Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Bixkek

Coord.:42°52′00″N74°34′00″L / 42.8667,74.5667
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBixkek
Бишкек (ky)Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

EpónimoMikhail Frunze(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 42°52′00″N74°34′00″L / 42.8667,74.5667
EstadoKirguizistánEditar o valor en Wikidata
Enclave enRexión de ChuyEditar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.145.044(2023)Editar o valor en Wikidata (9.016,09hab./km²)
Lingua usadaLíngua Dungan(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie127 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porAla-Archa River(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Altitude750 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1825Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAziz Surakmatov(en)Traducir(2018–)Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal720000–720085Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico312Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2KG-GBEditar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Ancara(1992–)
Almati(1993–)
Colorado Springs(1994–)
Esmirna(1996–)
Minsk(1997–)
Chemnitz(1997–)
Kíiv(1997–)
Qazvin(pt)Traducir(2003–)
Amán(2006–)
Astana(2011–)
San Petersburgo(2012–)
Liexa(2012–)
Samsun(2013–)
Shenzhen(2013–)
Trebisonda(2014–)
Lianyungang(pt)Traducir(2014–)
Doha(2014–)
Wuhan(2016–)
Achkhabad(2018–)Editar o valor en Wikidata

Sitio webbishkek.gov.kgEditar o valor en Wikidata

Bixkek[1] ouBichkek[2][3] (enalfabeto cirílico: Бишкек, IPA /bi 'kek/) é a capital deKirguizistán. Bixkek é tamén o centro administrativo daRexión de Chuy que rodea a cidade, aínda que a cidade mesma non é en si parte da provincia pero é unha unidade provincial de Kirguizistán.

Fundada en 1878 coma a fortaleza rusa dePishpek (Пишпек), entre 1926 e 1991 era coñecida comoFrunze (Фрунзе), polo líder militarbolxeviqueMikhail Frunze. Crese que o nome deriva dunha palabra kirguiza para facer o leite de egua fermentado (kumis), a bebida nacional kirguiza.Está no val doChu, no curso dos ríosAlaarcha eAlamedín, ao pé dosmontes Kirguiz, a poucos quilómetros deKazakhstán. A súa altitude é de 850 m sobre o nivel do mar.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Situación

[editar |editar a fonte]

Sitúase no norte do Kirguistán, a uns 800msnm xusto ao carón da franxa norte dacordilleira Ala-Too, unha extensión dacordilleira Tian Shan, que chega a elevarse a 4800 metros sobre o nivel do mar. No norte da cidade atópase unha fértil estepa suavemente ondulada que chega até a fronteira conKazakhstán.

Hidrografía

[editar |editar a fonte]

A cidade está percorrido polorío Chui, un río nado na confluencia dos ríosJoon Aryk eKochkor, que é dos máis longos e importantes do país cos seus 1067 quilómetros.

Clima

[editar |editar a fonte]

Bixkek ten unclima continental seco de verán emediterráneo dependendo de que isoterma se use. (Clasificación climática de Köppen Csa / Dsa respectivamente)..[4] A precipitación media é de arredor 440 milímetros por ano. As temperaturas medias diarias altas varían de 3 °C en xaneiro a aprox. 31 °C en xullo.[5] Os meses de verán son principalmente secos, con tormentas ocasiónais que forman fortes ventos racheados e raras tormentas de po. As montañas do sur fan un límite natural e protección contra gran parte do clima danoso, igual que a pequena cadena montañosa que se atopa de noroeste a sueste. Nos meses de inverno, as características dominantes son as escasas tormentas de neve e frecuente néboa pesada. Ás veces hai inversións de temperatura que fan que a néboa dure días.

Datos climáticos para Bixkek
MesXanFebMarAbrMaiXuñXulAgoSetOutNovDecAnual
Temperatura máxima en °C19,225,330,534,735,640,942,839,736,834,127,923,342,8
Media máxima en °C3,24,911,218,523,629,031,730,925,517,811,05,017,7
Media diaria en °C−2,6−0,85,312,317,422,424,923,818,511,04,7−0,911,3
Media mínima en °C−7,1−5,20,46,411,115,617,916,411,35,0−0,1−5,15,6
Temperatura mínima en °C−31,9−34−21,8−12,3−5,52,47,45,1−2,8−11,2−32,2−29,1−34
Precipitación media mm263555676134211319454235453
Media de días con chuvia359121310106687493
Media de días con neve99520,3000014737
Humidade relativa media (%)75757163605046454862707562
Media de horas de sol mensuais1371281531942613063323172641961441142 546
Fonte #1: Pogoda.ru.net[5]
Fonte #2: NOAA (sun, 1961–1990)[6]

Demografía

[editar |editar a fonte]

Bixkek é a cidade máis poboada doKirguizistán, a súa poboación foi estimada en 937.400 no ano 2015. Dende a fundación da cidade até a mediadios dos anos noventa do século XX, a xente que habitaba a cidade eran a meirande parte de etnias procedentes de Europa (rusos,ucraínos,alemáns...). Segundo o censo de 1970, só un 12,3% eran de etnia kirguiz e os europeos comprendían máis do 80% da poboación. Agora Bixkek está formada principalmente por xente de etnia kirguiz cunha porcentaxe do 66% da poboación, mentres que os europeos superan por pouco o 20% do total. Malia a maioría kirguiz, oruso é a lingua principal da cidade mentres que okirguiz segue a perder terreo especialmente nas novas xeracións.[7]

Composición étnica

[editar |editar a fonte]
Etnia% da poboación
Kirguiz66,2%
Rusos23%
Uigures1,6%
Tártaros1.5%
Coreanos1,4%
Uzbekos1,4%
Kazakos1,1%
Ucraínos1%
Dungáns0,5%

Morfoloxía urbana

[editar |editar a fonte]

En pouco máis dun século a cidade pasou dun pequeno poste de correos ao centro industrial e económico do país e unha das cidades máis importantes de Asia Central.[8]

Distritos

[editar |editar a fonte]
DistritoPoboación
Leninskiy198,019
Oktyabrskiy238,329
Pervomayskiy171,467
Sverdlovskiy214,100

Historia

[editar |editar a fonte]

Orixinariamente o que queda dunha parada de caravanas (posiblemente fundada polossogdianos) nun dos ramais daruta da Seda a través da cordilleira deTien Xán, a cidade foi fortificada en 1825 polouzbeko khanato deKokhand cunha fortaleza de barro.

Paisaxe urbana de Bixkek.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Atlas Mundial Galego Online
  2. Criterios para o uso da lingua
  3. Lingua galega. Dúbidas lingüísticas
  4. "Koppen Map". Upload.wikimedia.org. Arquivado dendeo orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 
  5. 5,05,1"Weather and Climate-The Climate of Bishkek"(en ruso). Weather and Climate. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  6. "Frunze (Bixkek) Cli,a 1961–1990".National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 
  7. "Ferdinand, S. & Komlósi, F. 2016. Vitality of the Kyrgyz Language in Bishkek"(eninglés). IJORS 5–2, pp. 210–226. Consultado o 10 de setembro de 2016. 
  8. DYLDAEV, M."URBANIZATION PROCESSES IN THE KYRGYZ REPUBLIC - CASE STUDY: THE CITY OF BISHKEK"(PDF)(eninglés). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 21 de xullo de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
A Galipedia ten unportal sobre:Kirguizistán

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Kirguizistán Subdivisións deKirguizistánKirguizistán
Rexións (область)
Batken  · Chuy  · Jalal-Abad  · Naryn  · Osh  · Talas  · Isiq-Köl
Cidades independientes (шаар)
Bixkek  · Osh
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bixkek&oldid=6923743»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp