Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Billy Corgan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBilly Corgan

(2005)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1967Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Elk Grove Village, Estados Unidos de América(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
EducaciónGlenbard North High School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
LateralidademanichoEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoChicagoEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónguitarrista, cantante, poeta, cantautor, cantautorEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1985Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock,rock alternativo eSynthpopEditar o valor en Wikidata
TesituraTenorEditar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra evozEditar o valor en Wikidata
Selo discográficoVirgin RecordsEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeChloe Mendel(2023–)Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,Editar o valor en Wikidata
Sitio webbilly-corgan.comEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0004842Facebook: BillyCorganTwitter: BillyInstagram: ogilalaMySpace: billycorganYoutube: UCGSPIEnBOoXXSL1z6ayKARgSouncloud: williampatrickcorganSpotify: 12B5JK11NOP7OQ9Fxjrpx2Last fm: Billy+CorganMusicbrainz: 3cbfd3e3-6d9b-4327-84ba-42cf646c98f9Songkick: 543013Discogs: 8978Allmusic: mn0000070026Genius: Billy-corganEditar o valor en Wikidata

William Patrick Corgan Jr., nado o17 de marzo de1967 enElk Grove Village (Illinois), é un músico e poetaestadounidense, coñecido por ser o líder, cantante, guitarrista e único membro permanente da banda derock alternativoThe Smashing Pumpkins. Fundou o grupoZwan despois da separación deThe Smashing Pumpkins no ano2000, pero este tivo unha curta vida e só editou o álbumMary Star of the Sea. No ano2004 publicou o libro de poemasBlinking with Fists, e ao ano seguinte o disco en solitarioTheFutureEmbrace. A comezos do2006 The Smashing Pumpkins volveron a reunirse, deta vez contando só con Corgan e o bateríaJimmy Chamberlin da súa formación orixinal.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Corgan é o fillo máis vello de William Corgan Sr. e Martha Louise Maes Corgan Lutz. Ten dous irmáns, Jesse (a canción "Spaceboy" está dedicada a el) e Ricky, que é pintor. Os pais divorciáronse cando era neno e o seu pai casou outra vez máis tarde. A súa idade máis temperá a pasou xunto cos seus avós, e posteriormente xunto co seu pai e a súa madrasta en Glendale Heights, Illinois.

Corgan decidiu comezar a tocar aguitarra cando foi á casa dun amigo e viu a súaFlying V. Cando tiña 15 anos Corgan cos seus aforros mercou a súa primeira guitarra, unhaGibson Les Paul.

No ano1985 Corgan trasladouse dendeChicago a St. Petersburg,Florida xunto a súa primeira banda, chamada The Marked, que disolveuse despois de nove meses. Posteriormente Corgan volveu a Chicago para vivir co seu pai.

The Smashing Pumpkins

[editar |editar a fonte]

Mentres traballaba nunha tenda de discos, Corgan coñeceu aJames Iha, co cal emprendeu unha relación de amizade. Posteriormente coñeceu aD'Arcy Wretzky nun concerto de Dan Reed Network. Así, xuntos e cunha caixa de ritmos, formaronThe Smashing Pumpkins, unha das bandas máis representativas do rock dos 90.

A banda tentou axendar un concerto no Cabaret Metro, un famoso local deChicago. O dono do Metro, Joe Shanahan, rexeitou á banda debido a que non tiña batería. A banda entón contratou ao batería dejazzJimmy Chamberlin grazas a un amigo común. O concerto no Metro o día5 de outubro de1988 foi a primeira actuación deThe Smashing Pumpkins coa súa formación completa.

A nova banda fusionou diversos estilos comorock psicodélico ehard rock dun xeito moi orixinal no seu álbum de estrea,Gish, en1991. Despois do éxito deGish,The Smashing Pumpkins contribuíron en1992 na películaSingles co seu tema "Drown, e asinaron un contrato coa grande discográficaVirgin Records para gravarSiamese Dream, que se converteu nun grande éxito.

O seguinte traballo da banda,Mellon Collie and the Infinite Sadness, editado no ano1995 consagrou aThe Smashing Pumpkins. O disco recibiu sete nomeamentos aos premiosGrammy e sería certificado nove veces como álbum de platino nosEstados Unidos. A canción "1979" foi o maior éxito de Corgan, acadando o número 1 das listas daBillboard demodern rock emainstream rock. A súa aparición no programaSaturday Night Live o11 de novembro de1995 para promocionar este álbum foi a estrea de Corgan coa súa cabeza afeitada, unha estética que mantén dende entón.

Durante a xira deMellon Collie and the Infinite Sadness a bando viuse afectada pola adición á heroína do bateríaJimmy Chamberlin. O12 de xullo de1996 Chamberlin e o teclista da xiraJonathan Melvoin tiveron unha sobredose nun hotel e Melvoin morreu. A banda tomou a decisión de despedir a Chamberlin e continuou coma trío.

O seu seguinte traballo, o álbumAdore editado en1998, foi realizado con caixas de ritmos e baterías de estudio, e estaba formado por pezas máis suaves que a dos seus discos anteriores.Adore gañou os eloxios dunha parte da crítica e fans, pero outros críticos e a moitos dos seus seareiros máis recentes consideraron que a banda se afastara demasiado do seu son, resultando nun coonsiderable descenso na venda de discos.

Chamberlin volvería á banda no ano1999 e no2000 editaríaseMachina/The Machines of God. No remata das gravacións deste álbum a baixistaD'arcy Wretzky deixou a banda e foi substituída pola antiga compoñente deHoleMelissa Auf der Maur. Nese mesmo ano apareceríaMachina II/The Friends & Enemies of Modern Music gratuitamente en Internet.

A finais do2000 a banda separouse, realizando o seu último concerto enChicago o día2 de decembro.

Zwan e carreira en solitario

[editar |editar a fonte]

Despois de xirar brevemente conNew Order, a finais do2001 reuniuse con Chamberlin para formar a bandaZwan, ao lado do seu vello amigoMatt Sweeney. A formación completouse co guitarristaDavid Pajo e a baixistaPaz Lenchantin. A banda tivo dúas encarnacións distintas, o enfoque principal foi o dunha banda de rock optimista cun son conducidos polas tres guitarras do grupo, e o segundo foi un lado acústico con inspiraciónsfolk egospel. O quinteto actuou durante o ano2002 e o seu único álbum,Mary Star of the Sea, foi lanzado a principios do2003 con boas críticas en xeral. No medio da xira de promoción do álbum, os conflitos de Corgan e Chamberlin cos outros membros da banda levaron á cancelación da mesma e fixeron que o grupo entrase nun hiato aparente, anunciando formalmente a súa separación en setembro do2003.

Corgan ao vivo en agosto de 2011

No ano2004 Corgan comezou a escribir mensaxes autobiográficos na súa páxina deMySpace, culpando a Iha da ruptura deThe Smashing Pumpkins, dicindo de Wretzky que era unha adicta as drogas, e criticando aos antigos compañeiros de Zwan chamándoos oportunistas e egoístas.

A finais do2004 Corgan publicouBlinking with Fists, un libro depoesía. A pesar da mestura de recensións, estreouse na lista de libros máis vendidos doNew York Times. Sobre ese tempo, comezou a escribir mensaxes autobiográficas en Internet baixo o título deThe Confessions of Billy Corgan.

Tamén no2004 Corgan comezou a súa carreira en solitario, inicialmente tocando cancións folk acústicas relacionadas coa historia deChicago. Abandonou este estilo en favor dun son electrónico/shoegaze/rock alternativo para o seu primeiro álbum,The Future Embrace. Publicado o21 de xuño do2005 a través deReprise Records, tivo críticas moi diversas e só vendeu 69.000 copias. Corgan xirou para promocionar o traballo cunha banda que incluía a Linda Strawberry, Brian Liesegang e Matt Walker.

Regreso de The Smashing Pumpkins

[editar |editar a fonte]

No ano2005 Corgan publicou un anuncio a páxina completa en dous grandes xornais deChicago (The Chicago Tribune eThe Chicago Sun-Times) revelando o seu desexo de reformarThe Smashing Pumpkins. Varios días despois,Jimmy Chamberlin aceptou o ofrecemento de Corgan de reunirse.

O20 de abril do2006 a páxina oficial da banda confirmou que o grupo estaba en proceso de reunión. Os Pumpkins pasaron no estudio a meirande parte do2006 e o principio do2007, realizando o seu primeiro concerto despois de 7 anos o22 de maio do2007, conGinger Pooley (baixo) eJeff Schroeder (guitarra) substituíndo a Wretzky e Iha. O novo álbum,Zeitgeist, lanzouse nosEstados Unidos o10 de xullo dese ano, estreándose no número 2 das listas daBillboard. A banda xirou exhaustivamente o resto do2007 e o2008, editando tamén o EPAmerican Gothic e os sinxelos "G.L.O.W." e "Superchrist". Chamberlin deixaría o grupo en marzo do2009, e Corgan elixiu continuar adiante co nome.

No verán do2009 Corgan formou a bandaSpirits in the Sky para realizar un concerto tributo a Sky Saxon de The Seeds. Posteriormente estivo de xira co grupo, composto polo ex-membro deCatherine Kerry Brown, o baixista deElectric Prunes Mark Tulin, o teclista de Strawberry Alarm Clock Mark Weitz, a colaboradora de Corgan Linda Strawberry, o frautista Kevin Dippold, o violinista Ysanne Spevack, o novo batería dos PumpkinsMike Byrne, e o guitarrista deJane's AddictionDave Navarro, tocando versións e novo material dos Smashing Pumpkins en varios clubs deCalifornia. Ao final da xira, Corgan, Byrne, Tulin e Brown volveron aChicago para comezar a traballar no novo álbum dos Pumpkins,Teargarden by Kaleidyscope. A actual formación, que inclúe á baixistaNicole Fiorentino, xirou durante o ano2010 e actualmente está gravando o traballoOceania.

Álbums de estudio
Recompilatorios e EPs
Box Sets
Sinxelos
Sinxelos promocionais
Outras cancións
Videos
Artigos relacionados
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Billy_Corgan&oldid=6725876»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp