Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Bieito IX, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xullo de 2017.)
Modelo:BiografíaBieito IX, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoTeofilatto
1007 ↔ 1012Editar o valor en Wikidata
Roma, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Morte18 de setembro de 1055 ↔ 9 de xaneiro de 1056Editar o valor en Wikidata
Grottaferrata, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral of GrottaferrataEditar o valor en Wikidata
150ºPapa
novembro de 1047(Gregoriano) – xullo de 1048(Gregoriano)
← Clemente IIDámaso II →
147ºPapa
abril de 1045(Gregoriano) – maio de 1045(Gregoriano)
← Silvestre IIIGregorio VI →
145ºPapa
outubro de 1032(Gregoriano) – setembro de 1044(Gregoriano)
← Xoán XIXSilvestre III →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoRoma
Estados PontificiosEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, escritorEditar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCondeEditar o valor en Wikidata
PaisAlberico III de TúsculoEditar o valor en Wikidata  e EmmelinaEditar o valor en Wikidata
IrmánsPedro, duque dos romanosEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Benedict IX.Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1304920WikiTree: Tusculum-2Find a Grave: 9604626Editar o valor en Wikidata

Bieito IX (de nomeTeofilacto, nome orixinalTeofilatto;Theophylactus en latín), nado enRoma en1012 ou1021 e finado enGrottaferrata,Estados Pontificios (Italia), en1055, foi opapa nº 145, 147 e 150 daIgrexa católica de1032 a1044 nun primeiro período; de abril a maio de1045 nun segundo período e de1047 a1048 nun terceiro período.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Da dinastía dos Teofilactos que lle deu seis papas á cristiandade, foi sobriño dos papasXoán XIX eBieito VIII e descendente deXoán XI,Xoán XII eXoán XIII. Elixido sumo pontífice con pouca idade, aínda que parece unha lenda ou un erro histórico supor que tiña 12 anos ao empezar a ser papa, cando quizais contaba xa con 20 ou 25 anos.[1]

Primeiro período (1032-1044)

[editar |editar a fonte]

O21 de outubro de1032 foi elixido sumo pontífice. SegundoRodolfus Glaber, sería papa con 12 anos,[2] un dato que hoxe se consideraría un erro que non correspondería á realidade.[3] Chega á cadeira pontificia grazas a que o seu pai, o CondeAlberico III, que era o verdadeiro dono de Roma, suborna áCuria e consegue para o seu fillo tan prezado posto. En1037 viaxou para atoparse co EmperadorConrado II e excomungou a Heriberto Arcebispo deMilán, con quen Conrado II tiña unha antiga inimizade. A morte do Emperador Conrado II, privara ao Papa Bieito IX do seu principal apoio. Finalmente un capitán romano, Gerardo dei Sasso expulsouno de Roma e puxo no seu lugar ao Bispo deSabinia.

Segundo período (abril a maio de 1045)

[editar |editar a fonte]

Expulsou á forza aSilvestre III e foi reelecto o10 de abril de1045, pero en maio, abdicou ao vender, co propósito de casar, o seu cargo pontificio por 1500 libras deouro ao Arcipreste Xoán de Graciano, futuropapaGregorio VI. Bieito IX abandona Roma.

En1046 xunto a Silvestre III quixo derrocar ao papaGregorio VI, pero o rei alemán Henrique III viaxou até alí e organizou oConcilio de Sutri que o20 de decembro o expulsou de Roma.

Terceiro período (novembro de 1047 a xullo de 1048)

[editar |editar a fonte]

Bieito atacou Roma e foi aceptado polo clero e o pobo para evitar tumultos e derramamentos de sangue para ser elixido por terceira vez o8 de novembro de1047. Con todo non o aceptaron os Crescencios, inimigos históricos dos Condes. Entre as dúas familias estalou unha guerra desapiadada. Bieito convocou varios Sínodos, enSpello, en Roma e enMarsella. Expulsado e excomungado o17 de xullo de 1048, despois de oito meses polos Consellos de San Bartolomeu. Nunca cesou de loitar por reconquistar o Papado. Máis adiante fíxose monxe de San Basilio en Grottaferrata onde morreu o 18 de setembro de 1055.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Cf.Benedetto IX na Enciclopedia dei Papi (en italiano)
  2. Cf. Hist., IV, 5, n. 17; V, 5, n. 26.
  3. Segundo aEnciclopedia Católica, Bieito IX tiñaao redor de 20 anos de idade ao empezar a ser papa[1].

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Bieito IX, papaModificar a ligazón no Wikidata
Dende o establecemento da Igrexa (30)
Pedro  · Lino  · Anacleto  · Clemente I  · Evaristo  · Alexandre I  · Sisto I  · Telesforo  · Hixinio  · Pío I  · Aniceto  · Sotero  · Eutelo  · Vítor I  · Ceferino  · Calisto I  · Urbano I  · Ponciano  · Antero  · Fabián  · Cornelio  · Lucio I  · Estevo I  · Sisto II  · Dionisio  · Fiz  · Eutiquiano  · Caio  · Marcelino  · Marcelo  · Eusebio  · Melquíades
Dende oEdicto de Milán (313)
Silvestre I  · Marcos  · Xulio I  · Liberio  · Dámaso I  · Siricio  · Anastasio I  · Inocencio I  · Zósimo  · Bonifacio I  · Celestino I  · Sisto III  · León I  · Hilario  · Simplicio  · Xelasio I  · Anastasio II  · Símaco  · Hormisdas  · Xoán I  · Fiz III · Bonifacio  · Xoán II  · Agapito I  · Silverio  · Vixilio  · Paio I  · Xoán III  · Bieito I  · Paio II  · Gregorio I  · Sabiniano  · Bonifacio III  · Bonifacio IV  · Adeodato I  · Bonifacio V  · Honorio I  · Severino  · Xoán IV  · Teodoro I  · Martiño I  · Uxío I  · Vitaliano  · Adeodato II  · Dono  · Agatón  · León II  · Bieito II · Xoán V  · Conón  · Serxio I  · Xoán VI  · Xoán VII  · Sisinio  · Constantino  · Gregorio II  · Gregorio III  · Zacarías  · Estevo (II)  · Estevo II
Dende adoazón de Pipino (756)
Paulo  · Estevo III  · Hadrián I  · León III  · Estevo IV  · Pascual I  · Uxío II  · Valentino  · Gregorio IV  · Serxio II  · León IV  · Bieito III  · Nicolao I  · Hadrián II  · Xoán VIII  · Mariño I  · Hadrián III  · Estevo V  · Formoso  · Bonifacio VI  · Estevo VI  · Romano  · Teodoro II  · Xoán IX  · Bieito IV  · León V  · Serxio III  · Anastasio III  · Lando  · Xoán X  · León VI  · Estevo VII  · Xoán XI  · León VII  · Estevo VIII  · Mariño II  · Agapito II  · Xoán XII  · León VIII  · Bieito V  · Xoán XIII  · Bieito VI  · Bieito VII  · Xoán XIV  · Xoán XV  · Gregorio V  · Silvestre II  · Xoán XVII  · Xoán XVIII  · Serxio IV  · Bieito VIII  · Xoán XIX, papa  · Bieito IX  · Silvestre III  · Bieito IX  · Gregorio VI  · Clemente II  · Bieito IX  · Dámaso II  · León IX
Dende oGran Cisma (1054)
Vítor II  · Estevo IX  · Nicolao II  · Alexandre II  · Gregorio VII  · Vítor III  · Urbano II  · Pascual II  · Xelasio II  · Calisto II  · Honorio II  · Inocencio II  · Celestino II  · Lucio II  · Uxío III  · Anastasio IV  · Hadrián IV  · Alexandre III  · Lucio III  · Urbano III  · Gregorio VIII  · Clemente III  · Celestino III  · Inocencio III  · Honorio III  · Gregorio IX  · Celestino IV  · Inocencio IV  · Alexandre IV  · Urbano IV  · Clemente IV  · Gregorio X  · Inocencio V  · Hadrián V  · Xoán XXI  · Nicolao III  · Martiño IV  · Honorio IV  · Nicolao IV  · Celestino V  · Bonifacio VIII  · Bieito XI  · Clemente V  · Xoán XXII  · Bieito XII  · Clemente VI  · Inocencio VI  · Urbano V  · Gregorio XI  · Urbano VI  · Bonifacio IX  · Inocencio VII  · Gregorio XII  · Martiño V  · Uxío IV  · Nicolao V  · Calisto III  · Pío II  · Paulo II  · Sisto IV  · Inocencio VIII  · Alexandre VI  · Pío III  · Xulio II  · León X  · Hadrián VI  · Clemente VII  · Paulo III  · Xulio III  · Marcelo II  · Paulo IV
Dende aContrarreforma católica (1560)
Dende oConcilio Vaticano Segundo
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrePapas é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bieito_IX,_papa&oldid=7002065»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp