ABiblioteca nacional de Francia (enfrancés:Bibliothèque nationale de France), coñecida poloacrónimoBnF e chamada taménBiblioteca Nacional de París, é unha dasbibliotecas máis importantes deFrancia e do mundo.[1]
Sala de lectura da Biblioteca Richelieu.
Ten o estatuto de estabelecemento público. As súas actividades desenvólvense en diferentes sedes, sendoFrançois Mitterrand a principal, situada no barrio deTolbiac, na beira sur de París. As outras son aRichelieu-Louvois e aLouvois.
A Biblioteca é moi coñecida pola súa versión dixital, chamadaGallica. Un decreto do ano1537, que aínda segue en vigor, esixe que a Biblioteca Nacional de Francia garde un exemplar de tódalas obras que se publican en Francia. Actualmente acolle máis de 13 millóns delibros e 350 000 volumes demanuscritos, así como coleccións demapas,moedas,documentos,selos e rexistros de son.