Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

British Library

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista aérea da biblioteca.

ABritish Library é abiblioteca nacional doReino Unido e unha das maiores do mundo. Foi creada en1753 e noséculo XXI acolle aproximadamente 150 millóns de publicacións. A biblioteca conténlibros,mapas,periódicos,partituras,patentes,manuscritos eselos, entre outros obxectos. Están en 625 km de andeis que crecen unha media de 12 quilómetros cada ano. O espazo delectura ten capacidade para 1 200 lectores.

Cada ano, xenérase seis millóns de buscas no seu catálogo en liña e máis de 100 millóns de obxectos son ofrecidos a lectores de todo o mundo.

Entre as coleccións especiais daBiblioteca Británica atópase un caderno de notas deLeonardo da Vinci, material orixinal da data 300 AEC, unhaCarta Magna, unha gravación do discurso experimental deNelson Mandela, preto de 50 millóns de patentes, 310 000 volumes de manuscritos, deJane Austen aJames Joyce, deHändel aThe Beatles, máis de 260 000 títulos de periódicos e máis de catro millóns de mapas.

Tivo un desenvolvemento importante a mediados doséculo XIX baixo a dirección dePanizzi, que tentou transformala nunha institución de estudo e investigación así como facilitar o acceso aos fondos por parte dos usuarios. En1971 o goberno británico recoñeceuno como organismo independente.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=British_Library&oldid=7280113»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp