Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Bonobo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bonobo
Pan paniscus
Ernst Schwarz1929Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
P. paniscusEditar o valor en Wikidata
Características
 Período de xestación
8 MMEditar o valor en Wikidata
Conservación
 IdentificadorUICN
Distribución
Dimensións
 Masa
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
FamiliaHominidae
XéneroPan
EspecieP. paniscus
Datas e cronoloxía
 Data de comezo
hai 1.500.000 anosEditar o valor en Wikidata
Identificadores
ITIS573081Editar o valor en Wikidata
OTT158484Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons

Osbonobos[1][2] (Pan paniscus), tamén chamadoschimpancés pigmeos[3] ouananos,[4] son unha das dúas especies deprimates do xéneroPan, sendo a outra especie do xénero oPan troglodytes ouchimpancé común. Malia que moitas veces chimpancé se emprega para denominar a ámbalas dúas especies, adóitase entender que chimpancé só se refire aP troglodytes e que para referirse aPan paniscus se precisa chamarllebonobo.

Distínguese por unhas relativamente longas pernas, bicos arrosadiños, cara escura e un rabo peludo e pelo longo na cabeza na súa madurez. Os bonobos atópanse nunha área de 500.000 km2 da cunca dorío Congo naRepública Democrática do Congo, na África central. É unha especie omnívora que habita bosques primarios e secundarios, incluso as masas forestais de varcias, empozadas en temporadas.

Coñécense ben polos seus comportamentos sexuais. O sexo nas comunidades da especie resolven conflitos de estado social, afecto, excitación e con fins de redución de estrés. Dáse en case todas as combinacións de parella e diferentes posicións. Os bonobos apréciase que son matriarciais e con rangos de machos na xerarquia social da comunidade, habitualmente determinada polos vencellos maternais de cada individuo.

Xunto cos chimpancés comúns, o bonobo é a especie actual máis próxima aoshumanos. Xa que calquera das dúas especies dePan non son nadadores habituais, considérase que o río do Congo hai 1,5-2 millóns de anos foi un factor determinante na especiación dos bonobos. Os bonobos viven no sur do río, mentres que os chimanpés comúns están no norte.

Non hai datos actualizados das poboacións actuais da especie, mais as estimacións están nun rango de 29 mil a 50 mil individuos. A especie está catalogada como unha especie en perigo de extinción por mor dadestrución do seu hábitat, os movementos de poboación humanos e o crecemento desa poboación e pola comercialización da súa caza.

Chega a vivir en catividade ata 40 anos[5] mais descoñécese o seu rango de vida no seu hábitat natural.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "bonobo".TERGAL. Arquivado dendeo orixinal o 18/10/2018. Consultado o 18/10/2018. 
  2. Mammal Species of The World. 3º Edición. Wilson & Reader
  3. "chimpacé pigmeo".TERGAL. Arquivado dendeo orixinal o 18/10/2018. Consultado o 18/10/2018. 
  4. de Waal, Frans; Lanting, Frans (1997).Bonobo: The Forgotten Ape. University of California Press.ISBN 0-520-20535-9. 
  5. Rowe, N. (1996)Pictural Guide to the Living Primates, Pogonias Press, East Hampton,ISBN 0-9648825-1-5.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Ponginae
Homininae
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bonobo&oldid=7150027»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp