Unhabicicleta (pronunciación (axuda·info)) (do francésbicyclette, e este dolatínbis, "dúas veces", e dogrego κύκλος,kúklos, "círculo") é unvehículo sen motor de dúasrodas dispostas en liña e fixadas a un cadro. Serve para otransporte de persoas e mercancías. Móvese grazas á forza que o ciclista exerce sobre ospedais, que é transmitida ás rodas.
O nome do vehículo moderno data de1869. Varios antecedentes desta máquina foron coñecidos comovelocípedes, nome que data doséculo XVIII.
En moitos países a bicicleta é un dos principais medios de locomoción e detransporte de mercadorías paradistancias curtas e medias. É un medio de transporte san, ecolóxico, sostible e moi económico, tanto para trasladarse por cidade coma por zonas rurais. O seu uso está especialmente difundido nos países daEuropa central e nórdica e nos países pouco desenvolvidos.[1] Tamén existen diversas modalidades deportivas que se practican con este vehículo.
Introducida noséculo XIX enEuropa, tivo un impacto considerable na historia, tanto nacultura como naindustria. No ano1996 fabricáronse 101 millóns de bicicletas e só entre1990 e1996 máis de 700 millóns. No mundo hai máis de 1.000 millóns de bicicletas, máis do dobre que automóbiles, e a súa fabricación triplicou a destes todos os anos dende1987.[2]
AAsemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o3 de xuño como oDía Mundial da Bicicleta co obxectivo de promover o uso da bicicleta como medio para fomentar odesenvolvemento sostible e reivindicar unhas infraestruturas seguras para andar en bicicleta (entre outras actividades físicas), un camiño para alcanzar unha maior equidade en materia de saúde[3].
Reprodución da bicicleta de Leonardo.Evolución da bicicleta.Diversos modelos de velocípedes, bicicletas e monociclos,1887.
As primeiras noticias que se teñen sobre aparatos semellantes a unha bicicleta datan do ano1490 aproximadamente, na obra "Codex Atlanticus" deLeonardo da Vinci. Neles pode verse un esbozo dunha bicicleta con transmisión de cadea impulsada por uns pedais, o mesmo método empregado pola maioría das actuais.
A bicicleta actual provén da evolución dunha serie de modelos demáquina de camiñar que apareceron en Europa a partir doséculo XVIII. O primeiro deles foi ovelocifére, inventado polo conde de Sivrac en1790, que se puxo de moda entre os mozos da alta sociedade. Tiña dúas rodas fixas suxeitas a unha pesada ponte demadeira. O condutor dábase impulso cos pés sobre o chan e para variar a dirección tiña que deterse e desviar a roda dianteira. En1816 Karl von Drais introduciu a roda dianteira orientable, dando nacemento ádraisienne, que en1819 o inglés Krnught construíu enferro. En1861 Pierre Michaux, mecánico parisiense, instalou no eixo dianteiro dadraisienne dúas manivelas que se puidesen accionar cos pés, a modo de pedais. Cunha roda dianteira de 1 metro dediámetro obtíñase un desenvolvemento de tres metros, co que efectuando 30 voltas de pedal por minuto se chegaba a unha velocidade de 5 km/h. A falta de suspensión mitigouse aumentando o tamaño da roda dianteira, o cal permitiu alcanzar maiores velocidades.[2][4]
Dentro desta liña evolutiva, ovelocípede é un punto de transición. Os enxeñeiros ingleses James Starley e William Hillman patentaron en1870 o primeiro modelo metálico, que foi gañando popularidade e estivo de moda ata a década de1890.[4] O velocípede tiña dúasrodas de tamaño desigual unidas por un arco sobre o cal se asentaba a sela, e as bielas exercían a súa forza directamente sobre o eixo da roda dianteira, a de maior tamaño. Os primeiros usuarios de velocípedes eran mozos de clase acomodada que cos seus vehículos comezaron a facer un uso diferente do espazo público que esixía unha certa coraxe e habilidade. Non era un vehículo apto para percorridos longos e as mulleres e as persoas de idade avanzada considerábano perigoso e inseguro.
A demanda de velocípedes máis rápidos orixinou a aparición doRudge Ordinary, cunha roda dianteira de 1,40 m de diámetro. O interese de adecuar o velocípede a outros tipos de usuarios levou a facer experimentos como inverter as rodas, como noPony Star, ou reducir a roda dianteira e atrasar a sela, como nabicyclette do británico H.J. Lawson. A adaptación da transmisión a base de cadea, catarina e piñón, obra de Lawson e do francés Guilmet en1879 e mellorada por H. Renold en1880, permitiu aumentar avelocidade. Estas innovacións e outras posteriores posibilitaron que a bicicleta pasase a ser un medio de transporte cun uso alén do estritamente deportivo.[5]
Os elementos constitutivos da actual bicicleta foron inventados nas últimas décadas doséculo XIX: dínamo, pneumáticos, tensor de cambio, roda libre etc. O biciclo Rutge non superaba os 10 quilos de peso e o aspecto da bicicleta de J.L. Starley, a quen Lawson vendeu a súa patente, non difería moito do dunha actual: rodas con rodamentos, raios cruzados, transmisión por cadea, sela de coiro e suspensión.[2]
En1867 Adler recubriu a lamia da roda cunha banda decaucho e aplicou rodamentos aos eixos; en 1869 substituíronse os raios de madeira por outros de arame; en 1885 o suízo Renold inventou a cadea e aplicouna como modo de transmisión á roda traseira;John Boyd Dunlop inventou o sistema de cámara e cuberta de caucho en1888, sendo un adolescente; no ano1890 comézanse a construír os cadros con tubo metálico, deixando de lado a madeira e o metal macizo; en1896 introducíronse os rodamentos de bólas, que permitiron liberar a roda motriz do eixo base dos pedais, xa que ata entón ambos conxuntos xiraban ao mesmo tempo, obrigando ao ciclista a manter as súas pernas en constante movemento; no mesmo ano osirmáns Wright incorporan os eixos selados, que permitiron manter unha lubricación constante dos rodamentos.[6] Os progresos posteriores, despois do invento do cambio de marchas, foron mínimos ata a década de1970
Nas décadas de1960 e1970 acontaminación atmosférica polos gases dos automóbiles e a crise mundial dopetróleo incrementou o interese pola bicicleta. A popularidade da bicicleta aumentou e en moitas cidades establecéronse carrís para bicicleta e rutas exclusivas para ciclistas. A importancia dada á forma física nas décadas de 1970 e1980 contribuíron á súa popularidade. Xeneralizouse a bicicleta de estrada lixeira de dez velocidades con freos de man e pneumáticos estreitos de alta presión. Na década de 1980 apareceron as bicicletas todo terreo, con pneumáticos de banda de rodadura profunda e un cadro máis forte. Xa na década de1990 fixeron aparición as eléctricas, que aumentaron a súa produción un 78% só en1997.[2][7]
Desenvolvemento dunha roda de 700 mm, segundo o número de dentes das catarinas e dos piñóns.
Unha bicicleta que recibe un bo mantemento pode percorrer 300.000 km. Un ciclista gasta cinco veces menos enerxía (0,15 cal/gr.km) que unha persoa que camiña (0,75 cal/gr.km). Desprazarse en bicicleta pola cidade require 25 veces menos enerxía que facelo en transporte público e 53 veces menos que en automóbil. Mentres que o automóbil pode desprazar entre 120 e 220 persoas por metro de anchura de rúa e por hora, a unha velocidade de entre 15 e 25 km/h, a bicicleta pode desprazar 1.500 persoas na mesma dimensión de rúa entre 10 e 14 km/h. Ademais, no espazo que ocupa un coche aparcado poden deixarse 18 bicicletas.[2]
A principal clasificación das bicicletas toma en conta a función para a que están deseñadas. Así os principais tipos de bicicletas son:
De montaña.De cross.Estática.De estrada.Urbana.Tándem.Tall bike.Eléctrica.De piñón fixo.Pregable.Reclinada.De transporte.
Todo terreo (BTT) oude montaña. É unha bicicleta destinada a terreos agrestes, polo que a resistencia das súas partes é un punto principal e tamén a protección das súas partes á lama e áterra. Conta con diversas velocidades para adaptar o pedaleo ás diversas variacións do terreo.
Cross ouBMX. É unha bicicleta de cadro e rodas de diámetro pequeno; o tamaño das súas rodas máis común é de 20" e é destinada principalmente aacrobacias ecompeticións de velocidade en saltos. Normalmente non conta con cambio de velocidades, senón cunha relación fixa.
Estática ou para exercicios. É unha bicicleta estática cunha soa roda cun sistema defricción gradual que simula pendentes, un compoñente básico nun medidor de velocidade e mais un de quilometraxe.
De estrada oude carreiras. É unha bicicleta de cadro e rodas relativamente grandes onde a lixeireza é importante. Ten oguiador caído para que o ciclista adopte posicións aerodinámicas.
Híbrida oude cicloturismo. É unha bicicleta destinada ácidade ou a camiños en bo estado. O seu deseño presta atención á comodidade á custa de gañarpeso con elementos como a sela e o guiador cómodos. Conta xeralmente cunha ou máis canastras para o transporte de obxectos e é común que teñan accesorios urbanos como timbres,espellos e luces.
Para discapacitados. Hai varios tipos de bicicleta para xente con diversos tipos dediscapacidade:handbikes (dirección, propulsión e freo acciónanse cos brazos),tándems (bicicletas con dobre pedal para discapacitados visuais que necesitan ir acompañados dunguía), triciclos (bicicletas de tres rodas para discapacitados con problemas de coordinación eequilibrio), cuadriciclos (bicicletas de catro rodas e dobre pedal para discapacitados psíquicos que van acompañados dunmonitor ou acompañante).
Artísticas. Teñen formas que non perseguen estritamente unha funcionalidade. Empréganse sobre todo en espectáculos, manifestacións na rúa e actividadesfestivas.
Eléctricas. Están movidas por un pequeno motoreléctrico alimentado por unha batería. Algunhas cargan a batería con enerxía da rede, outras almacenan a enerxía cinética da bicicleta nos freados e hainas tamén que aproveitan aenerxía solar por medio dunspaneis fotovoltaicos.
De piñón fixo. Non teñen freos nin velocidades. Os pedais e a cadea moven ou deteñen a roda traseira, que se move sempre co piñón. A presión dos pés sobre as rodas e a derrapaxe lateral da roda traseira axudan a deter a bicicleta.
Pregables. Unha serie de articulacións permiten reducir o tamaño da bicicleta a unha pequena parte do habitual. Idónea para un uso combinado con outros modos de transporte.
Reclinadas. O ciclista adopta unha posición deitada durante o pedaleo. Chegan a desenvolver grandes velocidades debido á súa aerodinamicidade. A postura é máis ergonómica que a habitual.
De carga. Teñen formas variadas, sendo unha delas a chamadabicicleta de Christiania. O cadro incorpora un cubículo no que viaxa a carga. Existen modelos axeitados para o transporte de viaxeiros.
Obreiro berlinés carrexando os seus cativos,1932.Aparcadoiro de bicicletas en Ribadeo.Aparcadoiro de bicicletas enCopenhaguen,Dinamarca.Produción de bicicletas e automóbiles entre1950 e2003.
A configuración gradual da actual bicicleta, que culmina contra o fin do século XIX, obedece ao desexo de contar cun vehículo autopropulsado que permita ao seu usuario desprazarse con autonomía e a unhavelocidade superior á de calquera outro. Esta demanda xerou unha importanteindustria que proporcionaba uns beneficios tanto máis substanciosos canto máis perfeccionados eran os modelos de bicicletas que aparecían nomercado. Se ben nos primeiros tempos os velocípedes eran cousa de mozos de clase acomodada polo seu elevado custe, o interese por chegar a un mercado cada vez máis amplo, unido ás melloras técnicas e de seguridade, determinaron a popularización da bicicleta a partir da súa incorporación a usos máis produtivos que lúdicos. A difusión do uso da bicicleta atopou enEspaña dúas dificultades que lle fixeron imposible situarse ao mesmo nivel que outros países europeos: por unha banda a práctica inexistencia de fabricantes nacionais de bicicletas e accesorios, o que se traduciu en prezos relativamente elevados, e por outra o mal estado xeral das vías.[9]
Noutros países europeos a posta en práctica de políticas de promoción activa do uso da bicicleta levou a que unha elevada porcentaxe dos desprazamentos urbanos, tanto de persoas como de mercancías, sexan feitos neste medio[10]. En xeral en España ata agora a bicicleta tivo un rol marxinal na xestión da mobilidade urbana. O seu uso asóciase principalmente a actividades lúdicas e deportivas. Na meirande parte das cidades españolas non hai datos fiables sobre o uso da bicicleta nin sobre infraestruturas e programas de actuación. As infraestruturas ciclistas viarias na maioría dos casos constitúen unha rede máis simbólica que práctica que non conta cunha planificación previa integrada dentro dun plan director que estableza os percorridos prioritarios para os seus potenciais usuarios. No relativo ás ordenanzas municipais, en case ningunha cidade está regulada especificamente a circulación en bicicleta. A implantación de sistemas de bicicleta pública é unha das políticas máis xeneralizadas, con independencia do tamaño e da existencia de actuacións previas que favorezan o uso seguro da bicicleta.[11]
A pesar disto estímase que arredor de 2.500.000 españois usan a bicicleta a diario, sexa como medio de transporte ou para a práctica dalgún deporte.[12] Segundo o barómetro anual da bicicleta, publicado en xaneiro do 2010 pola Fundación ECA Bureau Veritas e a Fundación Movilidad, entre os ciclousuarios habituais de España predominan oshomes novos,traballadores ou estudantes, con maior preeminencia de estranxeiros e nivel de estudos máis elevado. As persoas que non saben andar en bicicleta son, sobre todo,mulleres, teñen máis de 55 anos e o seu nivel de estudos é pobre. Nosmunicipios de entre 10.000 e 100.000 habitantes é onde se atopan máis ciclousuarios habituais.[13]
Combinación de medios de transporte enCalifornia.Ciclista protexida contra a chuvia naChina.
A bicicleta ten unha serie de características que a converten no vehículo idóneo para certos tipos de desprazamentos e no máis sustentable dende un punto de vista ecolóxico:[14]
Eficacia. Pode cubrir de modo eficaz distancias de ata 7 km, o que significa que un ciclista ten acceso a unha área de 150 km² en torno á súa residencia.
Flexibilidade. O seu uso é áxil e cómodo, ocupa moi pouco espazo para aparcar.
Fiabilidade. A duración das viaxes é predicible, o cal permite economizartempo.
Intermodalidade. É un bo medio de acceso aos nodos de transporte público e é posible viaxar con ela.
Eficiencia. É lixeira, pequena e silenciosa. É doado conducila e aparcala, e relativamente doado mantela e amañala. Require pouco espazo para circular e pode convivir co tráfico motorizado.
Economía. A compra e mantemento dunha bicicleta supón un gasto 30-40 veces menor que o dun automóbil.
Accesibilidade. É accesible a calquera persoa cunhasaúde normal e axuda a manterse en forma.
Para confirmar esta idoneidade da bicicleta como medio de locomoción, en diferentes cidades do planeta véñense celebrando o que se deu en chamarcarreiras de medios, que son marchas comparativas en diferentes medios de transporte seguindo un itinerario preestablecido. A última celebrada enGalicia tivo lugar en xuño do2010 enOurense, organizada pola asociaciónVerdegaia, e comparaba os resultados dun percorrido en bicicleta, a pé, en automóbil e enautobús. O resultado evidenciou que a bicicleta é o medio máis veloz en medio urbano, e o segundo máis ecolóxico e máis barato só por detrás dos desprazamentos a pé.[15] EnSantiago de Compostela e enVigo non existen estatísticas sobre o uso da bicicleta, ordenanzas específicas que o regulen nin plans directores nin foros sectoriais de participación. Non hai tampouco medidas de fomento da intermodalidade, de calmado do tráfico nin de promoción do uso da bicicleta. Non haicarrís bici e os aparcadoiros para bicicletas son escasos e mal deseñados.[11]
Nos últimos anos veñen proliferando os sistemas públicos de préstamo de bicicletas, nos que o ciclousuario ten dereito ao uso dunha bicicleta mediante un sistemaelectrónico de control que o identifica como usuario rexistrado. A principios do2010 había en España un total de 100 municipios con servizo público de préstamo, cun total de 16.549 bicicletas públicas e 1.115 estacións. Só o 28% dos sistemas son manuais, o 72% restante son automáticos. Isto dá como media unha estación e 16 bicicletas por cada 10.000 habitantes.[16]
En España un dos primeiros e máis renomeados servizos públicos de préstamo é o deBarcelona, que opera baixo a marcaBicing[29], que ten preto de 6.000 bicicletas distribuídas por 359 estacións en toda a cidade. Porén na súa curta andaina ten recibido moitas críticas polas deficiencias no mantemento das bicicletas, o reducido horario de servizo e as condicións laborais dos seus traballadores.[30]
Cartel anunciador da masa crítica deAlcalá.Manifestación ciclonudista enLondres.
Fronte á imposición dun tipo de uso dos espazos públicos derivado da consolidación dos modos de relacióncapitalistas, nas últimas décadas xurdiron unha serie de movementos sociais que buscan proporcionarlles aos cidadáns unhábitat máis acorde coas súas necesidades e un contorno social no que imperen novas relacións de clase. O fomento da bicicleta preséntase como unha ferramenta eficaz para mudar o carácter dos espazos públicos ao se tratar dun vehículo sustentable, ecolóxico, autónomo e que proporciona ao seu usuario unha grande independencia.
Masa crítica. Comezou enSan Francisco en1992 a partir dunha xuntanza da SF Bike Coalition, coa idea de constituír un grupo de ciclistas que, reuníndose unha vez ao mes, se fixese visible ao resto da cidade. Na primeira ocasión xuntáronse 60 e tras un ano eran máis de 600[31]. En Galicia existen grupos de Masa Crítica na Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense,Ponteareas, Pontevedra eVigo.[32]
Manifestación ciclonudista. Celébrase anualmente dende o2004. Trátase dunha marcha de grupos de persoas que circulan espidos en bicicleta polas rúas, reclamando a atención dos cidadáns e dos medios de comunicación sobre as problemáticas propias dos ciclousuarios.[33]
Plan das Bicicletas Brancas de1965. Unha das liñas de acción do chamadoMovemento Provo foi o rexeitamento da cultura do automóbil privado no contexto da súa incipiente masificación. Este plan propuña expulsar os coches do interior deÁmsterdam para seren substituídos por 2.000 bicicletas ao ano, proporcionadas gratuitamente. Estarían pintadas de branco e serían accesibles e dispoñibles. Ademais pecharíase o centro de Ámsterdam ao tráfico motorizado, aumentaríase o transporte público nun 40% e forzaríase aostaxis a sereléctricos.[34]
Unha bicicleta de Bikecrossing liberada nun parqueLogroño.
Talleres autoxestionados de ciclousuarios. En múltiples cidades de todo o planeta xurdiron nos últimos anos talleres autoxestionados que proporcionan un servizo de asistencia técnica á poboación ciclista. Están atendidos por usuarios voluntarios. A modo de exemplo están asCicloficinas que traballan en tres cidades dePortugal dende o ano2007[35], o colectivoVélorution, presente en 27 cidades de Francia[36], ou asCiclofficine que traballan en varias cidades italianas.[37] En España hai talleres de autorreparación en varias cidades, entre elasMadrid[38][39][40],Granada[41] ouA Coruña[42]. Trátase normalmente de iniciativas próximas aos grupos locais de Masa Crítica.
Bike-Crossing. Está inspirado noBookCrossing. É un colectivo independente e asembleario que xestiona un sistema de reparación e préstamo gratuíto de bicicletas de segunda man. O sistema de préstamo baséase no uso de cadeados numéricos coa mesma contrasinal, que lles é comunicada aos novos usuarios mediante unha nota escrita que se deixa coa bicicleta cando é liberada na rúa. En España hai grupos de Bike-Crossing enLogroño,Bilbao,Albacete,Madrid,Barcelona eAlcañiz.[43][44]
O desenvolvemento das distintas modalidades e probas ciclistas é contemporáneo á evolución do aparato. As súas fórmulas actuais configuráronse nas primeiras décadas do século XX. Divídense principalmente entre probas en pista e probas en estrada. Unhas e outras teñen en común o sistema de medida, baseado na medición do tempo empregado en cada proba. Tamén hai deportes de competición entre equipos, como oradball ou obici polo, nos que a vitoria vén dada pola suma de tantos e que se xoga sobre a bicicleta.
A primeira competición da que se ten noticia celebrouse no parque de Saint-Cloud, enParís, en1868, e foi ganada polo inglés James Moore, que levaba rodas metálicas. A primeira proba en estrada foi un percorrido de 33 km entreFlorencia ePistoia, gañada polo estadounidense Rynner van Neste en1870. Seguíronlle a volta aolago Léman, enSuíza, en1879, e a París-Roubaix, organizada por primeira vez en1896. O primeiro campionato do mundo en pista cuberta tivo lugar enAylestone Roads (Leicester,Gran Bretaña) en1883. Resultou vencedor o francés Fréderic de Civry. Dez anos máis tarde o francés Henri Desgranges rexistraba o primeiro récord mundial da hora, con 35,325 km percorridos sobre o circuíto do velódromo Buffalo, en París.[7]
As carreiras por etapas contan con probas contra o reloxo individuais ou por equipos, que nas subidas a portos se denominan crono-escalada. No descenso destes portos pódense alcanzar velocidades superiores aos 100 km/h.[7]
As pistas dosvelódromos son ovaladas, de dimensións e superficies variables, e estánperaltadas en todo o seu percorrido, sobre todo nas curvas. Sobre o chan hai unha serie de liñas que sinalan o límite da zona de rodaxe, a pista para os velocistas e a liña para os especialistas de persecución trasmoto e medio fondo.[7]
Ao aire libre celébranse probas deciclocross. Esta modalidade naceu en Francia a finais do século XIX, derivado dos exercicios militares. Nel os participantes seguen un percorrido a través de pistas de terra con obstáculos. Similares son as demountain bike ou ciclismo de montaña.[7]
Bicimensaxería. Os servizos de bicimensaxería apareceron nas grandes cidadesestadounidenses como alternativa válida para evitar a conxestión do tráfico motorizado. Este tipo de servizo ten como principal vantaxe o poder garantir as horas de recollida e de entrega, ao non estar suxeito ás variacións da fluidez do tráfico. Os bicimensaxeiros empregan sobre todo bicicletas de piñón fixo, que lles permiten controlar o movemento e a velocidade da bicicleta só cos pés. Ao teren as mans libres poden valerse delas para agarrarse a outros vehículos ou separarse deles segundo conveña. En España hai empresas de bicimensaxería en Madrid[45],Palma[46],Zaragoza[47],Badaxoz[48],Asturias[49],Barcelona[50][51],Burgos[52],Málaga[53] eDonostia[54]. Normalmente trátase de empresas constituídas en réxime de cooperativa por emprendedores novos e cun notable nivel de militancia. Ademais da vertente empresarial, o colectivo de mensaxeiros conta cunhas sinais de identidade moi fortes tendidas en torno á bicicleta. Por este motivo organízanse actividades entre as que se contan os campionatos de mensaxeiros, que celebrou no2009 enBerlín o seu último encontro europeo e enAlcalá de Henares o campionato ibérico.
Ciclotaxi. Tamén chamadorickshaw,auto rickshaw,autorick,rick,trishaw,auto,tuk-tuk,bajaj,tricycle,mototaxi oubaby taxi. É un medio de transporte tradicional nas cidades dosueste asiático,Xapón eFilipinas, do que se valen as clases menos acomodadas. Inicialmente consistía nun carriño con capacidade para non máis de dúas persoas, tirado por unha persoa a pé, como os que aínda funcionan enCalcuta ouHong Kong. Máis adiante comezaron a aparecer bicicletas modificadas para efectuar a mesma función sobre tres rodas, a dianteira directriz e as traseiras motrices. Os modelos máis recentes incorporan pequenos motores eléctricos como axuda ao pedaleo e paneis fotovoltaicos para alimentar as baterías. Nos países máis desenvolvidos é considerado un medio de transporte sobre todo turístico e recreativo.[55]
↑2,02,12,22,32,4PUIG I BOIX, J.La bicicleta: un vehículo para cambiar nuestras ciudades. EnWEIGHTMAN, G., K. (1999).Revista Ecología Política nº 17: La movilidad en las ciudades. Sostenibilidad urbana.Icaria Editorial(encastelán).ISBN84-11-30637-2.