Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Bieito XVI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bieito XVI»)
Modelo:BiografíaSúa SantidadeEditar o valor en Wikidata
Bieito XVI, papa

(2011,Berlín)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de)Joseph Aloisius RatzingerEditar o valor en Wikidata
16 de abril de 1927Editar o valor en Wikidata
Birth house of Benedict XVI (República de Weimar)Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 2022Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Cidade do VaticanoEditar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte naturalEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrutas vaticanas,Basílica de San PedroEditar o valor en Wikidata
Papa emérito
28 de febreiro de 2013 – 31 de decembro de 2022 (morte)
265ºPapa
19 de abril de 2005 – 28 de febreiro de 2013 (renuncia de Bieito XVI)
← Xoán Paulo II, papaFrancisco →
Cardeal bispo de Ostia
30 de novembro de 2002 – 19 de abril de 2005
← Bernardin Gantin(pt)TraducirAngelo Sodano →
Diocese:Diocese de Óstia(pt)Traducir
Decano do Colexio dos Cardeais
27 de novembro de 2002 – 19 de abril de 2005
← Bernardin Gantin(pt)TraducirAngelo Sodano →
Cardinal-Bishop of Velletri-Segni(en)Traducir
5 de abril de 1993 – 19 de abril de 2005
Prefect of the Congregation for the Doctrine of the Faith(en)Traducir
25 de novembro de 1981 – 13 de maio de 2005
← Franjo Šeper(pt)TraducirWilliam Joseph Levada(pt)Traducir →
Cardeal
27 de xuño de 1977 –
Cardeal presbítero
27 de xuño de 1977 – 5 de abril de 1993
Nomeado por:Paulo VI, papa
Roman Catholic Archbishop of Munich and Freising(en)Traducir
24 de marzo de 1977 – 15 de febreiro de 1982
← Julius August Döpfner(pt)TraducirFriedrich Wetter →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMosteiro Mater Ecclesiae(2013–2022)Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo alemánEditar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica ecatolicismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónDucal Georgianum(en)Traducir (1949–1951)
Universidade de MúnicEditar o valor en Wikidata
Tese académicaThe People and the House of God in St. Augustine's Doctrine of the Church(en)TraducirEditar o valor en Wikidata (1953Editar o valor en Wikidata)
Director de teseMichael SchmausEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía cristiá eMinisterio petrinoEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoBonn
Cidade do Vaticano
Tubinga
Roma
Múnic
RatisbonaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico latino (1977–), sacerdote católico latino (1951–2022), diácono transicional(pt)Traducir (1950–1951), Teólogo católico, arcebispo, filósofo, pianista, profesor universitario, escritor relixioso, teólogoEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tubinga
Universidade de Münster
Universidade de Múnic
Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Universidade de RatisbonaEditar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enLiteratura,strolling(en)Traducir emúsicaEditar o valor en Wikidata
AlumnosBruno SchmidEditar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundialEditar o valor en Wikidata
ConsagraciónJosef Stangl(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
InstrumentoPianoEditar o valor en Wikidata
Participou en
22 de setembro de 2011Pope's visit to Germany 2011(en)Traducir
abril de 2005conclave de 2005
14 de outubro de 1978conclave de outubro de 1978
26 de agosto de 1978conclave de agosto de 1978
11 de outubro de 1962Concilio Vaticano SegundoEditar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoHub SchnackersEditar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valorEditar o valor en Wikidata
PaisJoseph Ratzinger, Sr.Editar o valor en Wikidata  e Maria PeintnerEditar o valor en Wikidata
IrmánsGeorg RatzingerEditar o valor en Wikidata
ParentesGeorg Ratzinger,tío avóEditar o valor en Wikidata
Cronoloxía
31 de decembro de 2022Morte e funeral de Bento XVI(pt)Traducir
28 de febreiro de 2013renuncia de Bieito XVI
27 de xuño de 1977proclamación cardenalicia, perPaulo VI, papa
28 de maio de 1977Consagração episcopal no rito romano(pt)Traducir (Frauenkirche(pt)Traducir), perJosef Stangl(pt)Traducir
29 de xuño de 1951ordenación sacerdotal no rito latino (Catedral de Frisinga(pt)Traducir), perMichael von Faulhaber
29 de outubro de 1950ordenação diaconal(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapediaEditar o valor en Wikidata
Sitio webvatican.va…Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1909127BNE: XX915528Dialnet: 3098714Musicbrainz: 9d83aa0b-ce3c-4247-961b-66a9dbd02677Discogs: 2499557WikiTree: Ratzinger-1Find a Grave: 247918631Editar o valor en Wikidata

Bieito XVI[1][2][3] (en latín,Benedictus PP. XVI), nado co nome deJoseph Ratzinger enMarktl am Inn (Baviera) o16 de abril de1927 e finado noVaticano o31 de decembro de2022, foi o 265ºPapa daIgrexa católica,bispo dadiocese de Roma e soberano doEstado da Cidade do Vaticano dende o19 de abril de2005 ata o28 de febreiro de2013 permanecendo como papa emérito desde entón até o seu falecemento. En1981Xoán Paulo II nomeouno prefecto daCongregación para a Doutrina da Fe, cardeal dende1993, e en2002 accedeu ao posto de deán doColexio de Cardeais. Foi un dos homes con máis influencia durante os últimos anos do papado de Xoán Paulo II. O11 de febreiro de2013 anunciou a súa decisión de renunciar ao seu posto, que se fixo efectiva o día28.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Era fillo dun oficial de policía; ao se xubilar seu pai a familia instalouse na cidade deTraunstein. Ao cumprir os 14 anos entrou nas xuventudes hitlerianas, tal como a lei obrigaba. Durante asegunda guerra mundial, a partir de1943 serviu, obrigatoriamente, no servizo auxiliar daLuftwaffe, en diversas baterías antiaéreas e, finalmente, no cuartel deinfantaría de Traunstein onde desertou. En1945 foi internado, brevemente, nun campo de prisioneiros de guerra en Bad Aibling, e unha vez liberado entrou noseminario. Como seminarista estudou noGregorianum, un instituto teolóxico asociado á Universidade de Múnic.

En1946 celebrou coa súa familia a III Constitución deBaviera, que se proclama estado libre, ata que os aliados impoñen oBund -Federación-.

Ordenouse o29 de xuño de1951 polo cardealMichael von Faulhaber. Impartiu clases sobre teoloxía fundamental naUniversidade de Frisinga. Nesta universidade, en1954, o profesor Michael Schmaus rexeitou, por moi avanzada, a súa tese sobre a teoloxía da historia enBoaventura de Bagnoregio. O 21 de febreiro de1957 defendeu con éxito a súa tese de habilitación para a docencia. Entre1959 e1963 foi profesor naUniversidade de Bonn, e pasou posteriormente áUniversidade de Münster.

Participou noConcilio Vaticano II defendendo o reformismo como asesor do cardeal deColonia Frings. Pouco antes, en1959, publicou conKarl RahnerEpiscopado e primado onde sostiña a necesidade dun exercicio do papado máis colexiado. Na terceira sesión do Concilio, participou xa como perito nomeado porPaulo VI.

En1966 asumiu a cátedra de teoloxía naUniversidade de Tübingen, onde foi colega deHans Küng. En obras comoTeoloxía da Historia en San Boaventura,Introdución ao cristianismo ou O Novo Pobo de Deus rompeu coa linguaxe tradicional daescolástica e defendeu rachar cun inmobilismo conservador contrario, segundo el, á verdadeira tradición. En1968 asinou con outros teólogos aDeclaración de Nimega, onde se reclamou maior pluralismo teolóxico. En1969 regresou a Baviera, áUniversidade de Regensburg.

En1972 puxo en marcha a revistaConmunio xunto con prestixiosos teólogos ata había pouco postos en interdito pola xerarquía eclesiástica comoHenri de Lubac eHans Urs von Balthasar.

O 24 de marzo1977 foi consagrado bispo de Múnic e Freising. O 27 de xuño foi designado cardeal porPaulo VI. En1981 foi nomeado porXoán Paulo II como prefecto daCongregación da Doutrina da Fe (antigo Santo Oficio). Áfronte desta, sancionou aLeonardo Boff. Durante ese mandato publicouse oInforme sobre a fe que contiña unha entrevista onde Ratzinger manifestaba a necesidade de controlar as innovacións postconciliares, o que lle valeu o aplauso dos sectores conservadores da igrexa.

Elección como Papa

[editar |editar a fonte]

Co gallo dovía crucis daSemana Santa de2005, que presidiu, e ante os medios de comunicación de todo o mundo católico, Ratzinger denunciou expresamente o que cualificou como "soberbia" e a "autosuficiencia" do clero:

Que pouca fe hai en moitas teorías, cantas palabras baleiras! Canta sucidade na Igrexa e entre os que, polo seu sacerdocio, deberían estar completamente entregados a el!

Isto espertou a atención sobre a súa persoa de cara ao conclave a celebrar deseguido.

O 19 de abril de 2005 o cardeal Ratzinguer foi elixido papa no segundo día do conclave tras catro roldas de votacións. Coincidiu coa festividade do día de sanLeón IX o máis importante papa alemán naIdade Media xa que no seu papado acometeu numerosas reformas. Antes da súa primeira aparición no balcón dapraza de San Pedro despois de ser elixido papa, o cardeal chilenoJorge Arturo Medina Estévez anunciou a súa elección coa frase "queridos irmáns" en italiano, español, francés, alemán e inglés, e a forma tradicional "Habemus Papam" en latín; o mesmo cardeal Medina impúxolle opalio, mentres queAngelo Sodano lle colocou oanel do pescador. No balcón as primeiras palabras de Bieito XVI como papa foron:

Queridos irmáns, despois do gran papa Xoán Paulo II, os señores cardeais elixíronme a min, un simple e humilde traballador da viña do Señor. Consólame o feito de que o señor sabe traballar e actuar con instrumentos insuficientes e sobre todo encoméndome ás vosas oracións. Na alegría do Señor resucitado, confiando na Súa continua axuda, sigamos adiante, que o Señor nos axudará e a Súa santísima Nai estará do noso lado. Grazas.

Aspectos do pontificado

[editar |editar a fonte]

Simboloxía do escudo papal de Bieito XVI

[editar |editar a fonte]

O escudo papal de Bieito XVI conserva algúns elementos do escudo do cardeal Ratzinger e descarta a tripla tiara pontificia, substituíndoa por unha mitra. Foi o mesmo papa quen agregou o palio, a estola de la, que simboliza a autoridade episcopal. Bieito XVI mantivo acuncha, que simboliza a peregrinación e o peregrino. Tamén está o mouro deFrisinga situado na esquina superior esquerda, que simboliza a universalidade da Igrexa. Ao seu lado, o oso de Corbitiano, simbolizando as cargas da Igrexa a través da lenda de Corbitiano, un bispo que predicou na antiga rexión de Baviera. O escudo complétase coas dúas chaves cruzadas que representan a San Pedro.[Cómpre referencia]

Encíclicas

[editar |editar a fonte]

Durante os anos do seu pontificado, Bieito XVI asinou tres encíclicas:[4]

  • Deus caritas est (25 de decembro de 2005), onde reflexiona sobre oamor como núcleo da mensaxe cristiá.
  • Spe salvi (30 de novembro de 2007) sobre a dimensión transcendente do ser humano.
  • Caritas in veritate (29 de xuño de 2009) sobre a doutrina social da Igrexa, onde se reafirma o compromiso desta coaxustiza e a visión crítica desta contra uncapitalismo deshumanizador no contexto do nacemento da crise económica mundial.

Exhortacións apostólicas

[editar |editar a fonte]
  • Sacramentum Caritatis sobre aeucaristía comosacramento do amor, comuñón dos bens, compromiso pola xustiza e respecto pola creación.
  • Verbum Domini sobre aBiblia como Palabra de Deus na vida e a misión da Igrexa católica.
  • Africae munus sobre a inculturación doEvanxeo no continente africano, a obriga da Igrexa a prol dunha orde social xusta, da paz e a reconciliación e a necesidade da solidariedade do mundo opulento con aquel.
  • Eclesia in Medio Oriente sobre a liberdade relixiosa das igrexas do próximo Oriente, a defensa da súa identidade e a necesidade do diálogo fraterno coislam e coxudaísmo.

Viaxes

[editar |editar a fonte]

Como Papa Bieito XVI viaxou a Alemaña (en dúas ocasións),Polonia,España (en tres ocasións),Turquía,Brasil,Austria,Estados Unidos de América,Australia,Francia,Camerún,Angola,Malta,Portugal,Chipre,Reino Unido da Gran Bretaña,Croacia,México,Cuba eLíbano.

Novos doutores da Igrexa

[editar |editar a fonte]

En2012 Bieito XVI proclamou doutores da Igrexa á mística e científica medievalHildegard von Bingen e ao sacerdote español perseguido polaInquisiciónXoán de Ávila.

Polémicas

[editar |editar a fonte]

Botou o xefe de prensa doOpus DeiRafael Navarro-Valls e optou polo xesuítaFederico Lombardi, máis aberto. Destituíu o Secretario de Estado Sodano, sospeitoso de connivencia cosLexionarios de Cristo, e substituíuno polosalesiano Tarsicio Bertone con sona de moderado. Condenou ao ostracismo o pederastaMarcial Maciel e ordenou a refundación dos Lexionarios de Cristo, creada por aquel e inzada de escándalos sexuais e financeiros. Ordenou poñer a disposición da xustiza penal civil os sacerdotes pederastas. Fracasou na rexeneración das finanzas vaticanas (dimisión de Ettore Gotti Tedeschi). Nesta liña, promulgara normas para evitar obranqueo de capitais.[5]

Foi criticado por sectores conservadores ao admitir o uso dopreservativo nalgúns casos,[6] ofrecer colaboración ao réxime comunista postcastrista cubano e admitir a necesidade dun recoñecemento legal ás parellas distintas aomatrimonio heterosexual a través do presidente do Pontificio Consello da Familia Vicenzo Paglia.[7][8] Un discurso naUniversidade en Ratisbona en2006 alporizou o mundo musulmán por unhas supostas críticas aMahoma, o que lle obrigou a tender pontes na viaxe aIstambul e aoLíbano.[9][10]

Causou malestar entre o integrismo católico co nomeamento deGerhard Ludwig Müller como Prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe[11][12], coñecido pola súa boa sintonía conGustavo Gutiérrez Merino, o fundador daTeoloxía da liberación. Tamén causou desgusto neses sectores a creación doAdro dos Xentís[13], co fin de establecer un diálogo estable con pensadoresagnósticos e ateos.

Viuse afectado pola filtración de documentos coñecida comoVatileaks, que deixou ao descuberto as liortas internas na curia. Rompeu coa tradición do carácter vitalicio do papado ao anunciar a súa renuncia para o 28 de febreiro de 2013.

Pouco antes do conclave e tres días antes da súa renuncia forzou a dimisión do cardeal escocés Keith O'Brien por sospeitoso de acoso sexual.[14]

Visita a Galicia

[editar |editar a fonte]
Escultura de Bieito XVI nas Cancelas, Santiago de Compostela.

Bieito XVI visitouGalicia o6 de novembro de2010, co gallo doAno Xacobeo. Foi a súa única visita a Galicia e a terceira vez que un papa acode aSantiago de Compostela durante o pontificado. O seu avión aterrou naLavacolla procedente de Roma ás 11:30 da mañá sendo recibido polos entónpríncipes de Asturias,Filipe eLetizia.[15] Posteriormente desprazouse ata acatedral de Santiago de Compostela, á que entrou ás 13:00, pasando polaPorta Santa ás 13:25 visitando o lugar onde para a igrexa católica está soterradoSantiago o Maior. Despois de xantar nopazo arcebispal, celebrou unhamisa ás 16:30. Ás 19:45 retornou á Lavacolla con dirección aBarcelona.[16]

Renuncia

[editar |editar a fonte]

O11 de febreiro de2013 opapa Bieito XVI anunciou por sorpresa a súa renuncia ao cargo, alegando «falta de forzas». O anuncio realizouno enlatín durante o consistorio decanonización dosmártires de Otranto. Segundo as súas palabras:

Cheguei á certeza de que as miñas forzas, debido á miña avanzada idade, non se adecúan por máis tempo ao exercicio do ministerio petrino. Con total liberdade declaro que renuncio ao ministerio de bispo de Roma e sucesor de Pedro.

A renuncia do papa Bieito debe considerarse excepcional, dado que foi a primeira desde aIdade Media, concretamente o ano1415 —conGregorio XII, obrigado a renunciar noConcilio de Constanza para dar fin aoCisma de Occidente—, e a primeira por vontade propia desde1294 (conCelestino V, que renunciou para facerse ermitán). No momento de anunciar a súa renuncia, o papa Bieito XVI tiña 85 anos, e levaba case oito de pontificado.[17]

Dita renuncia fíxose efectiva o28 de febreiro ás 20:00 horas, hora de Italia, a partir da cal a sede papal quedou vacante, dando comezo ao proceso de celebración dun conclave, que elixiu un novo papa,Francisco. Bieito XVI abandonou aCidade do Vaticano enhelicóptero para dirixirse aCastel Gandolfo. Chegado á que sería a súa nova residencia nos dous primeiros meses tras a súa renuncia, compareceu no balcón do Palacio Apostólico, onde dirixiu as súas últimas palabras como papa á xente congregada na praza:

Grazas, grazas de corazón. Grazas pola vosa amizade e o vostro afecto (...). Non son máis oSumo Pontífice daIgrexa. A partir das 20:00 horas, serei simplemente un peregrino que continúa a súa peregrinación sobre aTerra e enfronta a etapa final. (...) Grazas e boa noite.

Seguidamente, deu a bendición e retirouse.[18] Ás 20:00 horas, aGarda suíza que custodiaba o portón do palacio foi relevada pola Xendarmaría vaticana, á vez que se pechaban os postigos, simbolizando deste modo o fin do pontificado.[19]

Durante o tempo de sede vacante, a até o2 de maio de2013, Bieito XVI residiu en Castel Gandolfo; logo, ese mesmo 2 de maio, trasladouse aomosteiroMater Ecclesiae, que se encontra dentro dos muros doVaticano.[20] Alí vive dedicado á oración e ás súas afeccións, xunto co seu secretario privadoGeorg Ganswein, catro leigas consagradas da comunidadeMemores Domini (ligadas ao movementoComuñón e Liberación) que o axudarán cos labores domésticos, e undiácono belga. Ademais hai dispoñíbel un cuarto para que se aloxe seu irmán,Georg Ratzinger, cando o visite.[21] Deste xeito, Bieito viviu cerca do seu sucesor, opapa Francisco, na propia Cidade do Vaticano, sendo isto un acontecemento único e histórico dentro da Igrexa Católica.[22] O até entón papa mantén o seu nome, Bieito XVI, e desde a súa renuncia ostenta o título de papaemérito ou pontífice emérito, así como bispo emérito de Roma, co tratamento de Súa Santidade.[23][24][25]

Durante o seu retiro, Bieito XVI mantivo unha rutina diaria que consistía na misa conventual durante a mañá, estudo nabiblioteca e o rezo do rosario nos xardíns se era posible, ademais de informarse nas canles de televisión bávara, aZDF e aRAI no serán.[26] Ademais, tamén recibiu visitas do papa Francisco e concedeu algunhas audiencias públicas.[27][28] En2020, fixo a única viaxe dende a súa renuncia, trasladándose aRatisbona para visitar o seu irmán máis vello, Georg, quen estaba enfermo e que morrería ao cabo dun tempo.[29]

No termo da audiencia xeral do28 de decembro de2022, o papaFrancisco, pediu unha oración especial por Bieito XVI, engadindo que "está moi enfermo".[30] Logo deuse a coñecer que estaba baixo asistencia médica en condicións "graves pero estables".[31] O seu pasamento produciuse ás 9.34 da mañá do31 de decembro de2022 segundo informou o Vaticano, aos 95 anos de idade.[32][33]

Sucesión apostólica

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Sucesión apostólica.

Obras

[editar |editar a fonte]
  • Jesus von Nazareth - Band 1: Von der Taufe im Jordan bis zur Verklärung, 2007,ISBN 3-451-29861-9.
  • Jesus von Nazareth - Band 2: Vom Einzug in Jerusalem bis zur Auferstehung, 2011,ISBN 978-3-451-32999-9.
  • Jesus von Nazareth. Prolog - Die Kindheitsgeschichten, 2012,ISBN 978-3-451-34999-7.
  • Gottes Glanz in unserer Zeit, Verlag Herder, Friburgo de Brisgovia, 2005
  • Unterwegs zu Jesus Christus. Augsburg 2003,ISBN 3-936484-21-X
  • Glaube – Wahrheit – Toleranz. Das Christentum und die Weltreligionen. 2. Aufl., Freiburg i. Brsg. 2003,ISBN 3-451-28110-4
  • Der Geist der Liturgie. Eine Einführung. 4. Aufl., Freiburg i. Brsg. 2000,ISBN 3-451-27247-4
  • Theologische Prinzipienlehre. Bausteine zur Fundamentaltheologie. 2. Aufl., Wewel, München 2005,ISBN 3-87904-080-X (Inhaltsverzeichnis;)
  • Aus meinem Leben. Erinnerungen 1927-1977. Stuttgart 1998,ISBN 3-453-16509-8
  • Bilder der Hoffnung Wanderungen im Kirchenjahr Verlag Herder, Freiburg im Breisgau, 1997
  • Das Fest des Glaubens. Versuche zur Theologie des Gottesdienstes. 3. Aufl., Johannes, Einsiedeln 1993,ISBN 3-89411-199-2
  • Wahrheit, Werte, Macht,Prüfsteine der pluralistischen Gesellsfachft, Verlarg Herder, Freiburg/Basel/Wien 1993,ISBN 3-7820-0812-X
  • Prinzipien Chritslicher Moral, Freiburg, 1990
  • Auf Christus schauen, 1989, Freiburg/Basel/Wien 1989,ISBN 3-451-21481-4
  • Kirche, Ökume und Politik, 1986,ISBN 3-89411-201-8,
  • Politik und Erlösung. Zum Verhältnis von Glaube, Rationalität und Irrationalem in der sogenannten Theologie der Befreiung. Opladen 1986,ISBN 3-531-07279-X
  • Eschatologie – Tod und ewiges Leben. 2. Aufl., Pustet, Regensburg 2007,ISBN 978-3-7917-2070-8
  • Dogma und Verkündigung. 3. Aufl., 1973,ISBN 3-87904-050-8
  • Zwei Plädoyers, Bayern, 1971
  • Das neue Volk Gottes.Patmos-Verlag, 1969,ISBN 3-491-71001-4
  • Einführung in das Christentum. Vorlesungen über das Apostolische Glaubensbekenntnis. 1968,ISBN 3-466-20089-X
  • Die christliche Brüderlichkeit. München 1960.ISBN 3-466-36718-2.
  • Episkopat und Primat, conKarl Rahner
  • Die Geschichtstheologie des heiligen Bonaventura. München 1959.ISBN 3-88096-081-X).
  • Volk und Haus Gottes in Augustins Lehre von der Kirche, München 1954.ISBN 3-88096-207-3

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Bieito XVI
    Bieito XVI
  • Bieito XVI
    Bieito XVI


Dignidades daIgrexa católica
Predecesor:
Julius Döpfner
 Arcebispo de Múnic e Frisinga 
24 de marzo de1977 -15 de febreiro de1982
Sucesor:
Friedrich Wetter
Predecesor:
Franjo Šeper
 Prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe 
25 de abril de1981 -19 de abril de2005
Sucesor:
William Levada
Predecesor:
Xoán Paulo II
 Papa
Bispo de Roma
 
19 de abril de2005 -28 de febreiro de2013
Sucesor:
Francisco

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Guía de nomes galegos:[1]
  2. Luz MéndezSobre onomástica, o nome do papa e o estándar galego, Estudos de Lingüística Galega 3Arquivado 02 de novembro de 2013 enWayback Machine..
  3. Sarille, Xosé Manuel."Bieito XVI".www.elcorreogallego.es. Arquivado dendeo orixinal o 22 de febreiro de 2019. Consultado o2019-02-22. 
  4. "Encíclicas de Benedicto XVI".w2.vatican.va. Consultado o2019-02-26. 
  5. "El Papa cierra las puertas del Vaticano al blanqueo de dinero".La Voz de Galicia(encastelán). 2010-12-31. Consultado o2019-02-26. 
  6. Benedicto XVI se ha enfrentado, además, a sus seguidores más acérrimos, los conservadores. No es que se haya convertido de pronto a la modernidad, pero su idea de que “la Iglesia no debe esconderse” le permitió abordar asuntos que otros prelados consideran vedados. Un ejemplo fue el de los preservativos. Benedicto XVI es partidario de su uso “en algunos casos”. Sorprendidos, la idea fue matizada hasta por los obispos españoles. El Papa, seguro de sí mismo, zanjó la polémica con la afirmación de que lo dicho por él “no necesita aclaraciones”, Juan G. Bedoya enEl País
  7. Fernando, Luis."Lo que ha dicho Mons. Paglia versus lo que interpretan que ha dicho".InfoCatólica(encastelán). Consultado o2019-02-26. 
  8. Arzobispo Vincenzo Paglia: “no estoy en contra de las uniones civiles”Espíritu Gay
  9. "El mundo islámico mantiene sus protestas pese a las disculpas del Papa".La Voz de Galicia(encastelán). 2006-09-18. Consultado o2022-12-31. 
  10. González, Enric (2006-11-25)."El viaje más difícil de Benedicto XVI".El País(encastelán).ISSN 1134-6582. Consultado o2022-12-31. 
  11. "Müller: "Es necesario distinguir entre una teología de la liberación equivocada y una correcta"".religiondigital.com. Consultado o2019-02-26. 
  12. "Mons. Gerhard Ludwig Müller coautor de un libro sobre "Teología de la Liberación" junto con el P. Gustavo Gutiérrez".Catolicidad. Consultado o2019-02-26. 
  13. "Atrio de los gentiles: cerrado temporalmente por obras"(encastelán). 6 de decembro de 2012. Arquivado dendeo orixinal o 23 de agosto de 2013. 
  14. Oppenheimer, Walter (2013-02-25)."El Papa fuerza la dimisión de un cardenal acusado de acoso sexual".El País(encastelán).ISSN 1134-6582. Consultado o2022-08-30. 
  15. "Bieito XVI pregrinou a Compostela en 2010".G24. Consultado o2022-12-31. 
  16. "Percorrido e Actos".Galicia Camiño do Papa. Arquivado dendeo orixinal o 09 de xullo de 2012. 
  17. "El papa Benedicto XVI renunciará al pontificado el 28 de febrero "por falta de fuerzas"".20 minutos. 11 de febreiro de 2013. Consultado o 11 de maio de 2018. 
  18. Benedicto XVI ya es Papa emérito: 'Seré simplemente un peregrino' DiarioEl Mundo, 28/02/2013.
  19. "Los símbolos del adiós del Papa Benedicto XVI".COPE(encastelán). 2013-02-28. Consultado o2023-01-01. 
  20. "Benedicto XVI regresó a El Vaticano".Zenit. Arquivado dendeo orixinal o 11 de xullo de 2015. Consultado o 11 de maio de 2018. 
  21. El Papa Francisco recibe a Benedicto XVI en su regreso al VaticanoArquivado 04 de marzo de 2016 enWayback Machine. Informador.
  22. "Benedicto XVI y Francisco, dos papas en un mismo altar".El Comercio(encastelán). 2014-04-27. Consultado o2019-02-26. 
  23. "Mantendrá nombre de Benedicto XVI - El Diario".El Diario de Juárez(encastelán). Consultado o2019-02-26. 
  24. "Benedicto XVI será Papa emérito".VIS (News.va). 26 de febreiro de 2013. Arquivado dendeo orixinal o 26 de xullo de 2017. Consultado o 11 de maio de 2018. 
  25. "Papa Benedicto XVI se convertirá en Obispo Emérito". Arquivado dendeo orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 11 de maio de 2018. 
  26. "En visite chez Benoît XVI au monastère 'Mater Ecclesiae'".cath.ch. 
  27. "El Papa y los nuevos cardenales visitan a Benedicto XVI - Vatican News".www.vaticannews.va(encastelán). 2022-08-27. Consultado o2022-12-31. 
  28. "Una birra per Benedetto XVI. Ecco come lui stesso parlava del suo compleanno, «amicizia» con Cristo".Tempi(enitaliano). 2015-04-16. Consultado o2022-12-31. 
  29. Vecchi, Gian Guido (2020-06-18)."Benedetto XVI vola dal fratello Georg Ratzinger, molto malato".Corriere della Sera(enitaliano). Consultado o2022-12-30. 
  30. "Pope Francis asks for prayers for Benedict XVI - Vatican News".www.vaticannews.va(eninglés). 2022-12-28. Consultado o2022-12-30. 
  31. "As condicións de saúde de Bieito XVI son "graves pero estables"".G24. Consultado o2022-12-30. 
  32. "Morre Bento XVI, "humilde trabalhador na vinha do Senhor" - Vatican News".www.vaticannews.va(enportugués). 2022-12-31. Consultado o2022-12-31. 
  33. "Morre o papa Bieito XVI".G24. Consultado o2022-12-31. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Bieito XVI, papa

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Dende o establecemento da Igrexa (30)
Pedro  · Lino  · Anacleto  · Clemente I  · Evaristo  · Alexandre I  · Sisto I  · Telesforo  · Hixinio  · Pío I  · Aniceto  · Sotero  · Eutelo  · Vítor I  · Ceferino  · Calisto I  · Urbano I  · Ponciano  · Antero  · Fabián  · Cornelio  · Lucio I  · Estevo I  · Sisto II  · Dionisio  · Fiz  · Eutiquiano  · Caio  · Marcelino  · Marcelo  · Eusebio  · Melquíades
Dende oEdicto de Milán (313)
Silvestre I  · Marcos  · Xulio I  · Liberio  · Dámaso I  · Siricio  · Anastasio I  · Inocencio I  · Zósimo  · Bonifacio I  · Celestino I  · Sisto III  · León I  · Hilario  · Simplicio  · Fiz II  · Xelasio I  · Anastasio II  · Símaco  · Hormisdas  · Xoán I  · Fiz III · Bonifacio  · Xoán II  · Agapito I  · Silverio  · Vixilio  · Paio I  · Xoán III  · Bieito I  · Paio II  · Gregorio I  · Sabiniano  · Bonifacio III  · Bonifacio IV  · Adeodato I  · Bonifacio V  · Honorio I  · Severino  · Xoán IV  · Teodoro I  · Martiño I  · Uxío I  · Vitaliano  · Adeodato II  · Dono  · Agatón  · León II  · Bieito II · Xoán V  · Conón  · Serxio I  · Xoán VI  · Xoán VII  · Sisinio  · Constantino  · Gregorio II  · Gregorio III  · Zacarías  · Estevo (II)  · Estevo II
Dende adoazón de Pipino (756)
Paulo  · Estevo III  · Hadrián I  · León III  · Estevo IV  · Pascual I  · Uxío II  · Valentino  · Gregorio IV  · Serxio II  · León IV  · Bieito III  · Nicolao I  · Hadrián II  · Xoán VIII  · Mariño I  · Hadrián III  · Estevo V  · Formoso  · Bonifacio VI  · Estevo VI  · Romano  · Teodoro II  · Xoán IX  · Bieito IV  · León V  · Serxio III  · Anastasio III  · Lando  · Xoán X  · León VI  · Estevo VII  · Xoán XI  · León VII  · Estevo VIII  · Mariño II  · Agapito II  · Xoán XII  · León VIII  · Bieito V  · Xoán XIII  · Bieito VI  · Bieito VII  · Xoán XIV  · Xoán XV  · Gregorio V  · Silvestre II  · Xoán XVII  · Xoán XVIII  · Serxio IV  · Bieito VIII  · Xoán XIX, papa  · Bieito IX  · Silvestre III  · Bieito IX  · Gregorio VI  · Clemente II  · Bieito IX  · Dámaso II  · León IX
Dende oGran Cisma (1054)
Vítor II  · Estevo IX  · Nicolao II  · Alexandre II  · Gregorio VII  · Vítor III  · Urbano II  · Pascual II  · Xelasio II  · Calisto II  · Honorio II  · Inocencio II  · Celestino II  · Lucio II  · Uxío III  · Anastasio IV  · Hadrián IV  · Alexandre III  · Lucio III  · Urbano III  · Gregorio VIII  · Clemente III  · Celestino III  · Inocencio III  · Honorio III  · Gregorio IX  · Celestino IV  · Inocencio IV  · Alexandre IV  · Urbano IV  · Clemente IV  · Gregorio X  · Inocencio V  · Hadrián V  · Xoán XXI  · Nicolao III  · Martiño IV  · Honorio IV  · Nicolao IV  · Celestino V  · Bonifacio VIII  · Bieito XI  · Clemente V  · Xoán XXII  · Bieito XII  · Clemente VI  · Inocencio VI  · Urbano V  · Gregorio XI  · Urbano VI  · Bonifacio IX  · Inocencio VII  · Gregorio XII  · Martiño V  · Uxío IV  · Nicolao V  · Calisto III  · Pío II  · Paulo II  · Sisto IV  · Inocencio VIII  · Alexandre VI  · Pío III  · Xulio II  · León X  · Hadrián VI  · Clemente VII  · Paulo III  · Xulio III  · Marcelo II  · Paulo IV
Dende aContrarreforma católica (1560)
Dende oConcilio Vaticano Segundo
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bieito_XVI,_papa&oldid=7007211»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp