| Bonasa umbellus | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bonasa umbellus no Algonquin Provincial Park,Ontario,Canadá. | |||||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||
| Bonasa umbellus (Linnaeus, 1766) | |||||||||||||||||
Área de distribución deBonasa umbellus | |||||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Bonasa umbellus é unhaespecie deave daorde dosgaliformes,familia dosfasiánidos esubfamilia dostetraoninos, a única actualmente admitida como válida noxéneroBonasa.[2]
Endémica deAmérica do Norte, é a ave estatal dePensilvania.[3]
Mide ao redor de 45 cm de lonxitude, e ten un peso que varía desde os 680 aos 850 g nos machos e de 481 a 623 g nas femias.[4]
Semella unha pequenagaliña cunhacrista de plumas na parte superior da cabeza. No pescozo ten uncolar negro ou pardo avermellado. A cola dos machos desprégase en abano cando camiña ou voa. Unha banda subterminal parda adorna a cola. A femia é máis pequena, e presenta unha raia subterminal interrompida no medio do abano da cola. O macho leva tamén dúas manchas en forma de ollo nas plumas de ambos os lados do ano.[4]
Presenta dúas coloracións diferentes na cola: avermellada no sur daárea de dispersión e gris no note.[4]
O seuhábitat son osbosques mixtoscaducifolios e deconíferas.
Distibúese poloCanadá e o norte dosEstados Unidos, de costa a costa, estendéndose desde o norte deXeorxia e o nordeste deAlabama, polo sur, até oLabrador. E na área da costa oeste, esténdese desde o noroeste deCalifornia atéAlasca.
O xénero foi definido en1819 polonaturalistainglésJames Francis Stephens, enGeneral zoology, or Systematic natural history, Volume 11 Aves, pp. 198–303.[5]
En canto a especie fora definida en1766 porLinneo na 12ª edición do seuSystema Naturae, baixo o nome deTetrao umbellus,[6] e posteriormente reclsificada dentro deBonasa.
Onome científico do xénero,Bonasa, é probabelmente unha alteración dolatínbonasus, 'uro', pola similitude do característico son que emiten estes animais como dun redobre de tambor que recorda ao bramido dun touro.[7]
Oepítreto específico,umbellus deriva o latínumbella, 'parasol', en alusión á forma da cola despregada polos machos durante a exhibición naépoca de celo.[8]
Na especie recoñécense na actualidade as seguintessubespecies:[2][9]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bonasa umbellus |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bonasa umbellus |