Fillo dun nobre romano chamado Mammalus, foi ordenado presbítero polo PapaFormoso e elixido Papa cando o trono doSacro Imperio Romano Xermánico se atopaba vacante desde que no ano anterior,899,Lamberto II de Spoleto falecera nun accidente ecuestre.
Aínda queBerenguer I, rei de Italia, reclamou o título imperial para si, o elixido foiLois III o Cego ao que Bieito IV, no acto máis significativo do seu pontificado, coroou como emperador coa esperanza de conseguir apoio contra a invasión húngara no norte de Italia e a sarracena no sur. Dita esperanza foi va xa que Lois, derrotado por Berenguer, foi cegado e desterrado aProvenza.
Bieito IV, falto de apoios, quedou en mans de persoeiros comoTeofilacto I, a súa esposa Teodora e a filla de ambos os dous,Marozia, que dominaron aos Papas durante os seguintes anos.