Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Bo Pastor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Bo Pastor
Representación doséculo IV,Roma.

OBo Pastor é unhaadvocación aplicada noAntigo Testamento aDeus (Iavé) comoalegoría e noNovo Testamento aXesucristo como parábola. Aexéxese interpreta que a función de Deus ou Xesucristo como Bo Pastor é asalvación da «ovella descarriada» (ohome comopecador).

Nas escrituras

[editar |editar a fonte]

O tema aparece no Antigo Testamento, referido sempre aIavé. NoSalmo 23 ("O Señor é o meu pastor"), noLibro de Ezequiel e noLibro de Isaías.

Segundo os autores dosevanxeos, Xesucristo aprópiase da alegoría bíblica para aplicala a si mesmo como Fillo de Deus:

Entón Xesús díxolles esta parábola: «Se algún de vós perde unha ovella das cen que ten, non deixa as outras noventa e nove no deserto e vai na busca da que perdeu, ata que a encontra? E cando a encontra cárgaa moi feliz sobre os ombreiros, e ao chegar á súa casa reúne os amigos e veciños e dilles: “Alegrádevos comigo, porque encontrei a ovella que perdera”. Eu dígovos que de igual modo haberá máis alegría no ceo por un só pecador que volve a Deus que por noventa e nove xustos que non teñen necesidade de converterse».
Evanxeo de Lucas 15, 3-7

Iconografía

[editar |editar a fonte]
O Bo Pastor, deMurillo

Desde o comezo do cristianismo, oBo Pastor é a imaxe deXesús de Nazaret que, na súa calidade de pastor, coida e salva o seu rabaño.

Desde os tempos do cristianismo primitivo asociouse a imaxe do pastor que sae na busca da ovella perdida coa de Cristo como Bo Pastor.[1] A profusión de representacións escultóricas e pictóricas do tema do pastor e a ovella naarte paleocristiá é notable: identificáronse até 892 representacións.[2][3] Poden identificarse imaxes datadas do século II; na súa maioría pertencen aos séculos III e IV. Unha destas imaxes é a do anel recentemente descuberto enIsrael o 23 de decembro de 2021, a peza data do III.

A representación doBo Pastor comezou a minguar na súa frecuencia cara a fins do século IV e practicamente desapareceu no século V.[4][5] Desaparece completamente na Idade Media, ata que se recupera entre o século XV e o XVI, para volver quedar relegada no século XIX. No século XVII e XVIII reaparece ás veces coa versión da Divina Pastora.

A inspiración das primeiras representacións tómase da imaxe deOrfeo —ao que se lle atribuía o don de encantar aos animais mentres tocaba alira—, e da representación das obrasromanas nas que o cordeiro entre os brazos era un símbolo de filantropía. No primeiro tema oBo Pastor garda o seu rabaño, de pé ou sentado. A outra representación co cordeiro extraviado nos brazos ou sobre os ombreiros está moito máis estendida e procede directamente dos modelos pagáns do moscóforo ou oHermes (Crióforo) que leva a ovella do sacrificio.

A variedade de representacións é numerosa. As características comúns das obras adoitan presentar a un neno que porta un báculo, basatón ou frauta, con túnica, e que ten no seu colo ou leva sobre os ombreiros un cordeiro. Tamén se representou con Xesucristo adulto.

En pintura atopábase xa na catacumbas de San Calisto ou de Domitila. Unha das representacións doBo Pastor máis coñecidas é a deBartolomé Esteban Murillo. Na escultura foi tamén unha imaxe común, que empezou sendo esculpida nos flancos dos sarcófagos e recorrente na música relixiosa, como a peza paraórgano,O tríptico do bo pastor, de Jesús Guridi.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Dodd, C. H. (1978).La Tradición histórica en el cuarto Evangelio. Madrid: Ediciones Cristiandad. p. 382.ISBN 978-84-7057-216-6. 
  2. Pijoán, J. (1954).Summa Artis – Historia General del Arte. Vol. VII: Arte cristiano primitivo. Arte bizantino. Madrid: Espasa Calpe. pp. 97–98. 
  3. Dulaey, Martine (1993)."La parabole de la brebis perdue dans l’Église ancienne: de l’exégèse à l’iconographie"(PDF)(en francés)39: 3–22. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 7 de febrero de 2016. Consultado o 28 de enero de 2016.La figure du berger est sans doute celle qu'on rencontre le plus fréquemment dans l'art paléochrétien : on a pu en recenser jusqu'à 892 représentations! 
  4. https://www.continental.com.ar/sociedad/encuentran-en-israel-un-anillo-de-la-epoca-romana-con-la-imagen-de-jesus_a61c45a340b11b61ebe4c9b88
  5. Cartlidge, David R.; Elliott, J. Keith (2001).Art and the Christian Apocrypha. Nueva York: Routledge. p. 55.ISBN 978-0-415-23392-7. Consultado o 28 de enero de 2016.The popularity of the Good Shepherd began to wane in the latter fourth century, and it virtually disappears in the fifth century. 

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bo_Pastor&oldid=6545149»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp