Bolivia[1] (coñecido oficialmente comoEstado Plurinacional de Bolivia; enquechua:Puliwya Mamallaqta,aimará:Wuliwya Suyu, enguaraní:Tetã Hetãvoregua Mborivia) é un país do oeste deAmérica do Sur que limita polo norte e leste coBrasil, polo sur conParaguai e aArxentina, e polo oeste conChile e oPerú. A súa capital oficial e xudicial é a cidade deSucre, mentres que a capital gobernamental (dos poderes executivo e lexislativo) éA Paz. A meirande cidade e principal centro industrial éSanta Cruz de la Sierra, que se atopa enLlanos Orientales (as terras baixas tropicais), unha rexión principalmente chá do leste do país.
O nome orixinal do país foi República de Bolívar. Algúns días despois, o congresista Manuel Martín Cruz propuxo: "Se de Rómulo, Roma; de Bolívar, Bolivia". O nome foi aprobado pola República o 3 de outubro de 1825.[4] En 2009, unhanova constitución cambiou o nome oficial do país para "Estado Plurinacional de Bolivia" en recoñecemento da natureza multiétnica da súa poboación e para mellorar a posición dos pobos indíxenas de Bolivia baixo a nova constitución.[4]
En Bolivia desenvolvéronse grandes civilizacións, das que a máis importante foi a civilización deTiahuanaco. Tornouse parte do imperio Inca noséculo XV.
Cando os españois chegaron noséculo XVI, Bolivia, rica en depósitos de prata, foi incorporada no vicerreinado doPelo, e máis tarde no deLa Plata.
A loita pola independencia comezou en1809, mais permaneceu como parte da España ata1825, cando foi liberada porSimón Bolívar, a quen o país debe o seu nome. Despois dunha breve unión co Perú, Bolivia tornouse totalmente independente. Nos anos seguintes, Bolivia perdeu parte do seu territorio debido a vendas e á guerra.
Bolivia enfronta problemas culturais e raciais, e sufriu ao longo dos anos múltiples revolucións e golpes militares. En 1980, a democracia foi restaurada despois da destitución dunha xunta militar.
2005-2019: Presidencia de Evo Morales e nacionalización do petróleo
Evo Morales gañou aseleccións presidenciais de 2005 co 53,7 % dos votos, unha maioría absoluta pouco frecuente nas eleccións en Bolivia. En maio de 2006 Morales xerou controversia cando anunciou o seu intento de nacionalizar os hidrocarburos do país. Cumprindo unha promesa de campaña, o 6 de agosto de 2006, Morales abriu unhaasemblea constituínte para comezar a escribir unha nova constitución que lle outorgase máis poder á maioría indíxena.[5]
En agosto de 2007 xurdiu un conflito enSucre, xa que a cidade esixiu un debate sobre a sede do goberno dentro da asemblea, agardando que os poderes executivo e lexislativo puidesen regresar á cidade, mais a asemblea e o goberno dixeron que esta demanda era pouco práctica e politicamente non desexable. En maio de 2008 Evo Morales asinou o tratado constitutivo daUnión de Nacións Suramericanas. Nas eleccións xerais de 2009, Evo Morales foi reelixido co 64,22 % dos votos. O seu partido,Movemento ó Socialismo, tamén gañou unha maioría de dous terzos en ámbalas cámaras daAsemblea Lexislativa Plurinacional de Bolivia.
Despois de acusacións de fraude naseleccións xerais de Bolivia de 2019 e protestas contra o goberno, Morales renunciou o 10 de novembro de 2019. Isto produciuse pouco despois de que os militares esixisen a súa renuncia despois de poñerse do lado dos manifestantes, e os ex funcionarios do goberno informasen que se estaba a buscar o seu arresto.[6][7]Jeanine Áñez declarouse a si mesma como presidenta de Bolivia e asumiu o poder o 12 de novembro de 2019.[8] Algúns dos partidarios de Morales percibiron o seu ascenso ó poder como un golpe de Estado. As protestas contra o goberno de Áñez comezaron incitadas polos seguidores de Morales.[9] Moitos manifestantes son indíxenas que se opoñen ás inclinacións evanxélicas cristiás do novo goberno.[10]
Na parte occidental do país está aCordilleira dos Andes, na cal están a montaña máis alta do país, o picoNevado Sajama cos seus 6.542 m; olago Titicaca, o máis alto lago do mundo; e oSalar de Uyuni, no departamento dePotosí, unha grande extensión cuberta porsal que foi no pasado o fondo dun grande lago que se secou porevaporación. O centro do país é unhameseta, o "Altiplano", onde vive a maioría dos bolivianos. O leste do país está constituído por terras baixas, e cuberto polaforesta húmida daAmazonia. O lagoTiticaca sitúase na fronteira entre a Bolivia e oPerú. No occidente atópase oSalar de Uyuni, a maior planicie de sal do mundo.
O país actualmente non ten litoral, despois de o perder nunha guerra coChile, aGuerra do Pacífico, que ocorreu de1879 a1884.
Bolivia foi gobernada por gobernos democraticamente elixidos dende 1982; antes diso, foi gobernada por varias ditaduras. Os presidentesHernán Siles Zuazo (1982–85) eVíctor Paz Estenssoro (1985–89) comezaron un proceso de cesión de poderes pacificamente que continuou no tempo, aínda que tres presidentes renunciaron por mor das protestas populares:Gonzalo Sánchez de Lozada en 2003,Carlos Mesa en 2005 eEvo Morales en 2019.
Aconstitución, redactada en 2006–07 e aprobada en 2009, garante o equilibrio dos poderes executivo, lexislativo, xudicial e electoral, así como varios niveis de autonomía. O poder executivo tradicionalmente forte tende a eclipsar aAsemblea Plurinacional, cuxa función xeralmente se limita a debater e aprobar lexislación iniciada polo executivo. O xudicial, que consiste noTribunal Supremo e os tribunais departamentais e menores, estivo pragado de corrupción e ineficacia. A través das revisións da constitución en 1994 e das leis posteriores, o goberno iniciou reformas potencialmente de grande alcance no sistema xudicial, así como o aumento dos poderes de descentralización nos departamentos, concellos e territorios indíxenas.
Bolivia ten a súa capital recoñecida constitucionalmente enSucre, mentres que A Paz é a sede do goberno. La Plata (hoxe Sucre) foi proclamada capital provisional do independente Alto Perú (posteriormente Bolivia) o 1 de xullo de 1826.[11] O 12 de xullo de 1839, o presidenteJosé Miguel de Velasco proclamou unha lei na que nomeaba a cidade como capital de Bolivia, cambiándolle o nome na honra do líder revolucionarioAntonio José de Sucre.[11] A sede do goberno boliviano trasladouse áPaz en principios do século XX, por mor da relativa distancia da cidade respecto do centros económicos, despois do decline dePotosí e a súa industria da prata, e do Partido Liberal na guerra de 1899.
Aconstitución de 2009 asigna o papel de capital nacional a Sucre, sen facer referencia á Paz no texto.[12] Ademais de ser a capital constitucional, o Tribunal Supremo de Bolivia atópase en Sucre, converténdoa na capital xudicial. Porén, oPalacio Quemado (o palacio presidencial e sde do poder executivo boliviano) atópase na Paz, así como a Asemblea Lexislativa e o Órgano Electoral Plurinacional. A Paz continúa a ser qa sede do goberno.
Bolivia, hai moito un dos máis pobres e menos desenvolvidos países daAmérica Latina, fixo progresos considerábeis no sentido do desenvolvemento dunha economía de mercado.[Cómpre referencia] Durante a presidencia dopresidenteGonzalo Sánchez de Lozada (1993-97) Bolivia asinou un tratado de comercio libre conMéxico, tornouse membro asociado do Mercado Común do Cono Sur (Mercosul) e procedeu á privatización da liña aérea estatal, da compañía de teléfonos, dos ferrocarrís, da compañía eléctrica e da compañía petrolífera.
O crecemento económico minorou en1999, en parte debido a políticas orzamentariais restritivas, que limitaron os fondos necesarios para programas de loita contra apobreza, e ás consecuencias dacrise financeira asiática. No ano2000, serios disturbios públicos en abril e en setembro/outubro baixaron o crecemento a un 2,5%. OPIB boliviano non creceu en2001 debido ao abrandamento global e á vagarosa actividade doméstica.[Cómpre referencia]
A escultura boliviana remóntase ao período deTiwanaku coas estelas antropomorfas como oMonólito Bennett ou as figuras esculpidas na Porta do sol. Máis adiante, no período colonial, destacaTito Yupanqui, autor da Virxe de Copacabana, cuxa técnica entroncou a tradición indíxena coa escultura española da época.[13] Posteriormente son salientables as esculturas talladas nas igrexas deSucre ePotosí, que foran influenciadas polaEscola Sevillana e a Escuela Cuzqueña.[13]
No período republicano a escultura recibe un pulo coa creación da Escola de Belas Artes da Paz[14][15] e deste xeito co andar do século XX destacan as figuras deEmiliano Luján,Hugo Almaráz,Víctor Zapana[16]e principalmenteMarina Núñez del Prado[17]. Na obra de Núñez del Prado son salientables as esculturas caracterizadas polas estilizadas curvas (traballadas enónix,granito negro,alabastro etc.) que simbolizan amuller, un tema que ocupa un lugar central na súa arte.[14] Logo da década de 1960 aparecen novas figuras comoTed Carrasco, Carlos Rodríguez eMarcelo Callaú, autores que na súa maioría toman a súa inspiración da sociedade boliviana e dos mitos andinos.[15]
↑11,011,1Sucre., Sociedad Geográfica (1903). Impr. "Bolívar" de M. Pizarro, ed.Diccionario geográfico del Departamento de Chuquisaca: contiene datos geográficos, históricos y estadisticos. pp. 296–97.
↑13,013,1Embajada de Bolivia en Brasil."Escultura".www.embolivia.org.br. Arquivado dendeo orixinal o 16 de xuño de 2013. Consultado o 27 de agosto de 2020.