Brasilia[1] (enportugués:Brasília) é a capital federal doBrasil e sede do goberno doDistrito Federal. Foi planeada polos arquitectos brasileirosOscar Niemeyer eLúcio Costa. O trazado de rúas na parte planeada (chamadaplano piloto) obedece a un plano ríxido trazado polos dous arquitectos.Foi inaugurada o21 de abril de1960 polo presidente brasileiroJuscelino Kubitschek de Oliveira. Está situada na Rexión Centro-Oeste, case no centro xeográfico do Brasil. É un exemplo deDistrito Federal, ou sexa, unha cidade escollida para ser capital dunpaís organizado baixo a forma defederación como é o Brasil. Así, non se subordina ao veciño estado deGoiás, non está dividido en municipios, e tampouco é capital de ningunha outra unidade da federación (estado) brasileira. O seu administrador non recibe o título deprefeito, pero si o degovernador (gobernador).
A principal función de Brasilia é administrativa, pero axudou a poboar o interior brasileiro. Dela parten estradas como a Belém-Brasilia (cara ao norte) e Brasilia-Acre (cara á fronteira coPerú eBolivia). Está a 920 km da cidade doRío de Xaneiro e a 1.015 km deSão Paulo.
A cidade creceu máis do planeado polos seus creadores. Polo seu proxecto, debía ter 500 mil habitantes como máximo. Malia isto, en 2013 a cidade xa contaba con case tres millóns de habitantes. A poboación máis pobre (no principio, os traballadores que a construían; despois outros inmigrantes de varias rexións do Brasil) foi morar enCidades-Satélite. Algúns exemplos destas cidades son Taguatinga, Guará, Gama e Ceilândia.