| Bomba atómica | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |

Unhabomba atómica é unha arma explosiva cuxa enerxía deriva dunhareacción nuclear, xa sexa defisión ou unha combinación de fisión e defusión. Ambas as reaccións liberan grandes cantidades deenerxía a partir de cantidades relativamente pequenas demateria. As bombas atómicas teñen un poder destrutivo inmenso, e unha única bomba é capaz de destruír unha cidade grande enteira.
A primeira proba dunha bomba de fisión ("atómica") liberou a mesma cantidade de enerxía que preto de 20 mil toneladas deTNT. A primeira proba dunhabomba termonuclear ("dehidróxeno") liberou unha cantidade de enerxía equivalente a cerca de 10 millóns de toneladas de TNT.
Unha arma termonuclear moderna, pesando pouco máis de 1 100 kg, pode producir unha forza explosiva equivalente á detonación de máis de 1,2 millóns de toneladas de TNT.[1] Así, mesmo un pequeno dispositivo nuclear non moito maior co das bombas tradicionais, pode devastar unha cidade enteira a través da xigantesca explosión e polos incendios eradiación subsequentes. As armas nucleares son consideradasarmas de destrución masiva e o seu uso e control ten sido un dos principais focos da política dasrelacións internacionais desde a súa creación.
As bombas atómicas só foron usadas dúas veces en guerra, ambas polosEstados Unidos contra oXapón, nas cidades deHiroshima eNagasaki, durante asegunda guerra mundial (sendo dos maiores ataques a unha poboación civil, con case 200.000 mortos). No entanto, as bombas atómicas xa foran usadas centenares de veces en probas nucleares feitas por varios países.[Cómpre referencia]
As potencias que dispoñen da arma nuclear declaradas son osEUA,Rusia, oReino Unido,Francia, aRepública Popular da China,India,Paquistán eIsrael. Estes países xa posúen este material para fins ofensivos. Outro país que testouarmamento nuclear foiCorea do Norte, porén asinou un acordo coaONU para se desarmar.
Os efectos predominantes dunha bomba atómica (aexplosión e aradiación térmica) son os mesmos dosexplosivos convencionais. A grande diferenza é a capacidade de liberar unha cantidade inmensamente maior de enerxía dunha soa vez.
O dano producido polas tres formas iniciais de enerxía liberada difire de acordo co tamaño da arma. A enerxía liberada na explosión segue a ecuación deEinstein,E=mc², ondeE é a enerxía liberada,m é a masa da bomba que "suma" na explosión ec (celeritas) é a velocidade da luz.

| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bomba atómica |