Bonifacio IX, nado co nome dePietro Tomacelli enNápoles cara a1356 e finado enRoma o1 de outubro de1404, foi un nobre napolitano e Papa nº 203 daIgrexa católica, entre1389 e o seu falecemento. Foi o segundo Papa doCisma de Occidente.
Naceu no seo dunha familia nobre pero empobrecida.
Un dos seus primeiros actos como Papa foi a excomuñón deClemente VII, que exercía tamén o pontificado desdeAvignon. O antipapa Clemente respondeu coa excomuñón de Bonifacio.
O enfrontamento eclesiástico entre Bonifacio IX e Clemente VII estendeuse ao terreo político, e o recentemente elixido Papa coroou en1390 aLadislau como rei de Nápoles, para enfrontalo aLois de Anjou, a quen Clemente coroara en1389.
Bonifacio tamén logrou acabar coas últimos brasas do movemento comunal romano, recuperando ocastelo de San Angelo e fortificándoo xunto con outros puntos estratéxicos de Roma.
Trala morte de Clemente en1394 a sé de Avignon elixiu Papa ao cardeal Pedro Martínez de Luna, que adoptou o nome deBieito XIII. As potencias europeas viron unha oportunidade de acabar co Cisma, e recorreron a un informe que aUniversidade de París publicara en xaneiro de 1394, propondo tres vías non violentas para acabar co cisma:
- Avia cessionis propugnaba a abdicación voluntaria e simultánea dos dous papas seguida dunha nova elección.
- Avia compromissi supuña estudar os dereitos de ambos os dous Papas por unha comisión arbitral que decidiría quen era o Papa lexítimo.
- Avia concilii defendía a convocatoria dunconcilio ecuménico que decretase quen sería Papa.
Bonifacio IX rexeitou as tres solucións, mentres Bieito XIII só se opuxo totalmente á vía conciliar. A falta de acordo provocou a ameaza das potencias europeas aos pontífices de retirarlles os respectivos apoios, ameaza que só cumpriron os monarcas que apoiaban a Bieito, pero que non supuxo a fin do Cisma, xa que o Papa, malia non contar con apoios, seguiu sen someterse.
Noutra orde de aspectos, destacou durante o pontificado de Bonifacio IX a celebración de dousxubileus, en1396, convocado por Urbano VI, e en1400, no que fixeron aparición en Roma os "Bianchi" ou "Albati", grupos de penitentesflaxelantes que procesionaban encarapuchados, con hábitos brancos e cunha cruz vermella debuxada nas costas. Esta orde provocou tal número de disturbios e sucesos sanguentos que Bonifacio condenou á fogueira ao seu líder e disolveu aos adeptos.
Un ano antes Bonifacio fixera un chamamento á cristiandade occidental para socorrer aoemperador bizantinoManuel II, ameazado polo sultán otománBeyazid. Tal chamamento non espertou entusiasmo algún, aínda que oImperio Bizantino se salvaría pouco despois, prolongando a súa existencia algunhas décadas máis, pola fulminante irrupción deTamerlán, que obrigou a Beyazid a retirarse.
As profecías deSan Malaquías refírense a este papa comoCubus de mixtione (Cubo de mestura), facendo referencia a que no escudo de armas da familia figuran uns cubos entrelazados.