Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Bizancio

Coord.:41°00′48″N28°59′01″L / 41.01342,28.98364
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde outubro de 2024.)
Este artigo é sobre a cidade de Bizancio. No que atinxe ao imperio do que foi a capital, verImperio Bizantino.
Modelo:Xeografía políticaBizancio
Βυζάντιον (grc)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoBizas(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°00′48″N28°59′01″L / 41.01342,28.98364
EstadoTurquía
Provinciaprovincia de Istambul
DistritoFatihEditar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorDóricosEditar o valor en Wikidata
Creación667 a. C.Editar o valor en Wikidata
Disolución330Editar o valor en Wikidata
Sucedido porConstantinoplaEditar o valor en Wikidata
Evento clave
193Siege of Byzantium(en)Traducir
313Siege of Byzance(en)Traducir
324Cerco de Bizâncio(pt)Traducir
72 a. C.Siege of Byzance(en)Traducir
251 a. C.Siege of Byzance(en)Traducir
278 a. C.Siege of Byzance(en)Traducir
340 a. C.Siege of Byzantium(en)Traducir
408 a. C.Siege of Byzantium(en)Traducir
438 a. C.Siege of Byzance(en)Traducir
478 a. C.Siege of Byzantium(en)Traducir
510 a. C.Siege of Byzance(en)TraducirEditar o valor en Wikidata

Bizancio (dogrego Βυζάντιον,Byzántion) foi unha cidadegrega deTracia, na beira doBósforo, que ocupou un lugar moi importante na historia. Baixo o nome deConstantinopla, foi capital doImperio Romano de Oriente, coñecido comoImperio Bizantino. Corresponde á actual cidadeturca deIstambul.

Historia

[editar |editar a fonte]

Nos seus inicios foi unha colonia deMégara fundada o-667, poucos anos despois da veciñaCalcedonia. No lugar había unha cidade chamadaLigos. O-628 ampliouse a colonia con xente de Mégara dirixidos por Zeuxipo. A cidade tivo como deusa tutelarHera, e crese que inicialmente fora rexida por reis que deron paso a un goberno aristocrático. Os habitantes orixinais, osbitinios, quedaron convertidos en escravos.

O xeneralpersaOtanes, ao servizo deCiro II o Grande, ocupouna o-546 e permaneceu baixo dominio de Persia.

O-499 uniuse á revolta deXonia e, cando a frotafenicia do rei de Persia se presentou na cidade, os seus habitantes fuxiron para Mesambria ouMesembria.

Pausanias recuperouna despois dabatalla de Platea. Ao cabo de sete anos recuperounaCimón para os atenienses.

O-440, os bizantinos e a xente deSamos rebeláronse contra Atenas, pero serían sometidos. O-416 uníronse aoscalcedonios e fixeron unha devastadora expedición aBitinia. O-412 someteuse aEsparta. O-408, o atenienseAlcibíades a cercou, pero non a puido ocupar e tivo que esperar para a render pola fame, e entón, ausente o comandante espartano Clearco, Cidón, xefe do partido ateniense, abriu as portas aos asediantes e volveu a quedar como tributaria e aliada de Atenas.

O-405, despois da batalla deEgospótamos, o espartanoLisandro recuperou Bizancio e estableceuse nela unha gornición dirixida por Stenalao.

Os dez mil deXenofonte pasaron pola cidade e o repartimento do botín feito polo almirante Anaxibio provocou a revolta dos soldados, que se fixeron os amos da cidade e só grazas a Xenofonte se salvou do saqueo.

O-390,Trasíbulo cambiou o goberno da cidade a partir dunha oligarquía a unha democracia e vendeu as mercancías dos barcos ancorados na cidade.

O-363 foi visitada porEpaminondas e, coa frota ateniense, logrou que diversas cidades se declarasen ao seu favor. O-356, Bizancio,Rodas eQuíos uníronse á confederación deCos e aMausolo, rei deCaria, coa esperanza de poñer fin á hexemonía de Atenas, pero a batalla que se preparaba no mar foi impedida por unha tormenta.

O-340 foi asediada porFilipo II de Macedonia eDemóstenes enviou socorro aos asediados. A frota ateniense e dos aliados, dirixida por Caras, atopouse co almirante Amintas e os macedonios e foi derrotada; Caras foi substituído por Foción o ano seguinte, e Filipo tivo que erguer o asedio; dise que unha luz advertiu unha noite os bizantinos dun ataque sorpresa de Filipo e, en lembranza diso, levantouse un monumento; o símbolo da cidade desde ese momento é o media lúa que aparece nas súas moedas e que noséculo XV foi adoptado como emblema polosotománs, e probabelmente foi adoptado como lembranza do acontecemento; para pagar a axuda ateniense, os habitantes de Bizancio ePerinto concedéronlles o privilexio de precedencia nos xogos e ás cerimonias (excluídas as relixiosas) e construíronse diversas estatuas.

Nos seguintes anos, os bizantinos combateron ostracios, aos que non puideron dominar nin polas armas nin pagando imposto. O-279, Bizancio fíxose tributaria dosgálatas, aos cales pagou un imposto anual en moedas de ouro (3000 ao principio, despois 5000, e despois 10.000) que se foi incrementando e finalmente fixouse en 80talentos. Para pagar a cantidade, Bizancio tivo que impoñer un dereito de paso poloBósforo, cousa que provocou unha guerra con Rodas, guerra na cal Bizancio foi aliada dePérgamo, mentres Bitinia o foi de Rodas; os bizantinos apoiaron a Tibetes, un tío dePrusias de Bitinia, que reclamou o trono; pero Prusias apoderouse das posesións de Bizancio na costa asiática, mentres os tracios continuaron apremando na parte europea; a paz fíxose o-219 coa mediación do rei gálata Cavarvos, e foi desfavorábel para Bizancio.

Na guerra deRoma conMacedonia, os romanos deron á cidade o título de confederada, pola súa axuda. Bizancio acudiu a Roma para solucionar disputas internas, e os romanos enviaron a Pisón, máis como conquistador que como aliado.

O emperadorClaudio rebaixou temporalmente o imposto da cidade polas perdas desta na guerra cos tracios.Vespasiano incorporouna na provincia romana deTracia.

Na guerra entreSeptimio Severo ePescenio Níxer, Bizancio apoiou ao último. Despois dunha guerra de tres anos, xa morto Níxer, a cidade foi ocupada o196 e foi severamente castigada e as murallas derrubadas; a cidade deixou de ter un goberno local e foi entregada a Perinto, pero despois o mesmo Severo embeleceuna con termas, pórticos e outros edificios e deulle o nome deAugusta Antonina en honor deAntonino Basiano.Caracalla restaurou os dereitos da cidade e dos seus habitantes. En tempo deGalieno produciuse unha matanza de cidadáns e todas as familias antigas desapareceron, menos as que non estaban na cidade.

BaixoClaudio II os bizantinos loitaron contra osgodos. Nas guerras civís que seguiron á abdicación deDiocleciano reforzáronse as fortificacións.Licinio retirouse alí despois dabatalla de Adrianópolis e foi asediado por Constantino ata que a cidade se rendeu.

A fundación da primeira igrexa da cidade atribúese aSanto André, pero ocristianismo non se desenvolveu amplamente ata o tempo deConstantino o Grande.

Para a súa historia posterior, ver:Constantinopla.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  BizancioModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bizancio&oldid=6871122»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp