ABiblia do rei Xacobe (eninglés:King James Version,KJV, tamén coñecida comoKing James Bible,KJB) é unha tradución óinglés daBibliacristiá para aIgrexa de Inglaterra, que comezou en 1604 e foi rematada en 1611. Os libros da Biblia do rei Xacobe inclúen os 39 libros doAntigo Testamento, unha sección intertestamentaria que contén 14 libros apócrifos (a maioría dos cales correspóndense cos deuteronómicos adheridos poloscatólicos), e os 27 libros doNovo Testamento.
Foi impresa polo impresor do rei,Robert Barker, e foi a terceira tradución óinglés aprobada polas autoridades da Igrexa de Inglaterra. A primeira foi a coñecida comoGreat Bible, encargada durante o reinado deHenrique VIII (1535), e a segunda é aBishops' Bible de 1568.[1] En xaneiro de 1604,Xacobe VI e I convocou oHampton Court Conference, para concibir unha nova versión inglesa da Biblia en resposta ós problemas das traducións anteriores percibidos polospuritanos,[2] unha facción da Igrexa de Inglaterra.[3] A tradución caracterízase pola "maxestosidade de estilo", e foi descrito como un dos libros máis importantes da cultura inglesa e unha forza impulsora da configuración do mundo de fala inglesa.[4]