Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Big Ben

Coord.:51°30′02″N0°07′28″O / 51.50067,-0.12457
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Ben.
Big Ben

TipoIcona cultural,símbolo nacional,atracción turística,reloxo de carillón,elemento arquitectónico etorre inclinadaEditar o valor en Wikidata
Parte dePalacio de WestminsterEditar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura neogóticaEditar o valor en Wikidata
Material usadopedra de Caen ecalcariaEditar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 51°30′02″N0°07′28″O / 51.50067,-0.12457
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsLondres
Condado cerimonialGran Londres
BoroughCidade de WestminsterEditar o valor en Wikidata
LocalizaciónLondresEditar o valor en Wikidata
Altitude17 mEditar o valor en Wikidata
Datas
Fundación28 de setembro de 1843Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura96 mEditar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
ArquitectoAugustus Pugin eCharles BarryEditar o valor en Wikidata
Composto por
cuarto de mecanismos do Big Ben eBig BenEditar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBparliament.uk…Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Big Ben(Elizabeth Tower) é o nome que recibe a gran campá do reloxo situada ó nordeste doPalacio de Westminster enLondres.

Nome

[editar |editar a fonte]

O nomeBig Ben, é universalmente empregado para referírmonos á torre en xeral. Porén, oficialmente refírese especificamente á campá principal do interior da torre. Esta campá é a encargada de contar as horas, o seu peso aproximado é de 13 toneladas. Dise que o seu nome vén do primeiro encargado da construciónBenjamin Hall, ou quizais para homenaxear o boxeadorBen Caunt, moi popular en1858, ano en que foi fundida. É un dos principais símbolos representativos deLondres.

Historia e construción

[editar |editar a fonte]
Opalacio de Westminster e a torre do reloxo no extremo nordés daponte de Westminster.

A Torre do Reloxo de Westminster

[editar |editar a fonte]

A Torre de Santo Esteban (St. Stephen's Tower) ou aTorre do Reloxo de Westminster, popularmente coñecida comoBig Ben, foi levantada como parte do novo edificio deseñado porCharles Barry, despois de que o vellopalacio de Westminster fose destruído polo lume a noite do16 de outubro de1834. A torre está deseñada ó estilo gótico vitoriano, e ten 96,3m de altura.

O corpo da torre (61 m de altura) consiste nun enladrillado con revestimento de pedra; os 35 metros restantes fórmannos aagulla de ferro fundido co que se coroa a torre. A torre está asentada sobre unha base de 15 metros de lado e ten un peso estimado en 8.667toneladas. Os catro reloxos están sitos a 55 metros de altura.

Debido ás condicións da terra onde se asenta a construción, a torre inclínase levemente ao noroeste, uns 220mm . Tamén oscila anualmente algúns milímetros ó leste e ó oeste, debido ós efectos térmicos.

O reloxo e as súas caras

[editar |editar a fonte]

O reloxo da torre foi o máis grande do mundo no seu tempo, capaz de dar cadansúa hora coa precisión dun segundo. O mecanismo do reloxo foi completado no ano1854, pero a torre non foi completamente construída ata catro anos máis tarde.

Os catro laterais do reloxo e as súas esferas foron deseñados por Augustus Pugin. Cada lateral ten unha estrutura esférica de ferro de 23 pés de diámetro que contén 312 pezas de cristal opaco. Algunhas destas pezas poden ser quitadas para revisar as manciñas do reloxo. Na base de cada cara do reloxo hai unha inscrición enlatín: 'DOMINE SALVAM FAC REGINAM NOSTRAM VICTORIAM PRIMAM' ('Deus garde a nosa raíñaVitoria'). A manciña que marca as horas mide 2,7 metros de largo, mentres que a que marca os minutos mide 4,3 metros.

O nome "Big Ben" foi posto á campá orixinal de 16 toneladas da torre, fundida no1856. Dado que a torre non estaba rematada, a campá foi instalada noNew Palace Yard, mais a campá rompeu, e finalmente fundiuse unha nova de 13.8 toneladas, a cal está en uso hoxe en día. A nova campá foi montada na torre no1858 xunto a catro campás máis, que dan os cuartos.

O7 de setembro de1859 o reloxo entrou en funcionamento.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Big BenModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Big_Ben&oldid=6986968»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp