ABiblioteca Nacional de Australia (eninglés:National Library of Australia) é a maiorbiblioteca de referencia deAustralia e atópase na súa capital, enCamberra. Tamén fai a función de depósito legal de Australia. Segundo os datos de2012 e2013, a biblioteca conta cun fondo de 6 496 772 ítems, e cunha estimación doutros 2 325 900 ítems adicionais na colección demanuscritos.
A súa fundación remóntase ao ano1901, cando se creou unha biblioteca para o Parlamento federal. Porén, foi en1960 cando foi creada a partir daNational Library Act coa finalidade de desenvolver e manter unha colección bibliográfica universal, que ten que incluír unha exhaustiva sección nacional sobre Australia e o pobo australiano.[1]
O novo edificio acabouse de construír en1968. Ademais da colección australiana e xeral, posúe unha das coleccións máis importantes sobre a civilización e aliteratura deAsia de todo ohemisferio sur.[2]