| Biblioteca Nacional de Portugal | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Instancia de | |||||||||||
Composto por | |||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||
Fundador/a | |||||||||||
Matriz | |||||||||||
Entidades subsidiarias | |||||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||||
Fundación | |||||||||||
| Localización | |||||||||||
| |||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||
Páxina WEB | |||||||||||
Descrito pola fonte | |||||||||||
| Wikidata C:Commons |
ABiblioteca Nacional de Portugal é unhabiblioteca localizada enLisboa,Portugal, que reúne unha ampla colección de documentos e publicacións portugueses. Foi creada o29 de febreiro de1796, co nome de Real Biblioteca Pública da Corte, co obxectivo de poñer todos os fondos da Biblioteca Real á disposición de todos os usuarios o máis rapidamente posible, a diferenza da tendenciaeuropea da época, que consistía en restrinxir a consulta os documentos tan só a un público selecto de eruditos. O edificio actual foi inaugurado en 1969, obra dePorfírio Pardal Monteiro.A Biblioteca Nacional de Portugal ten tamén a misión de reunir todas as obras publicadas no territorioportugués, mediante a política de depósito legal, ademais de adquirir obras consideradas especialmente importantes polo seu valor bibliográfico ou cultural.
A Biblioteca está a adaptar os seus fondos ásnovas tecnoloxías, co obxectivo de ofrecer unha maior facilidade de acceso aos documentos a través deInternet. De feito, esta biblioteca atópase entre as entidades fundadoras deThe European Library.
A Biblioteca alberga, ademais do seu catálogo de libros, máis de 50.000 títulos dexornais e outras publicacións periódicas, dos cales 12.000 son títulos portugueses actuais e 240 son estranxeiros tamén en publicación na actualidade. Aínda que a maior parte destes títulos pertencen aos séculosXIX,XX eXXI, tamén se conservan revistas e xornais doséculo XVII eXVIII, como aGazeta da Restauração (1640), primeiro xornal portugués, ou aGazeta de Lisboa (1715). OAçoriano Oriental(1835) e aRevista Militar (1848) son os títulos máis antigos aínda en curso. Entre a prensa estranxeira conservada na Biblioteca, destaca a producida noBrasil e enÁfrica (por exemplo, enMacau ouGoa).
A Biblioteca Nacional de Portugal está nestes momentos en proceso de microfilmación dun gran número de publicacións periódicas, especialmente as que proveñen dos séculos XIX e XX, entre as que se atopanO Português ou oMercúrio Político, aRevolução de Setembro, aIlustração Portuguesa, oDiário de Notícias,O Século eO Expresso.[1]
A área deManuscritos existe, con esta designación, desde1980, integrada naDivisão de Serviços de Reservados, aínda que unha sección similar existía xa desde a fundación mesma da Biblioteca. Esta Área reúne actualmente seis colecciones de manuscritos, até alcanzar un número total de preto de 15.066códices e preto de 36.000 manuscritos soltos que abarcan desde oséculo XII até o XX.
A área do Arquivo Histórico reúne fondos e coleccións constituídas por documentos de arquivo de distintas procedencias, entre oséculo XI e oXX. Predominan os arquivos persoais e de familia, aínda que tamén se conservan fondos da administración central e local, xudiciais, notariais, eclesiásticos etc. Estes fondos foron reunidos, en gran parte, como consecuencia da disolución das ordes relixiosas en Portugal en1834, e das que seguiron á implantación da República, así como de compras e doazóns.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblioteca Nacional de Portugal |