Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Brawn GP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Brawn GP
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
2009Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2009Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Identificadores
Freebase/m/05p8qlyEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Twitter: officialbrawngpEditar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Brawn GP Formula One Team, formalmenteBrawn GP Limited, foi unha escudería británica deFórmula 1 que gañou oCampionato Mundial de Construtores de Fórmula 1 en2009.

Formouse o6 de marzo de2009, despois de que se confirmase queRoss Brawn, ata entón director técnico deHonda F1, comprara o equipo de F1 deHonda. Previamente, osenxeñeiros deSuper Aguri incorporáronse a este equipo, por mor da retirada da marca xaponesa daFórmula 1 enmaio de 2008.

Brawn GP fixo o seu debut noGran Premio de Australia de 2009 co inglésJenson Button e o brasileiroRubens Barrichello como pilotos. Naquela carreira os seus pilotos conseguiron as dúas primeiras posicións de clasificación e de carreira.

O equipo utilizou motores deMercedes. A pesar das dificultades iniciais, o equipo conseguiu varios patrocinadores conforme avanzaba a tempada, incluíndo Virgin, MIG Investments, Henri Lloyd e PerkinElmer.

Ao finalizar a tempada, Brawn GP converteuse no primeiro equipo da historia desta categoría en conseguir oCampionato Mundial de Construtores e oCampionato Mundial de Pilotos no mesmo ano do seu debut. Jenson Button acabou primeiro da clasificación de pilotos e Rubens Barrichello, terceiro.

O16 de novembro do 2009 a empresa alemáMercedes-Benz, en colaboración con Aabar Investimentos, anunciou a compra do 75,1% do equipo Brawn GP, polo cal pasou a chamarseMercedes GP, e convertendo a Brawn GP na escuadra con mellores estatísticas da historia da Fórmula 1.

Historia

[editar |editar a fonte]

Brawn GP tivo a súa orixe na Tyrrell Racing Organisation, un equipo fundado para os deportes de motor porKen Tyrrell en 1958 que participou con coches monoprazas en diferentes campionatos. Logo de entrar na Fórmula Un en1968, o equipo Tyrrell gañou o Campionato de construtores e tres campionatos de pilotos durante a década de 1970 conJackie Stewart. O equipo seguiu competindo na F1 ata1998, cando a diminución de resultados levaron a Tyrrell vender o equipo aBritish American Tobacco. Se ben BAT comprou a participación na Fórmula Un, estableceron o equipo deBritish American Racing nunha nova fábrica enBrackley. BAR competiu durante seis anos, logrando a súa mellor posición no campionato en2004 cando terminaron segundos. As crecentes restricións sobre a publicidade do tabaco permitiu aHonda, fornecedor de motores de BAR, tomar o control total do equipo ao final de2005, o equipo pasaría a denominarse Honda Racing F1.

Brawn GP formouse o 6 de marzo de 2009, cando se confirmou queRoss Brawn, ex director técnico dos equipos Honda Racing F1 Team,Ferrari eBenetton, comprou o equipo Honda[1] como consecuencia da retirada da marca xaponesa do deporte en decembro de 2008. O 17 de marzo de 2009, aFIA aceptou oficialmente cambiar o nome de Honda Racing F1 Team a Brawn GP. Aínda que o equipo podía ser visto como unha continuación do equipo Honda, a FIA considerou que Brawn GP era un participante completamente novo, pero Keith Hayes, vicepresidente da FIA, estivo de acordo en renunciar á cota de entrada estándar no recoñecemento das circunstancias do equipo.[2]

Coa perda dos motores de Honda, Brawn dixo que varios fabricantes ofreceranse a fornecer motores ao equipo, pero foiMercedes-Benz quen equipou o coche[3] conJenson Button eRubens Barrichello como pilotos. Tamén se rumoreou que o equipo contaría na tempada 2009 co apoio deBruno Senna, que traería os seus patrocinadores persoais para o equipo.[4]

Aínda que pénsase queHonda foi o primeiro equipo en correr conKERS en 2008,[5] Brawn declarou nunha entrevista que debido ás circunstancias do cambio na propiedade do equipo non tivera tempo para desenvolver o sistema.[6] O 20 de marzo confirmouse que Brawn GP tería un posto no pitlane final, conForce India ascender un posto.Bernie Ecclestone suxeriu que isto era debido á toma de control que implicaba o cambio de nome, dicindo que "Si [...] se chamaba Honda. O que [Brawn GP] conseguiría se debeu a Honda."[7] Por esta razón a Brawn GP asignaronselle inicialmente os números 20 e 21 logo de que a Force India asignaranselle os antigos números de Honda 18 e 19. Con todo, isto foi cambiado a petición de Force India porque o seu material promocional xa fora impreso cos números 20 e 21. Brawn non puxo ningunha obxeción e reasignaronlle os números 22 e 23, os número 18 e 19 non foron asignados a ninguen.[8]

Resultados completos na Fórmula Un

[editar |editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indicanpole position; as carreiras encursiva indicanvolta rápida.

AnoChasisMotorPneu.Pilotos1234567891011121314151617PuntosPos.
AUSMALCHNBHRESPMONTURGBRALEHUNEURBELITASINXPNBRAABU
2009BGP 001Mercedes FO 108W 2.4V8B22Jenson Button11311116577Ret25853172
23Rubens Barrichello254522Ret36101716784

‡ foron outorgados a metade dos puntos ao completarse menos do 75% da distancia de carreira

Os monoprazas deBrawn GP
BGP001 -2009

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Honda team to return as Brawn GP". BBC Sport. 2009-03-06. Consultado o2009-03-06. 
  2. "Honda officially becomes Brawn GP". autosport.com. 2009-03-17. 
  3. "Ross Brawn buys Honda Racing F1 Team". AUSmotive.com. 2009-03-06. 
  4. "Senna signs for Honda?".GrandPrix.com. Inside F1. 12 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de marzo de 2014. 
  5. "Honda first to run KERS in car". autosport.com. 2008-05-11. 
  6. "Q & A with Ross Brawn". autosport.com. 2009-03-10. 
  7. "Brawn GP gets final pitlane slot". autosport.com. 2009-03-20. 
  8. "FIA revises final 2009 entry list". autosport.com. 2009-03-26. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
A Galipedia ten unportal sobre:Fórmula 1

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:Brawn GPModificar a ligazón no Wikidata
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Brawn_GP&oldid=7249334»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp