Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Breitkopf & Härtel

Coord.:51°20′17″N12°22′40″L / 51.33803419,12.37767249
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Breitkopf & Härtel
 Forma xurídica
Persoas e organizacións
 Fundador/a
Actividade
 Industria
Datas e cronoloxía
 Fundación
1719Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 Enderezo
Alter Neumarkt "Goldener Bär" (Leipzig), heute Universitätsstraße 5 (Leipzig)
Nürnberger Straße 36 / 38 (Leipzig)
Walkmühlstraße 52 (Wiesbaden)Editar o valor en Wikidata
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: Breitkopf & HärtelEditar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Breitkopf & Härtel é unhaeditorial musicalalemá. Fundada en1719 enLeipzig (Saxonia), é a editorial musical máis antiga do mundo.[1] Breitkopf & Härtel foi o editor orixinal da obra deJohann Sebastian Bach, así como doutros compositores destacados.[2] Actualmente a sede da compañía está na cidade alemá deWiesbaden (Hessen), e conta tamén con sedes nas cidades de Leipzig,París (Francia) eLondres (Reino Unido), así como na cidade alemá deTaunusstein.[3]

Fundada porBernhard Christoph Breitkopf, foi posteriormente adquirida porGottfried Christoph Härtel, con quen a empresa iniciou unha estreita colaboración para a publicación de partituras dos máis importantes compositores comoBeethoven,Mendelssohn,Schumann,Liszt,Wagner, ouBrahms.[2]

Historia

[editar |editar a fonte]

Inicios

[editar |editar a fonte]
O Goldener Bär de Leipzig foi durante 135 anos a sede da editorial.

A editorial foi fundada na cidade alemá deLeipzig porBernhard Christoph Breitkopf no ano1719, probablemente o día24 de xaneiro.[4] Inicialmente a editorial adicouse á impresión de libros. Uns anos despois da súa fundación, Breitkopf adquiriu o local da pousada "Goldener Bär" ("O oso dourado"), situado ao carón das igrexas deSanto Tomás eSan Nicolás, e o oso heráldico segue a ser na actualidade o símbolo da editorial.[5]

En1725 a editorial sacou unhaBiblia hebrea como primeira publicación importante.[6] Non foi ata1736 cando Breitkopf publicou o libro de corais de BachSchemellis Gesangbuch, que marcaría a súa evolución cara a edición musical, anunciando o brillante futuro da compañía na publicación de partituras de música clásica.[2] En1745 Bernhard Christoph Breitkopf deixoulle a editorial ao seu filloJohann Gottlob Immanuel Breitkopf, quen entre1754 e1755 traballou no perfeccionamento da impresión musical mediante tipos móbiles, o que daría como resultado pouco despois no tipo de imprenta "Breitkopf Fraktur".[5] Deste xeito, Johann Gottlob acadaría renome no campo da impresión, mais tamén cómpre destacar a súa destacada lista de compositores, deTelemann aHaydn eCarl Philipp Emanuel Bach, sendo os seus catálogos temáticos de gran valor aínda nos nosos días.[7]

Adquisición da compañía por G.Ch. Härtel

[editar |editar a fonte]
Gottfried Christoph Härtel tomou o control da compañía en 1795.

En1795 a editorial atravesaba dificultades económicas e o editor de LeipzigGottfried Christoph Härtel tomou o control da compañía, incluíndo o seu apelido ao nome da editorial, pasando a denominarse dende ese momento Breitkopf & Härtel,[5] e pasou a empregar alitografía comotécnica de impresión.[7] Dous anos despois da entrada de Härtel, a editorial fíxose cargo da publicación do xornal musicalAllgemeine musikalische Zeitung, dirixido porFriedrich Rochlitz. Esta relación entre Breitkopf & Härtel e o xornal prolongouse ata1848, ano no que a publicación desapareceu para volver de novo en1866 da man da imprenta de Leipzig, que a editou durante os tres anos seguintes.[8][9]

A principios doséculo XIX e ata1872, Gottfried Christoph Härtel comezou a fabricación do pianoforte, o que provocou que a editorial gañase prestixio no eido musical, de feito pianistas como Franz Liszt ou Clara Schumann valoraron moi positivamente os pianos de cola Breitkopf.[10]

A partir de1809 comezan as primeiras edicións sucesivas e sen interrupción do Op. 67 (Sinfonía Nº 5) ata o Op. 86 (Misa en Do Maior) de Beethoven a raíz dunha visita de Härtel ao compositor alemán enViena, aínda que anteriormente Breitkopf & Härtel xa publicara as primeiras edicións do seuQuinteto de corda Op. 29 e das súas Variacións para piano Op. 34 eOp 35.[10] Posteriormente faríanse cargo da editorial sos seus sobriños netos Raymund (1810-88) e Hermann (1803-75), comezando na década de 1830, Breitkopf & Härtel unha duradeira e frutuosa colaboración cos representantes da xove xeración de compositoresrománticos coa publicación de obras como oCuarteto Nº 2 Op. 9 de Mendelssohn (1830), oCarnaval Op. 9 de Schumann (1837), osPoemas sinfónicos de Liszt (1848),Lohengrin de Wagner (1850), ou os Op. 1 a 5 de Brahms (1854), e outras obras deSchubert,Chopin ouBerlioz,óperas deMeyerbeer,Donizetti,Bellini eLortzing.[7][10]

Nos anos1876 e1877, Breitkopf & Härtel publicou a primeira edición das obras completas deWolfgang Amadeus Mozart baixo o títuloAlte Mozart-Ausgabe.[11] Xa en1850 a editorial comezara a publicar edicións completas da obra de Bach, ás que lle seguiron as de Beethoven (1862) e Mendelssohn (1874), e continuarían coas doutros compositores como Schumann (1879),Schubert (1884), Berlioz (1900). Nesa época comezou a editar a chamada "Volksausgabe Breitkopf & Härtel" (VA), que despois de poucos anos a súa primeira serie recompilou case todas as obras de concerto máis significativas de épocas pasadas; desta edición xurdiría en1913 a "Edition Breitkopf", que segue a publicarse na actualidade.[10]

Da expansión á segunda guerra mundial

[editar |editar a fonte]
Edición de1926 na que se poden ver as catro cidades nas que estaba presente a editorial.

O crecemento da empresa alemá levouna a abrir varias filiais noutras cidades do mundo a partir de1883 coa fundación da filial deBruxelas, á que lle seguiron as de Londres en1890 eNova York e1891, converténdose na principal empresa da industria da publicación de partituras.[7][10] Ao mesmo tempo, a editorial continúa a apoiar e acoller a novas promesas da composición de países de fala nonalemá coma oitalianoFerruccio Busoni ou ofinlandésJean Sibelius.[10]

Nos primeiros anos doséculo XX Breitkopf & Härtel publicou unha serie de edicións conmemorativas, como as adicadas á música alemá. Posteriormente, entre1926 e1927, a editorial lanzou unha edición completa de Brahms en 26 volumes realizada porHans Gál eEusebius Mandyczewski e editada pola Gesellschaft der Musikfreunde en Viena.[12]

Co inicio dasegunda guerra mundial, os bombardeosaliados sobre Alemaña provocaron a destrución de todos os edificios da editorial en Leipzig en1943, aínda que en1992 comezou a súa reconstrución.[12]

Traslado a Wiesbaden

[editar |editar a fonte]

En1945, co final da Guerra, a actividade editorial de Breitkopf & Härtel trasladouse á cidade de Wiesbaden. Ao pouco tempo do traslado, a casa central que a empresa tiña en Leipzig foi expropiada.[12]

A editorial continuou a difundir a obra dalgúns dos compositores máis destacados coa publicación en1960 dunha edición completa deMax Reger en 35 volumes e 3 volumes complementarios en colaboración coMax-Reger-Institut. Amais, Breitkopf & Härtel ampliou o seu catálogo de música contemporánea ao adquirir obras da Editorial Grieg, Colonia (Helmut Lachenmann,Nicolaus A. Huber,York Höller), a partir de1980, que foi ampliada nos seguintes anos con obras deAdriana Hölszky,Hanspeter Kyburz,Hans Zender, e outros moitos compositores novos.[12]

O crecemento da editorial fixo necesaria a ampliación das oficinas de distribución e almacenamento deTaunusstein, así como o traslado dos departamentos de alugueiro de materiais á mesma cidade en1984, o mesmo ano que fundou unha nova filial en París. Uns anos despois, en1991, a empresa recuperou a súa casa central de Leipzig, pasando a denominarse "Breitkopf & Härtel - Wiesbaden, Leipzig, París", e concentrando os seus esforzos en renovar e modernizar o edificio derruído da editorial na rúa Nuremberg de Leipzig.[12]

O catálogo da editorial seguiu aumentando en1992 co traspaso deDeutschen Verlags für Musik (DVfM), facéndose con numerosas obras de compositores comoGesualdo, Mendelssohn,Hanns Eisler,Siegfried Matthus,Udo Zimmermann, así como numerosos métodos instrumentais que pertencían á editorial fundada en Leipzig en1954. En1997 comezou a "Leipziger Ausgabe der Werke von Felix Mendelssohn Bartholdy", publicada pola Academia Saxoa das Ciencias en Leipzig baixo a dirección de edición deChristian Martin Schmidt (Berlín), e ao ano seguinte comezaba a edición completa de obras de Sibelius ("Jean Sibelius Works") publicada pola Biblioteca daUniversidade de Helsinqui e daSibelius-Seura deFinlandia baixo a dirección deFabian Dahlström (Turku), e a partir de2000Glenda Dawn Goss (Helsinqui).[12]

Novo milenio

[editar |editar a fonte]
Dende o cambio de século, Breitkopf & Härtel ten colaborado con outras editoriais musicais como G. Henle Verlag.

Breitkopf & Härtel continuou a ampliar o seu catálogo coa adquisición de novas editoriais comoMusica Rara (Montreux, Francia) no ano2000 ouNepomuk Musik Verlag (Basilea,Suíza) en2011. Ademais no ano 2000 a editorial entrou enInternet, e en2002 comezou a "Hanns Eisler Gesamtausgabe" (HEGA) como continuación da publicación "Eisler: Gesammelte Werke" (EGW). Amais fíxose cos materiais de orquestra segundo as novas edicións completas de Beethoven e Brahms (G. Henle Verlag,Múnic) en2003, e a partir de2006 coproduciu con Henle outras edicións, e adquiriu os materiais de orquestra da "Eulenburg Orchestral Series" (EOS) pertencentes aSchott Music.[13]

En2001, a editorial comezou a serie "Breitkopf PÄDAGOGIK", publicando numerosos libros de práctica musical e métodos de ensinanza que teñen recibido galardóns como o "Deutschen Musikeditionspreis", e que presentan algunhas das técnicas máis innovadoras da investigación da pedagoxía musical.[14]

Logotipo

[editar |editar a fonte]
Escudo do Goldener Bär de Leipzig.

O logotipo de Breitkopf & Härtel representa a un oso sostendo un escudo. A imaxe actual da marca vén da antiga pousada de Leipzig, o Goldener Bär (traducido aogalego como "O oso de Dourado"), que Bernhard Christoph Breitkopf adquiriu ao pouco de fundar a editorial e que estaba representada por un oso suxeitando un escudo co nome da pousada. O emblema co oso non sempre foi empregado, e o deseño non sempre foi o mesmo, variando entre as edicións co nome da compañía ás que inclúen unha versión esquematizada que é a imaxe actual da compañía ou as representacións máis clásicas como a edición de Beethoven e Brahms de 2003 coproducida con G. Henle Verlag. Tamén en2005 e editorial creou un novo deseño de portada para a serie "Breitkopf Urtext" (empregado por primeira vez na nova edición de Klaus Döge doStabat Mater deDvořák) que non inclúe o logotipo.[13]

Breitkopf & Härtel e Bach

[editar |editar a fonte]

A primeira publicación musical de Breitkopf & Härtel foi oSchemellis Gesangbuch (1736), que contiña varios corais de Bach e que foi publicado aínda en vida do compositor deEisenach, cando Gottfried Christoph Härtel aínda non entrara na editorial. A relación da editorial con Bach continuou, difundindo a súa obra grazas á publicación en 1850 da integral da súa obra.

En1908, a biografía de Bach do xove organista alsacianoAlbert Schweitzer subliñou a relación da editorial con Bach. O libro de Schweitzer, que representou a última investigación dunha nova xeración de estudosos, segue a ser unha obra importante para a musicoloxía e a práctica musical. O propio autor mantivo unha estreita relación coa editorial, que se pon de manifesto na carta manuscrita que en abril de1960 enviou a Breitkopf & Härtel para agradecerlle a felicitación polo seu 85 aniversario e na que di:[12]

Vostedes mimaron con afecto ao vello rapaz que cumpre anos. De feito, a min mimáronme moito. Recibín cartas de amigos e descoñecidos de todo o mundo. O que máis me emocionou foi decatarme de que a idea do profundo respecto pola vida ábrese o seu camiño. Ter lanzado esta idea é o logro propiamente dito da miña vida.

— Albert Schweitzer[15]

Catálogo

[editar |editar a fonte]

O catálogo de Breitkopf & Härtel conta actualmente cuns 1.000 compositores, unhas 8.000 obras e 15.000 edicións ou libros sobre música, tendo editado a integral da obra de varios compositores como J. S. Bach.[16] Breitkopf parece empregar os números de placa de xeito cronolóxico.[6]

Destaca o traballo da editorial a prol da difusión da música contemporánea, tendo publicado dende os seus inicios partituras de compositores no seu tempo. Actualmente están no catálogo de música contemporánea de Breitkopf & Härtel compositores comoJörg Birkenkötter,Theo Brandmüller,Manuel Hidalgo,Adriana Hölszky,Nicolaus A. Huber,Márton Illés,Hanspeter Kyburz,Helmut Lachenmann,Siegfried Matthus,Misato Mochizuki,Isabel Mundry,Michael Obst,José María Sánchez Verdú,Steffen Schleiermacher,Cornelius Schwehr,Martin Smolka,Siegfried Thiele,Hans Zender ouUdo Zimmermann entre outros.[17]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Adelmann, Marianne (1974). Paddington Press, ed.Musical Europe: An Illustrated Guide to Musical Life in 18 European Countries. p. 252.ISBN 978-0-8467-0031-9. 
  2. 2,02,12,2Elkin Music International (ed.)."Breitkopf"(en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2014. 
  3. Breitkopf & Härtel (ed.)."Contacto"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 29 de xullo de 2014. Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  4. Sadie, Stanley (1980). Macmillan Publications, ed.The New Grove Dictionary of Music and Musicians.Londres eNova York. 
  5. 5,05,15,2Breitkopf & Härtel (ed.)."La historia de Breitkopf & Härtel. 1719 - 1799"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  6. 6,06,1International Music Score Library Project (ed.)."Breitkopf und Härtel"(en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2014. 
  7. 7,07,17,27,3answers.com (ed.)."Oxford Grove Music Encyclopedia: Breitkopf & Härtel"(en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  8. Karl Kügle. ripm.com, ed."Allgemeine musikalische Zeitung"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 21 de xullo de 2014. 
  9. Rehding, Alexander. Oxford University Press, ed.Music and Monumentality: Commemoration and Wonderment in Nineteenth Century Germany. p. 246.ISBN 978-0-19-988889-4. Consultado o 21 de xullo de 2014. 
  10. 10,010,110,210,310,410,5Breitkopf & Härtel (ed.)."La historia de Breitkopf & Härtel. 1800 - 1899"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  11. Görner, Rüdiger; McLaughlin, Carly (2007). Peter Lang, ed.Mozart -- a challenge for literature and thought(en inglés). p. 161.ISBN 978-3-03911-177-0. 
  12. 12,012,112,212,312,412,512,6Breitkopf & Härtel (ed.)."La historia de Breitkopf & Härtel. 1900 - 1999"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  13. 13,013,1Breitkopf & Härtel (ed.)."La historia de Breitkopf & Härtel. 2000 - hoy"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2014. 
  14. Breitkopf & Härtel (ed.)."Breitkopf Pädagogik - Books"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 15 de agosto de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2014. 
  15. "Sie haben das alte Geburtstagskind herzlich verwöhnt. Überhaupt bin ich verwöhnt worden. Aus allen Himmelsgegenden habe ich von Freunden und Unbekannten liebe Briefe erhalten. Was mich am meisten bewegte, war, aus diesen zu erfahren, dass die Idee der Ehrfurcht vor dem Leben ihren Weg macht. Denn diese Idee aufgebracht zu haben, ist die eigentliche Leistung meines Lebens."
  16. Hofmeister XIX (ed.)."Publishers by B. Breitkopf <Leipzig>"(en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2014. 
  17. Breitkopf & Härtel (ed.)."Música contemporánea en Breitkopf & Härtel"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 18 de xullo de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Oscar von Hase: "Breitkopf und Härtel". In:Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Band 3, Duncker & Humblot, Leipzig 1876, S. 296–303.
  • Edvard Grieg:Der Briefwechsel mit dem Hause Breitkopf & Härtel, die Briefe von Frederick Delius an Nina und Edvard Grieg und andere ausgewählte Schreiben. (Briefwechsel, Bd. 2), Hänsel-Hohenhausen, Egelsbach St. Peter Port (UK) 1994,ISBN 3-8267-1123-8.
  • Thekla Kluttig:Nur Briefe berühmter Komponisten? Archivgut von Leipziger Musikverlagen als Quelle für die Musikwissenschaften, in: Die Musikforschung 66 (2013), Heft 4, S. 391–407.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Breitkopf_%26_Härtel&oldid=7136801»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp