Brahim Abdelkader Díaz, nado o3 de agosto de1999 enMálaga (España) é unfutbolistaespañol que xoga como centrocampista ofensivo noReal Madrid CF daPrimeira División de España.
Brahim iniciouse como futbolista con 6 anos no CD Tiro Pichón, club da súa cidade natal.[1][2] Aos 7 anos, foi fichado poloMálaga e xogou nas divisións infantís. En maio de 2010 foi elixido xogador revelación do Torneo Nacional Alevín celebrado enEstepona.[3][4] A súa grande habilidade chamou a atención doutros clubs, como o FC Barcelona ou o Real Madrid, con maior poder económico.[5][6][7][8]
O director da canteira doFC Barcelona, Albert Puig, chegou a un acordo cos seus pais para fichalo en xuño de 2011, pero o xeque do Málaga ofreceulle unhas mellores condicións, polo que Brahim continuou no Infantil B do club malagueño.[9][10] Ao ano seguinte o club blaugrana fixo unha oferta oficial polo neno, pero non chegaron a un acordo debido a que o club malacitano solicitaba 300 000euros pola súa fichaxe, máis 4,5 millóns en variables.[9][11][12][13]
O1 de decembro de 2013, o Málaga acordou coManchester City o traspaso de Brahim, por un prezo de 300 000 euros máis variables por obxectivos.[14][15][16] O adestrador do City,Manuel Pellegrini, foi clave na negociación co Málaga, debido á súa boa relación con eles pola súa exitosa etapa no club.[17] Pasou varias semanas de preparación, e en xaneiro de 2014 viaxou coa sub-16 do Manchester City para xogar a Al Kass International Cup enDoha, a pesar de ter un ano menos da correspondente á categoría.[18] O21 de outubro de 2015 debutou de maneira oficial na liga Xuvenil daUEFA, partido correspondente á fase de grupos. Entrou ao terreo de xogo no minuto 62 para xogar contra oSevilla e o partido finalizou con marcador de 1-1.[19]
Brahim debutou como profesional o 21 de setembro de 2016, nun partido da Copa da liga. Entrou no minuto 81 substituíndo a Kelechi Iheanacho, utilizou a camiseta número 55 e o City gañou 1-2 contra oSwansea City. Disputou o seu primeiro partido con 17 anos e 49 días.[20] O 21 de novembro de 2017 debutou naLiga de Campións nun encontro ante oFeyenoord noEtihad Stadium.[21] Dous meses despois debutou enPremier League ante oNewcastle.[22] O 1 de novembro de 2018 marcou os seus primeiros goles co club inglés na vitoria por 2 a 0 ante oFulham na Copa da liga.[23]
O 6 de xaneiro de 2019, fíxose oficial a súa fichaxe polo Real Madrid até 2025 tralo pagamento ao club inglés 17 millóns de euros fixos mais sete en variables.[24] Debutou de forma oficial o mércores 9 de xaneiro naCopa do Rei contra oClub Deportivo Leganés, substituíndo aVinícius Júnior no minuto 78 do partido de ida dos oitavos de final.[25]
En maio de 2016, participou no Europeo sub-17, onde aselección española quedou subcampioa tras perder na quenda de penaltis antePortugal. Brahim foi un dos máximos goleadores do torneo con tres tantos.[26][27] Entre novembro de 2016 e marzo de 2018 foi internacionalsub-19, aínda que o combinado nacional fallou para clasificarse ao Europeo nos dous anos.
O 1 de setembro de 2017 debutou coaselección sub-21 nun amigable ante Italia.[28] O seu debut, con apenas 18 anos, converteuno nun dos debutantes máis novos da selección.[29]
- Títulos nacionais
- ↑"El malagueño Brahim podría cumplir su sueño de debutar en el City".laopiniondemalaga.es(encastelán). 21-09-2016. Consultado o 03-05-2019.
- ↑Castro, Juan (30-12-2018)."Brahim Díaz: empezó en el Mortadelo, firmó con el Barcelona... y jugará en el Madrid".marca.com(encastelán). Consultado o 03-05-2019.
- ↑Macías, Juanjo (04-06-2010)."El Málaga cae en cuartos de final del Torneo Nacional Blue BBVA".diariosur.es(encastelán). Consultado o 03-05-2019.
- ↑Malo, José L. (20-10-2010)."Un guiño a la cantera a través de Brahim, uno de sus símbolos".malagahoy(encastelán). Consultado o 03-05-2019.
- ↑Gallardo, Antonio (12-03-2011)."El Barça quiere 'robar' a la perla de la cantera: Brahim".as.com(encastelán). Consultado o 03-05-2019.
- ↑Gallardo, A. (12-03-2011)."El Barça quiere a Brahim, el niño prodigio de la cantera".eldesmarque.com(encastelán). Consultado o 03-05-2019.
- ↑Castilla, Alonso (29-07-2019)."El misterio de Brahim Díaz, el gran tesoro que mima Pep Guardiola".elconfidencial.com(encastelán). Consultado o 03-05-2019.
- ↑Castro, Juan (11-02-2016)."Un malagueño en el City".marca.com(encastelán). Consultado o 03-05-2019.
- ↑9,09,1Hinojal, Luuis Miguel (05-01-2019)."Brahim Díaz: otro diamante que pulir en el Real Madrid".elpais.com(encastelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑Ballesteros, Jesús (25-06-2011)."La 'joya de la corona' del Málaga dice 'no' al Barça (25 de junio de 2011)".marca.com(encastelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑Roura, Conchita (19-09-2012)."El Málaga ahora pide 300.000 euros por Brahim más 4,5 'kilos' por objetivos".mundodeportivo.com(encastelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑"Brahim se queda en el Málaga al no haber acuerdo entre clubs con el Barça".mundodeportivo.com(encastelán). 22-09-2012. Consultado o 04-05-2019.
- ↑Romero, Gerard (19-05-2016)."Brahim Díaz, la sensación de la Sub'17, fue blaugrana unas horas".sport.es(encastelán). Sport.es.
- ↑"El Manchester City arrebata al Barcelona al «nuevo Messi»".abc.es(encastelán). 10-12-2013. Consultado o 04-05-2019.
- ↑Olías Málaga, JOSÉ MANUEL OLÍAS MÁLAGA (01-12-2013)."Málaga y Manchester City rubrican el traspaso de Brahim".malagahoy.es(encastelán). Málaga Hoy. Consultado o 04-05-2019.
- ↑Gallardo, Antonio."Brahim, la perla de la cantera del Málaga, se va al City".as.com(encastelán). AS.com. Consultado o 04-05-2019.
- ↑"Pellegrini gana la pulseada al Barcelona por el "nuevo Messi"".emol.com. 03-12-2013. Consultado o 04-05-2019.
- ↑"Brahim ya se exhibe".malagahoy.es(encastelán). Málaga Hoy. 23-01-2014. Consultado o 04-05-2019.
- ↑"Brahim debuta oficialmente con el City".eldesmarque.com(encastelán). 21-10-2015. Consultado o 04-05-2019.
- ↑"Guardiola hace debutar a Brahim".eldesmarque.com(encastelán). 22-09-2016. Consultado o 04-05-2019.
- ↑"El sueño ya es una realidad.".mediabasesports.com(encastelán). 22-11-2017. Arquivado dendeo orixinal o 04-01-2019. Consultado o 04-05-2019.
- ↑"El día soñado".mediabasesports.com(encastelán). 21-01-2018. Arquivado dendeo orixinal o 05-01-2019. Consultado o 03-05-2019.
- ↑Grado, Álvaro de (01-11-2018)."Premier League: Doblete de Brahim para tumbar al Fulham y meter al City en cuartos de final".marca.com(encastelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑Santos Chozas, Sergio (07-01-2019).""Sólo barajé tres opciones: el Madrid, el Madrid y el Madrid"".as.com(encastelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑Lara, Miguel Ángel (10-01-2019)."Fichaje, presentación y debut de Brahim: "Me lo tomo con tranquilidad"".marca.com(encastelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑Santos Chozas, Sergio (19-05-2016)."España Sub-17 Brahim: la perla de la Sub-17 por la que suspira Guardiola".as.com(encastelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑Santos Chozas, Sergio (21-05-2016)."España pierde el Europeo Sub-17 en la tanda de penaltis".as.com(encastelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑"Brahim debuta con la selección sub-21".diariosur.es(encastelán). 02-09-2017. Consultado o 04-05-2019.
- ↑Castro, Juan (31-08-2017)."Selección de España: 'Bebé' Brahim a bordo".marca.com(encastelán). Consultado o 04-05-2019.