate, fogar do seu líder, Raymond Mays.

O desenvolvemento máis notable de BRM foi o motor de carreira 135º V16 1,5 litros, que era moi potente na época para a súa cilindrada. Tiña o defecto de que a potencia caía fóra dun rango moi pequeno de réxime. Por isto, para poder aproveitar a súa capacidade ao máximo, eran necesarios moitos cambios de velocidade por parte dos pilotos. Este motor foi notable tanto como por ser unha valente tentativa en desenvolvemento de motores, como polo seu distintivo son.

Cando a regulación de 1,5 litros atmosférico (é dicir, non sobrealimentados) de Fórmula Un foi introducida, BRM logrou construír un motor deseñado por Aubrey Woods (BRM P56 V8) que estaba a par con Dino V6 utilizado porFerrari e o Coventry-Climax V8 utilizado por outros equipos británicos. Un monopraza modelo P578 con este motor gañou o Campionato Mundial con Graham Hill como piloto.

Así e todo, BRM fallou na súa entrada a regulación de 3 litros rexeitando a proposta de Aubrey Woods de construír un motor V12, por un estraño motor H 16 (BRM 75). Este motor era potente pero pesado e pouco fiable, tiña poucopar e un centro de gravidade alto. A razón desta elección segue sendo un misterio, pero é probable que o H 16 fora sedutor para BRM porque compartía algunhas partes co V8 1,5 litros. Nese momento, BRM ganouse o sobrenome de "British Racing Misery". A pesar de todo, debido a escaseza de motores 3 litros de F1 nese momento, o H 16 foi vendido aLotus eJim Clark logrou gañar un Gran Premio cun auto con ese motor.

Tempo despois, a firma vendeu motores a outros construtores como John Wyer,Team McLaren Mercedes eMatra.

Historia

[editar |editar a fonte]

No comezo da Fórmula 1, os construtores italianos eran as marcas que reinaban nos Grandes Premios. O equipo británico BRM formouse para contrarrestalos. O equipo British Racing Motors foi fundado en 1945 por Raymond Mays, quen tamén fundou EEI. Desde o principio, BRM foi nun proxecto importante: esperaban desenvolver un motor V16 que esperaba ter máis de 600 cabalos de forza e construír un coche de gran premio de todos os británicos da época posterior á guerra como un proxecto nacional de prestixio, co apoio financeiro e industrial da industria do motor británica e os seus provedores canalizada a través dun fondo fiduciario. En 1951, BRM faría o seu debut no Mundial deFórmula 1.

A estrutura resultou ser unha forma difícil de manexar a organización e o financiamento do proxecto, polo que algúns dos patrocinadores retiráronse, decepcionados co lento progreso do equipo e os primeiros resultados. En 1952, SirAlfred Owen decide retomar as rendas do equipo BRM. Non había vitorias, pero os segundos lugares de Froilán González en Albi en 1953 e Brooks en 1956 serían máis que suficientes para a evolución do equipo neses momentos.

Un BRM Tipo 15 (1950).

En1957, a situación non mellorou e os coches non lograban finalizar as carreiras. A tempada seguinte, o equipo BRM comezou en serio o campionato, cos pilotosHarry Schell eJean Behra, que terminaron segundo e terceiro, respectivamente, enZandvoort, detrás do Vanwall deStirling Moss. En1959,Jo Bonnier gañaría oGran Premio dos Países Baixos. En1960,Graham Hill decatouse das boas condicións de pilotaxe do P48, pero os moitos abandonos arruinaron a súa tempada. En1961, Hill obtivo varios podios en varias carreiras fora do campionato, pero non nas que realmente eran puntuables.

En1962, a situación cambiou. O traballo realizado no motor V8 de BRM deu resultados eGraham Hill conseguiu gañar a primeira carreira da tempada enHolanda. Tamén obtivo un segundo lugar enBélxica, e gañou as carreiras deNürburgring eMonza. Disputaba o título contraJim Clark e o seuLotus. Na última carreira da tempada enSuráfrica, Clark lideraba a carreira, pero unha fuga de aceite no Lotus deulle aGraham Hill e a BRM os títulos de construtor e de pilotos.

BRM P25 co queStirling Moss obtivo o segundo lugar noGran Premio do Reino Unido de 1959.

En1963,Jim Clark eLotus volven dominar o campionato, Hill só puido gañar enMónaco eEEUU. En1964, Hill volve loitar polo título ata a última carreira onde, tralo abandono de Clark, Hill e Bandini loitan entre si, permitíndolle a Surtees levarse o título. Na última carreira oGran Premio de México, Graham Hill chegou con cinco puntos de vantaxe respecto deJohn Surtees. Naquel gran premio,Lorenzo Bandini, compañeiro de Surtees enFerrari, botou da pista a Hill e permitiu a Surtees adiantarlle, acabando a carreira segundo e asegurándose o título mundial. Se contaran todos os puntos, Hill e BRM serían campións. En1965,Jim Clark dominou de novo, pero Hill eJackie Stewart lograron tres vitorias entre ambos. Unha vez máis, se contaran todos os puntos, BRM sería campión do mundo de construtores.

En1966, antes do cambio de regras para os motores, BRM decide utilizar o motor H16. Anteriormente,Graham Hill gañara carreiras na SerieTasman e Stewart en Mónaco. Pero logo da introdución deste novo motor, sóJim Clark triunfou con este motor cunLotus, mentres que en BRM, soamente Stewart conseguiu un segundo posto enSpa na tempada de1967. En1968, BRM regresa cun motor máis convencional, un V12 co queDick Attwood ePedro Rodríguez fixeron varios podios. En1969, o coche fallou en canto a fiabilidade e rendemento.

En1970, o P153 permite ao piloto mexicano Pedro Rodríguez que BRM volva ter de novo vitorias ao gañar en Spa-Francorchamps, non sen ter antes algunhas dificultades logo dunha loita feroz conChris Amon. Pero durante toda a tempada, o coche non é tan bo como se esperaba. Na tempada seguinte, Rodríguez morreu durante unha das carreiras.Jo Siffert logra gañar enAustria. E tamén nun memorable final de carreira noGran Premio de ItaliaPeter Gethin obten a vitoria por só 0´61 milésimas, foi a súa única vitoria nun Gran Premio. En1972, BRM so logra unha única vitoria grazas aJean-Pierre Beltoise, que gañou a carreira deMónaco baixo un forte aguaceiro.

Decadencia e caída

[editar |editar a fonte]

En1973, uns descoñecidos novos pilotos, o austríacoLauda e o suízoClay Regazzoni apenas alcanzan o podio. Ao final da tempada, a Organización de Owen decide retirarse. Este foi comezo do fin para BRM. En1974, Beltoise terminou segundo enKyalami, pero toda a tempada foi desastrosa. En1975, o equipo contrata a un só pilotoMike Wilds, substituído posteriormente porBob Evans, pero ningún deles logrou melloras no equipo. En1976, BRM non participa nunha soa carreira e en1977, Larry Perkins realizou os últimos dous Gran Premios para a última participación de BRM.

BRM faría un breve regreso nas24 Horas de Le Mans en 1992, pero un incendio obrigou aos pilotos a abandonar.

Resultados de BRM na Fórmula 1

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Resultados de BRM.

Notas

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
A Galipedia ten unportal sobre:Fórmula 1
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  British Racing MotorsModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=British_Racing_Motors&oldid=6638097»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp