Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Vitamina B7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Biotina»)
Estrutura da biotina

Abiotina,vitamina H ouvitamina B7 é unhavitamina, estable á calor, soluble en auga e alcol e susceptible áoxidación, que intervén nometabolismo doshidratos de carbono,graxas eaminoácidos epurinas. Biotina deriva do gregobios (vida).

Aliviadores musculares, oeccema e adermatite e tamén axuda a combater adepresión e asomnolencia. É esencial para a síntese e degradación de graxas e a degradación de certos aminoácidos. Non se levaron a cabo estudos definitivos sobre os requirimentos de biotina pola falta de coñecemento sobre a dispoñibilidade dela nos alimentos e a contribución microbiana, pero recoñécese que unha inxesta segura e adecuada desta vitamina é de 200-300μg diarios.

Hai tres formas de biotina: biotina libre (a única útil para os seres humanos),biocitina (e-biotina-L-Lisina) e doussulfóxidos L e D da biotina.

Historia

[editar |editar a fonte]

A súa historia comeza aproximadamente no ano1916, candoBateman observou un cambio na saúde dasratas que eran alimentadas con clara de ovo crúa. Observou que as ratas así alimentadas, comezaban cunha síndrome caracterizada pordescamación,dermatite intensa,alopecia (perda do pelo) e trastornos neuromusculares.

Non foi senón ata1936 que dous investigadores,Kogl eTonnis, illaron a biotina da xema do ovo. Pero que sucedía co observado por Bateman? Nesa mesma década atopouse na clara crúa do ovo unhaglicoproteína chamadaavidina que tiña a característica de unirse de xeito irreversible coa biotina (complexo avidina biotina) e este complexo ten a particularidade de non poder ser absorbido polo tracto gastro-intestinal dosmamíferos. Polo cal Bateman observara, por primeira vez nun medio controlado, un déficit severo de biotina e as súas consecuencias.

Función

[editar |editar a fonte]

A biotina atópase nacélula unida cun resto específico delisina (unaminoácido) formando abiocitina; a biocitina únesecovalentemente a certosencimas relacionados coa formación ou a utilización dodióxido de carbono exercendo así función decoencima: actúa na transferencia (aceptor e donador) dedióxido de carbono en numerosascarboxilasas:

Todas estas encimas son esenciais nos procesos de duplicación celular, por iso o observado por Bateman ; ao privar de biotina ás ratas, comezaron con déficit de encimas celulares afectando inicialmente aostecidos de rápida reprodución oumitose (pel,cabelos, células de recubrimento axónico).

Carencia

[editar |editar a fonte]

Pode ser deficitaria en individuos que reciben alimentaciónparenteral total durante varios anos. Os síntomas provocan a deterioración das funcións metabólicas descritas,eccema,dermatite seca e descamativa, palidez,náuseas,vómitos,anorexia, granfatiga edepresión.

A carencia de biotina é rara e poucas veces observada, xa que a mesma está amplamente distribuída na alimentación e os requirimentos diarios mínimos son baixos, entre 200 e 300μg por día. Ademais crese que asbacterias intestinais terían a propiedade de formar biotina ou de transformarmetabolitos inactivos da biotina en biotina libre.

A biotina atópase amplamente distribuída nos alimentos, principalmente enril,fígado, xema deovo,fungos, algúns vexetais (coliflor,pataca) efroitas (plátano,uva,sandía eamorodos),cacahuete,fermento,leite,améndoas,noces,chicharros secos,peixe,polo e naxelea real.

Que pasa coa clara do ovo e a avidina? Só se atopa avidina activa na clara crúa do ovo xa que ao sometela a cocción neutralízase, non así a biotina que soporta altas temperaturas sen modificacións, polo cal comer ovos cocidos proporciona de biotina sen avidina, pero ao comelos crus non hai inxesta de biotina por inactivación da mesma coa avidina.

Entre outros síntomas, do déficit de biotina atópanse tamén:colite,glosite atrófica,anorexia eanemia leve. Todas, relacionadas coascélulas que requiren de rápidas mitose.

As dietas baixas encolesterol e graxas tamén son baixas en biotina.

Sobredosificación

[editar |editar a fonte]

Aflora intestinal é capaz de sintetizar gran cantidade de biotina. A eliminación fecal e urinaria, moito máis elevada que a inxesta dietética, indica a magnitude de síntese por parte damicroflora.

A biotina non rexistra casos coñecidos de sobredosificación, xa que ao ser hidrosoluble, elimínase con facilidade por vía renal, en forma de biotina libre ou dous metabolitos inactivosBis-norbiotina ebiotina sulfóxido. Crese que as bacterias intestinais poderían xerar biotina ou que terían capacidade de reciclar metabolitos inactivos a biotina libre (isto último ten un baixo nivel de evidencia científica).

Nalgún momento, indicouse para o crecemento docabelo ou asuñas quebradizas, isto non ten suficiente nivel de evidencia científica, pero siempírica.

Liposolubles
Hidrosolubles
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vitamina_B7&oldid=6404554»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp