O seu territorio está dividido en nove distritos. A súa capital é a cidade deGaborone.[4]
O outrora protectoradobritánico deBechuanalandia, Botswana adoptou o seu novo nome ó acadar a súa independencia en1966.
Xeograficamente o país esténdese sobre un terreo chairego, co 70% da súa superficie cuberta polodeserto deKalahari. Limita conSuráfrica polo sur e sueste, conNamibia polo oeste e polo norte, conZimbabwe polo nordeste e conZambia polo norte nun só punto. Ocupa o posto 48 na lista de países por superficie.[5]
O país tratou de diversificar a súaeconomía nos últimos anos, aínda que no 2008 dependía en gran medida dos servizos (45,2%), a industria (52,9%), e a agricultura (1,9%), estreitamente ligado co comercio deSuráfrica.[6]
Alfabetización do 77%. A maioría da poboación é de etniatswana. En2009 estimouse que 25.4% dos adultos era portador daSIDA, cifra que baixou a 21.9% en2013. No2009 estimábase un total de 320.000 persoas infectadas.[7]
Aesperanza de vida ao nacer era de 55 anos en 2009 segundo oBanco Mundial, baixando anteriormente dun pico de 64.1 en1990 a un mínimo de 49 en2002. Despois do censo de Botswana en2011, a esperanza de vida actual estímase en 63.8 anos.[8]
↑López Martínez,María Cruz (2005).Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442.ISBN9788482893419.
↑Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2004).Lingua galega. Dúbidas lingüísticas(PDF). p. 102. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 01 de xuño de 2014. Consultado o 9 de agosto de 2013.
↑Botswana Tourism Organisation."Geographical Info"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 09 de abril de 2011. Consultado o 9 de agosto de 2013.