![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1989![]() Compton, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Manuel Dominguez High School(en)![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 77 kg![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League eNational Basketball Association![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 7![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Milwaukee Bucks![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Brandon Byron Jennings, nado o23 de setembro de1989 enCompton (California), é un xogador profesional debaloncestoestadounidense. Con 1,85metros de alzada, xoga na posición debase.
É curmán do xogador doPBC Lokomotiv Kuban,Marcus Williams.[1] Despois de graduarse na Academia Oak Hill decidiu xogar profesionalmente ao baloncesto enItalia en lugar de xogar naliga universitaria coaUniversidade de Arizona.
Tras formar parte en2008 no prestixioso McDonald's All American Team,[2] ademais de conseguir na súa época de instituto case tódolos premios posibles a nivel individual, cunhas medias de 35,5 puntos e 6,8 asistencias por partido,[3] renunciou a senllos compromisos que tiña coas universidades deUSC eArizona por problemas de alcanzar o nivel académico, decidindo irse a xogar unha tempada áLottomatica Roma daliga italiana.[4]
EnRoma xogou 27 partidos de liga, nos que fixo 5,5 puntos e 2,3 asistencias, ademais de 2,1 roubos de balón, único aspecto no cal apareceu nas clasificacións da liga entre os 20 mellores.[5] O seu mellor rexistro anotador conseguiuno naEuroliga, nun partido anteUnicaja de Málaga, no que anotou 17 puntos.[3]
Enxuño de2009, Jennings fixo unhas polémicas declaracións nas que deixaba en mal lugar ao baseespañolRicky Rubio, comparándoo con el mesmo:
É todo publicidade, xogou os Xogos Olímpicos, é profesional desde os 14 anos... todo iso lévache a pensar que é correcto que estea aquí. Cando xoguei con el, as súas estatísticas foron cero puntos, dúas asistencias e dous balóns perdidos, como pode ser iso?. Creo que son mellor xogador que el, tiro mellor, as únicas veces que lle vin facer algo bo é un pase de béisbol ou algo así[6]
Poucos días despois, tras darse conta da magnitude das súas palabras, pediu perdón publicamente a través do seuTwitter:
Creo que me pasei. Equivoqueime dicindo que el é todo propaganda, non é xusto. Equivoqueime. Fóra da pista, Ricky Rubio é un gran tipo. Nunca quixen faltarlle ao respecto. De todos os xeitos penso que son o mellor xogador do draft e debo ser número 1.
Foi elixido na décima posición doDraft da NBA de2009 porMilwaukee Bucks.[7] O15 de novembro de 2009, converteuse no xogador máis novo da historia en anotar máis de 50 puntos no mesmo partido (55 puntos ante osGolden State Warriors)
O31 de xullo de2013, Jennings foi traspasado ósDetroit Pistons mediante un sign-and-trade, a cambio do baseBrandon Knight, o aleiroKhris Middleton e o pivoteViacheslav Kravtsov.[8]