Culturalmente, os khoisas divídense en dous grupos: Ossan, antigamente coñecidos como bosquimáns, un pobo dedicado á caza e a recolleita; e oskhoi (ou taménkhoikhoi), antigamente coñecidos comohotentotes e que é un dedicado ao pastoreo. Aparentemente, estes pobos teñen unha longa historia, estimada en varios millares, talvez decenas de millares de anos, mais neste momento existen tan só uns poucos grupos, principalmente nodeserto doKalahari, enNamibia.
Os khoisas actuais poden ser descendentes de pobos cazadores-recolectores que habitaban todaÁfrica Austral e que desapareceron coa chegada dosbantú a esta rexión, hai preto de 2000 anos. Non é probábel que os bantús exterminasen os khoisas, pois algunhas das súas características lingüísticas e físicas foron asimiladas por varios grupos bantús, como osxhosas e mais oszulús. É máis probábel que a redución do seu territorio de caza, derivado da instalación dos agricultores bantús, fose unha causa da redución do seu número e da súa área de vida.
Ata á instalación dosneerlandeses efranceseshugonotes enSuráfrica, hai preto de 200 anos, estes pobos aínda poboaban grandes extensións da Namibia e da actualBotswana, mais foron practicamente exterminados, ao non aceptar traballar nas condicións que os novoscolonos exixían.
Estes colonos chamáronlleshotentotes, que significa "gago" nalingua neerlandesa, probabelmente debido á súa lingua peculiar - oubushmen, ou sexa "homes do bosque", termo que se adaptou enlingua galega comobosquimáns. Ambos os nomes teñen, actualmente, unha connotación pexorativa, así como o termosan usado para un grupo específico de khoisa, ademais de que na súa lingua significaestranxeiro. Os nomes utilizados hoxe en día derivan dos nomes das súas linguas. Así e todo, a palabrahotentote continúa a ser utilizada nos nomes de varias plantas e animais de Suráfrica, como aherba do coiteloCarpobrotus edulis (eninglés "figo hotentote"), ou o Toirán-hotentoteTurnix hottentotta.
Fisicamente, os khoisa son en media máis baixos e exiguos que os restantes pobos africanos. Alén diso, posúen unhacor de pel amarelada eprega epicántica nos ollos, como oschineses e outros pobos doExtremo Oriente. Algunhas destas características son agora comúns noutros grupos étnicossurafricanos e son patentes enNelson Mandela.
Unha outra característica física dos khoisas é aesteatopixía das mulleres (gran desenvolvemento posterior das nádegas), que levou a que unha muller chamada Saartje, ouSarah Baartman, fose levada para aEuropa noséculo XIX e usada para exhibición en feiras, a famosaVenus Hotentote.
Os khoisas posúen o máis elevado grao de diversidade doADN mitocondrial de todas as poboaciónshumanas, o que indica que son unha das comunidades humanas cunha historia máis antiga. O seucromosomaY tamén suxire que os khoisas se atopan, do punto de vistaevolutivo, moi preto daraíz daespecie humana.