Bonifacio III, nado enRoma e finado en Roma o12 de novembro de607, foi oPapa nº 66 daIgrexa católica.
Fillo deGiovanni Cataadioce, era romano de nacemento, pero grego de orixe. A pesar da relativa brevidade do seu pontificado, contribuíu de modo significativo á organización da igrexa católica.
Sendodiácono, Bonifacio xa chamou a atención deGregorio I (tamén coñecido comoGregorio o Magno), que o describiu como "de probada fe e carácter" e nomeounoapocrisiario (legado ou nuncio papal) na corte bizantina en603. Esta foi unha etapa moi importante na vida de Bonifacio, que influiría no seu posterior papado. Comoapocrisiario enConstantinopla, logrou gañarse a estima do emperadorFocas, e demostrou ser un diplomático excelente, o que foi moi útil ó recomendar a Gregorio Magno que intercedese ante o emperador Focas polo bispoAlcison de Casiopea, illa deCórsega. Alcison alegaba que a súa posición bispal fóralle arrebatada polo bispoXoán de Euria enEpiro, que fuxira do seu fogar xunto ó seu clero a fin de escapar dos ataques doseslavos eavarios. Xoán, encontrándose a salvo en Córsega, non estaba contento de servir baixo o bispo Alcison, e conspirou para usurpar a súa autoridade episcopal. Normalmente, este comportamento non sería tolerado, pero o emperador Focas tiña simpatía polo bispo Xoán e preferiu non intervir. Alcison apelou a Gregorio I, que deixou a Bonifacio resolver o problema. Nun golpe de xenialidade diplomática, Bonifacio logrou reconciliar a tódalas partes, mantendo a confianza do emperador.
Á morte do papaSabiniano en febreiro de606, Bonifacio foi elixido como sucesor, pero o seu regreso desde Constantinopla a Roma atrasouse durante case un ano. Debateuse moito acerca dese longointerregno; algúns historiadores opinan que a intención era permitir que Bonifacio concluíra o seu traballo en Constantinopla, aínda que moitos máis pensan que isto se debeu a problemas na elección. Crese que Bonifacio insistiu en que a elección papal fose libre e xusta, e que quizais se negou a asumir o cargo pontificio ata convencerse de que así fora.
En calquera caso, unha vez accedeu ó cargo, convocou un concilio en Roma no que efectuou dous cambios importantes no relativo á elección papal, cunha seria intención de manter libres estas eleccións:
- prohibiu que en vida dun Papa se discutise sobre a súa sucesión, baixo pena deexcomuñón.
- estableceu que non se poderían tomar medidas para a elección dun sucesor ata polo menos tres días despois doenterro do Papa. Estes tres días de dó foron ampliados a nove en1741 baixo o pontificado deBieito XIV.
Outra acción notable do seu pontificado resultou da súa corte de relacións co emperador Focas. Buscou e obtivo un decreto de Focas que restaurou "a Visión de que o Bendito Pedro o Apóstolo debe ser a cabeza de tódalas Igrexas". Isto asegurou que o título de "Bispo Universal" pertencese exclusivamente ó bispo de Roma, e terminou co intento doPatriarca Ciríaco de Constantinopla de establecerse con dito título. Aínda que algunhas fontes citan como evidencia que Bonifacio fundou a Igrexa Católica, este decreto simplemente afirmou unha visión proposta desde xa tempo atrás porXustiniano I, que dera recoñecemento legal á primacía do pontificado romano.
Bonifacio III foi enterrado naBasílica de San Pedro de Roma o 12 de novembro de 607.