Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Bobsleigh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Obob,bobsleigh oubobsled (verba inglesa) é undeporte olímpico deinverno que xunto aoluge e oskeleton representan distintas modalidades de descenso enzorra.

Bobsleigh de dous

Ao igual que o luge e o skeleton, a súa orixe atópase nosAlpes suízos a finais doséculo XIX. Concretamente o primeiro club de bobsleigh do mundo fundouse en1897 en St. Moritz,Suíza, e desde aí difundiuse a outras partes de Europa. As primeiras competicións que podemos considerar oficiais datan de 1914. A Federación Internacional de Bobsleigh fundouse en1923.

Nas súas primeiras décadas de vida, o bobsleigh tiña pouco que ver co que é na actualidade, xa que os materiais, o deseño, as pistas mudaron completamente. Nos seus principios, as zorras eran demadeira, aínda que pronto pasaron a fabricarse deaceiro.

No bobsleigh hai dúas modalidades, o bobs a dous e o bobs a catro (non existe o bobsleigh individual). Os primeiros campionatos do mundo celebráronse en1924, só para o bobs a catro, mentres que en1931 xa se incluíu o bobs a 2. NosXogos Olímpicos debutou xa na primeira edición dos Xogos de Inverno celebrados en Chamonix,Francia, en 1924, e o bobs a dous comezou a disputarse nos de Lake Placid, EUA, en1932. Desde entón sempre formou parte do programa, excepto nos Xogos de 1960 en Squaw Valley, EUA. Un novo avance tivo lugar nos Xogos Olímpicos de Salt Lake City de2002. onde se incluíron por primeira vez as probas femininas.

Unha novidade importante tivo lugar en1952, cando se limitou o peso das zorras e dos seus ocupantes, xa que antes desa data os participantes tiñan que posuír un gran peso corporal se querían ter algunha oportunidade de triunfo. A nova norma fíxoo máis accesible.

Mais os principais avances chegaron no terreo dos materiais, en dous aspectos: as novas zorras de aceiro efibra de vidro utilizan os últimos avances tecnolóxicos en materiaaerodinámica para a súa fabricación, e non menos importante, as pistas artificiais nas que se poden alcanzar unhas velocidades que nunca crerían os primeiros practicantes deste deporte. As pistas de xeo teñen percorridos estreitos, tortuosos e peraltados, cun número determinado de viraxes á dereita e á esquerda.

A clave no bobsleigh está normalmente na saída. É decisivo que neses primeiros metros os tripulantes consigan a maior velocidade posible empuxando a zorra, por iso deben ser persoas fortes e ademais rápidas, xa que da explosividade inicial depende normalmente o resultado. As diferenzas entre os participantes rara vez superan unhas poucas centésimas polo que calquera pequeno erro resulta imposible de recuperar. Aínda que a zorra posúe un freo, este unicamente se usa ao pasar a liña de chegada. As velocidades superan con frecuencia os 150 km por hora e os corredores soportan até forzas 4 ou 5 "G".

As probas dispútanse en dúas quendas, sumándose o tempo conseguido en ambas, e gañando aquel que totalice menos tempo. En caso de empate, non hai ningún desempate, senón que se comparte a medalla.

Aínda que a seguridade mellorou moito nos últimos anos, e os participantes van equipados con casco e traxes especiais, ás veces prodúcense accidentes de saída de curva, e pode ser moi perigoso pois son accidentes letais, e en varias ocasións produciuse a morte dalgún participante.

A dificultade para practicar este deporte está no seu alto custo, especialmente das instalacións, o que provoca que unicamente se practique nun número moi reducido de países, principalmente do norte de Europa, EUA etc. Hai moi poucas instalacións xa que o mantemento dunha pista esixe moitos recursos que dificilmente compensan. As principais potencias sonAlemaña,Suíza eEstados Unidos.

Hai uns anos deuse un curioso episodio. Uns estadounidenses que estaban de vacacións enXamaica presenciaron unha competición de zorras sobre terra moi popular neste país caribeño, e que lles recordou vagamente ao bobsleigh, e entón ocorréuselles a idea de preparar un equipo de xamaicanos para competir nos Xogos Olímpicos de1988 celebrados en Calgary,Canadá. Así o fixeron e o equipo de Xamaica participou neses Xogos Olímpicos, sendo unha verdadeira atracción sobre todo para os medios de comunicación. Aínda que o seu resultado non foi brillante, este episodio foi motivo para unha película da produtoraDisney que se titulou orixinalmenteCool Runnings, estreada en1993. Con todo, durante estes anos Xamaica seguiu participando en competicións de bobsleigh de forma habitual e con resultados bastante aceptables.

Galegos no bobsleigh

[editar |editar a fonte]

No ano 2012 a piloto deArcadeBárbara Iglesias, acompañada pola freadora asturianaNoemí Perez, converteuse na primeira muller de todo o estado en participar nunha proba oficial[1] na pista deIgls enAustria, Dende entón vén participando con regularidade en diferentes probas de ámbito internacional como a Copa de Europa ou o Campionato do Mundo Júnior, na tempada 2016 - 2017 esta prevista a súa participación no Campionato do Mundo absoluto, desta volta facendo un tandem completamente galego coa freadoraEva Fernández[2].

No ano 2014 e seguindo os pasos de Bárbara Iglesias debutaría na categoría na categoría demonobob o piloto deBueuMartín Souto[3] que acadaría o posto número 15 nosXogos Olímpicos da Xuventude celebrados enLillehammer,Noruega no 2016.

Bárbara Iglesias protagoniza o documentalO Tempo futuro deXoán Escudero[4].

Pistas

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Lista de pistas de bobsleigh, luge e skeleton.

As pistas modernas están feitas de formigón e son refrixeradas. Requírese que conteñan polo menos unha recta e un labirinto de múltiples curvas consecutivas. Idealmente deben ter entre 1.200 e 1.300 metros de lonxitude e polo menos quince curvas. As pistas en uso son as seguintes:

PaísCidadeLonxitude (m)Caída (m)Inclinación
máxima (%)
Curvas
Bandeira de Alemaña.AlemañaAltenberg1.413122,221517
Königssee1.250117?12
Oberhof1.069,7096,37?15
Winterberg1.32511014,514
Bandeira de Austria.AustriaIgls1.22098,101414
Bandeira de Canadá.CanadáCalgary1.475121,481514
Whistler1.450152?16
Estados UnidosLake Placid1.4551079,8*20
Salt Lake City1.340103,9?15
Bandeira de Francia.FranciaLa Plagne1.507,5124,514,519
Bandeira de Italia.ItaliaCortina d'Ampezzo1.350120,451613
Bandeira de Letonia.LetoniaSigulda1.420--16
Bandeira de Noruega.NoruegaLillehammer1.365114,31516
Bandeira de Rusia.RusiaParamonovo1.6001051519
Sochi1.814131,9?19
Bandeira de Suíza.SuízaSankt Moritz1.7221291513
Bandeira do Xapón.XapónNagano1.762,3112,51513
* Inclinación media

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "IBSF | Athletes".www.ibsf.org. Arquivado dendeo orixinal o 01 de febreiro de 2016. Consultado o2016-08-27. 
  2. "IBSF | Athletes".www.ibsf.org. Arquivado dendeo orixinal o 14 de febreiro de 2016. Consultado o2016-08-27. 
  3. "IBSF | Athletes".www.ibsf.org. Arquivado dendeo orixinal o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o2016-08-27. 
  4. Dopico, Montse. Praza Pública, ed."Cineuropa reivindica a memoria da loita da clase obreira galega". Consultado o 21 de novembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  BobsleighModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bobsleigh&oldid=6279943»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp