EnEuropa e gran parte deAmérica Latina, unbillón ou a palabra coa mesma raíz nas distintas linguas (billion,billione,bilió,bilioi, biljoen, bilijon etc.) equivale a un millón de millóns, 1012 ou expresión equivalentes (véxase o apartado anterior).
NosEstados Unidos ten o significado de mil millóns, ou 109 pero non noCanadá, que segue o modelo francés e europeo. NoReino Unido o termo é confuso porque usabanmillardo e foi mudado en1950 e aínda se emprega cos dous significados. Hai máis linguas nas que tamén ten ese significado, tales como nalingua grega e naturca.
NaLusofonía, existen tamén diferenzas entre oportugués europeo (bilião = billón = millón de millóns)[2] eportugués do Brasil (bilhão = mil milhões = mil millóns ≠ billón)[3] que con frecuencia xera confusión.
Esta diferenza de significado provoca que se cometan erros ó traducir artigos doinglés ou doportugués doBrasil. Incluso un británico pode non saber se un texto en inglés fala de "mil millóns" ou un "millón de millóns". O mesmo erro de comprensión xorde cando se fala de números máis elevados, tal como otrillón.
O adxectivobillonario derivado debillón mantén a mesma confusión e de feito o termo non aparece noDRAG,bUSCatermos,Dicionario de dicionarios ou no deEstraviz. Referido a un individuo,billonario é quen posúe unha fortuna accesible de ó menos un billón dalgunha divisa, porén, en inglés dosEstados Unidosbillionaire é quen dispón deone billion, isto é mil millóns (normalmente, endólares) etrillionaire quen dispuxese deone trillion.[4] Esa cifra en dólares, coa terminoloxía dosEstados Unidos, non a acadou ningún invididuo, pero sumadas as fortunas estimadas deElon Musk, ($264billion),Jeff Bezos ($177billion),Bernard Arnault & familia ($167 billion), e a deBill Gates e deWarren Buffett a cifra estaría próxima. Porén, na terminoloxía europea, todo oPIB nominal daUE (un 22% de la economía global)[5] foi de 18,3billóns de dólares en2021[6] e, xa que logo, a toda a economía mundial non chega aos 90billóns de dólares; porén, o estimado entre 2022 e 2023 son uns 100 billóns de dólares, que en inglés dos Estados Unidos, son$100 trillion.[7]