OsBlue Angels, formalmente chamadosU.S. Navy Flight Demonstration Squadron, son un escuadrón de demostración de voo daArmada dos Estados Unidos.[1] Formada en 1946, a unidade é o segundo equipo acrobático formal máis antigo do mundo, tras aPatrouille de France formada en 1931. O equipo, composto por seis pilotos de demostración da Armada e un do Corpo de Marines, voa oBoeing F/A-18 Super Hornet.
Os Blue Angels adoitan realizar unhas 60 exhibicións aéreas ao ano, e o público tamén pode asistir ás súas prácticas na súa base de Pensacola, Florida.[2] Os "Blues" aínda empregan moitas das mesmas prácticas e técnicas utilizadas na tempada inaugural de 1946. Estímase que 11 millóns de espectadores ven o escuadrón durante os espectáculos aéreos de marzo a novembro de cada ano. Membros do equipo dos Blue Angels tamén visitan a máis de 50 000 persoas en colexios, hospitais e actos comunitarios nas cidades onde realizan espectáculos.[3] Dende 1946 ata 2018 os Blue Angels tiñen voado diante duns 505 millóns de espectadores.[4]