Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Branta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Branta

Branta canadensis
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Anseriformes
Familia:Anatidae
Subfamilia:Anserinae
Xénero:Branta
Scopoli,1769
Especies
  • Véxase texto
Sinonimia

Branta é unxénero deavesanseriformes dafamilia dosanátidos esubfamilia dosanserinos.

Ohábitat propio destas aves corresponde principalmente ás costas marítimas doHemisferio Norte, en latitudespolares e subpolares, sendo enEuropa os seus límites máis meridionais as costas deBélxica eInglaterra, aínda que nalgúns invernos crus algunhas especies poden chegar como divagantes até aPenínsula Ibérica (incluíndoGalicia).[Cómpre referencia]

Branta canadensis tamén aniña nas beiras dos grandes lagos.

A súa morfoloxía é semellante á dospatos e, en particular, á dosgansos, cos que comparten subfamilia. Así mesmo, son especiesnidífugas; isto é, os pitos apenas nacen saen do niño, tendo os neonatos deBranta leucopsis, a dicir de moitos, o récord animal ensalto de altura desde o niño.[Cómpre referencia]

Un destes gansos case acabado de nacer, cuxo niño adoita estar nunha fenda dun cantil ao abeiro do vento, lánzase case verticalmente uns 25 m cara á unha praia de duros croios en busca de comida.[Cómpre referencia]

O xénero foi descrito por primeira vez en1769 polo médico, entomólogo e naturalista de cultura italiana nacido nunha rexión do Tirol de fala italiana, baixo o dominio daquela do Imperio Austríaco,Giovanni Antonio Scopoli (1723-1788).

Especies

[editar |editar a fonte]

O xéneroBranta inclúe seisespecies:[1]

Crenzas

[editar |editar a fonte]

Até ben entrada aIdade Moderna estes gansos (e outras aves de corpo semellante, como os patos) eran de consumo permitido durante acoresma, xa que se os consideraba "crustáceos desenvolvidos" e mesno "peixes". O argumento para tan curiosataxonomía obedecía a que certosmoluscos (así se consideraban daquela), en especial ospercebes, teñen uns órganos semellantes aplumas, e a tradición popular supoñía que estas aves eran individuos adultos de percebes.[Cómpre referencia]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature -Anseriformes.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Branta
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Branta

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Carboneras, Carles (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew e Sargatal, Jordi (eds.)Handbook of Birds of the World. Volume 1: Ostrich to Ducks, pp. 536–629. Barcelona (España): Lynx Edicions.ISBN 84-87334-10-5.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Branta&oldid=6615227»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp