Bohumil Hrabal matriculouse enDereito naUniversidade Carolina de Praga, mais tivo que interromper os seus estudos a causa da ocupaciónnazi deChecoslovaquia.[2] Traballou nunha empresa ferroviaria durante asegunda guerra mundial, e logo foi tremoísta, carteiro e obreiro do metal;[2] tamén foi empregado dunha planta de reciclaxe de papel de libros censurados, o que inspiraría a súa novelaUnha soidade demasiado ruidosa. A pesar de que comezou a escribirpoesía e relatos curtos a finais dos corenta, Hrabal foi un autor serodio, xa que publicou a súa primeira obra,Skřivánci na niti ("Loias no arame"), no 1963, con case cincuenta anos.[2]
Durante a década dos setenta, coñecida como a "época da normalización" na Checoslovaquiacomunista, foi represaliado e expulsado da Asociación de Escritores Checos, polo que as súas obras foron retiradas delibrarías ebibliotecas.[3] Hrabal viuse na obriga de publicar os seus textos en tiradas reducidas, coñecidas como ediciónssamizdat, a pesar de que as súas obras anteriores foran sempre éxitos de venda.[2]
Malia a súa sona, o escritor checo mantívose sempre afastado da vida social.[3] Bohumil Hrabal faleceu aos 83 anos de idade tras caer dun sexto piso.[3][4] Nunca se aclarou se foi un accidente ou unsuicidio.[3][5]
As primeiras obras de Hrabal son unha confusa mestura de pequenas historias e anécdotas de carácter cómico, transmitidas cunha linguaxe rica e compacta. Situados entre aoralidade e avangarda, amosan un gran sentido dohumor e empregan asociaciónssurrealistas.[2] Desta etapa, cabe destacarTanecní hodiny pro starsí a pokrocilé ("Clases de baile para adultos e alumnos avantaxados", 1964), de construción experimental, xa que está constituída por unha longa frase inacabada.[2]
No 1965, publicouOstře sledované vlaky ("Trens rigorosamente vixiados"), un relato sobre un gardavías e o seu aprendiz, co pano de fondo da ocupación nazi.[2] A peza céntrase nos pequenos detalles da vida do protagonista e a súa iniciación sexual.[2] O autor inspirouse en feitos reais acaecidos no protectorado deBohemia eMoravia, cando un grupo deguerrilleiros atacou un trenalemán de municións preto da estación deStratov. Esta obra foi levada ao cinema polodirectorJiří Menzel no 1966, nun filme homónimo protagonizado polo actorVaclav Neckar, que obtivo opremio Óscar á mellor película de fala non inglesa no 1967.[2]
Tras a invasiónsoviética do 1968, Hrabal escribiu as súas tres novelas máis importantes:Nezný barbar ("Bárbara tenrura", 1973), publicada no estranxeiro, que narra as aventuras picarescas dun debuxante e os seus amigos na Praga de mediados doséculo XX;Eu servín ao rei de Inglaterra (1971), descrición do ascenso e caída dun aprendiz de camareiro; eUnha soidade demasiado ruidosa (1977), omonólogo dun traballador de almacén dunha planta de reciclaxe enfrontado a un mundo que cambia de xeito inexplicable.[2] Esta última pode considerarse unha obra cun fondo metafísico, que reflexiona sobre a posición do ser humano na sociedade, próxima á literatura deKafka. Os tres libros foron publicados en tiradas desamizdat, e non serían editados con normalidade até os oitenta.[2]
Pola súa banda,Eu servín ao rei de Inglaterra é unhavisión irónica sobre a vida dun camareiro corrente. É a primeira obra longa do autor, dividida en cinco seccións. Retrata o período da ocupación nazi, a guerra, e as posteriores nacionalizacións, así como o encarceramento dos antigos millonarios.[6] No 2006, Jirí Menzel estreou unha versión cinematográfica desta novela. Segundo o director, Hrabal "describiu moitos horrores e bestialidades da vida sen asomo de depresión ou desespero; ao contrario, ensinou a prepararnos para soportar as durezas sen perder o sentido do humor".[4]
Entre o resto da súa produción, destaca a triloxíaSvatby v domě ("Vodas na casa", 1986-1987), composta por unha primeira parte de título homónimo, e as súas continuacións,Vita nuova eProluky.[2] Esta saga recolle a traxectoria persoal e intelectual de Hrabal, narrada pola súa esposa Eliška e por outras persoas da súa contorna, así como polo propio autor.[2]
Na súa primeira etapa, a escrita de Hrabal amosa as influencias dosurrealismo e dodadaísmo, usando os métodos docollage e da montaxe.[6] Do movemento dadaísta, Hrabal toma a súa capacidade de esmagar a realidade, fragmentandoa de tal xeito que os detalles cobran a súa propia importancia semántica e interactúan de maneira inesperada con outros detalles nos que un normalmente non repararía, considerándoos banais.[6] Tamén se inspirou na obra de autores comoLouis-Ferdinand Céline,Giuseppe Ungaretti ouJames Joyce, de quen podía evocar pasaxes enteiras.[4]
Na obra de Hrabal destaca a perspicacia na súa observación dos costumes e o seu talento narrativo e lírico. Os seus textos tratan sobre acontecementos reais, reaxustados e desprazados no tempo.[5] A miúdo, as súas personaxes son extravagantes e estrañas, antiheroes que manifestan unha inesgotable ledicia de existir. Así mesmo, actúan de xeito atrevido, interesándose por detalles cotiáns e mínimos, cunha grande imaxinación creativa. En palabras do autor:[3]
Alí onde eu erro coma home, erran tamén as miñas personaxes. Por outra banda, eles senten orgullo polas mesmas cousas ca min; é dicir, polos pormenores cotiáns da vida
As súas novelas amosan un desprazamento constante entre o pracer e o medo, entre a culpa e o deleite, presentando o difícil esforzo por serhedonista nun mundo onde o gozo desapareceu, onde a única verdade recoñecida é a historia ou a política.[7]
Hrabal destacou tamén pola súa expresión cómica dos absurdos da existencia. O seu compatriota Milan Kundera describiuno como "a encarnación da Praga máxica, a unión do humor terreal e da imaxinación barroca".[4] Segundo a súa tradutora aocatalán, Monika Zgustova, "nos seus libros hai tantaliteratura comafilosofía".[4]
Mural dedicado a Bohumil Hrabal. O texto á súa esquerda di: «Estou de pé aquí, coa fronte coroada de mil engurras, estou aquí de pé, coma un vello sambernardo, e miro ao lonxe, moi lonxe, até o confín da miña infancia...»