Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Biblia

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Podes ver exemplos de como se fainestes artigos.
Biblia
Imaxe
 Subclase de
 Título
The Holy Bible (en)
la Biblio (eo)
La Bible (fr)
Biblija (sl)
Αγία Γραφή (el)
Βίβλος (el)
Bibbia (it)
Bíblia Sagrada (pt)
Света Библија (sr)
Santa Biblia (es)
Biblia (eu)
الكتاب المقدس (ar)Editar o valor en Wikidata
 Caracterizado por
 Xénero artístico
 Forma artística
 Relixión
 Causado por
 Estudado por
Obras e produtos
 Edicións
(1933) Bibelen (1933)(en)Traducir enlingua dinamarquesa
(1917) Tradução Brasileira(pt)Traducir enlingua portuguesa
(1642) Biblia: Se on: Coco Pyhä Ramattu Suomexi(en)Traducir enlingua finesa
Elizabeth Bible(en)Traducir eneslavo eclesiástico
Russian Synodal Bible(en)Traducir enlingua rusa
Bíblia Poliglota Complutense(pt)Traducir enlingua latina
Hussite Bible(en)Traducir
Traducións da Biblia ao estoniano
Bible of Francysk Skaryna(en)Traducir enlingua rutena antiga
Louvain Bible(en)Traducir enlingua francesa
New American Bible
Bible nso̧ : nke nānagide Testament Ochie na Testament O̧hu(en)Traducir enLingua igbo
Zürich Bible(en)Traducir enlingua alemá de Suíza
Revised Standard Version
Christian Standard Bible(en)Traducir
Revised Standard Version Catholic Edition(en)Traducir
Sacred Scriptures Bethel Edition(en)Traducir
Olivétan Bible(en)Traducir enlingua francesa
Bíblia de Gustavo Vasa(pt)Traducir enlingua sueca
Bible de Genève(en)Traducir enlingua francesa
O Echternach Bíblía(pt)Traducir
Codex Argenteus enlingua gótica
Biblia sacra (XIII c.)(en)Traducir enlingua latina
A sacra Bìbbia(en)Traducir enLingua corsa,lingua francesa
La Sagrada Biblia (XV)(en)Traducir enlingua castelá
Bijbel in Gewone Taal(en)Traducir enlingua neerlandesa
La Sagrada Biblia (III)(en)Traducir enlingua castelá
London Polyglot Bible(en)Traducir
La Sagrada Biblia (XIII)(en)Traducir enlingua castelá
La Sagrada Biblia (XVI)(en)Traducir
Primeira Bíblia de Carlos, o Calvo(pt)Traducir enlingua latina
edición da Biblia
La Sagrada Biblia (XIV)(en)Traducir enlingua castelá
Bíblia católica(pt)Traducir
Lyghfield Bible(en)Traducir
Second Bible of Charles the Bald(en)Traducir enlingua latina
Bible (Makary)(en)Traducir enlingua rusa
Castellio Bible(en)Traducir enlingua francesa
Biblia Platense(en)Traducir enlingua castelá
Bible translations into Fuzhou dialect of Eastern Min(en)Traducir enLíngua fuzhou(pt)Traducir
Berean Standard Bible(en)Traducir enlingua inglesa
Kulakovs' Bible(en)Traducir enlingua rusa
Mentelin Bible(en)Traducir
Q10780058Traducir enlingua vietnamita
Fust-Schöffer Bible(en)Traducir enlingua latina
Japan Bible Society Interconfessional Version(en)Traducir enlingua xaponesa
Zürich Bible (1531)(en)Traducir enlingua alemá
King James Version - 1769 enlingua castelá
Q11084387Traducir enlingua chinesa
Q119041283Traducir enlingua checa
tradución da Biblia
Bible translations into Cree(en)Traducir
Q116536026Traducir
Prague Bible(en)Traducir enlingua checa
Y Beibl cyssegr-lan(en)Traducir enlingua galesa
Biblia interprete Sebastiano Castalione(en)Traducir enlingua latina
Slovo na cestu(en)Traducir enlingua checa
Bible (Sacy, 1855)(en)Traducir enlingua francesa
Bible translations into Sorbian(en)Traducir enbaixo sorbio
Oddur Gottskálksson's New Testament(en)Traducir enlingua islandesa
Bíblia Reina-Valera 1909(pt)Traducir enlingua castelá
Bucharest Bible(en)Traducir enlingua romanesa
Pamplona Bible(en)Traducir enlingua latina
Bible de Lefèvre d'Étaples(en)Traducir enlingua francesa
Bible (Sacy, 1789)(en)Traducir enlingua francesa
Episcopal Conference of Italy Bible(en)Traducir enlingua italiana
Codex of Mateusz Dziesiąty(en)Traducir eneslavo eclesiástico
Syriac versions of the Bible(en)Traducir enlingua siríaca
Bible Ostervald(en)Traducir enlingua francesa
Literal Standard Version(en)Traducir
Biblia Germanica(en)Traducir enlingua alemá
Korrekturbibel(en)Traducir
Elizen Arteko Biblia(en)Traducir enlingua éuscara
Bible of Calci(en)Traducir
Walton Polyglot Bible(en)Traducir
Codex of Bécs(en)Traducir
Bíblia de Kralice(pt)Traducir enlingua checa
St. Wenceslaus Catholic Bible(en)Traducir enlingua checa
Beibl (1588)(en)Traducir
Bible česká(en)Traducir enlingua checa
De apokryfiska böckerna(en)Traducir enlingua sueca
Bezděkova Bible(en)Traducir enlingua checa
Bible (Tomislav Dretar)(en)Traducir enlingua bosníaca
Dharmapustak(en)Traducir enlingua bengalí
Beibl (1620)(en)Traducir
Bíblia de Lutero(pt)Traducir enaltoxermánico protomoderno
Biblia Paulistów(en)Traducir
Biblia Ekumeniczna(en)Traducir
Bibelen (1933)(en)Traducir enlingua dinamarquesa
Poznań Bible(en)Traducir enlingua polaca
Biblia dos Setenta enJewish Koine Greek(en)Traducir
Alfred Rahlfs' edition of the Septuagint(en)Traducir enlingua grega antiga
Biblia Warszawsko-Praska(en)Traducir enlingua polaca
Bibliya(en)Traducir enLingua azerí
American Standard Version(en)Traducir
Helge Åkessons översättning(en)Traducir
Church Bible of 1917(en)Traducir
Bíblia de Wycliffe(pt)Traducir enInglés medio
Normalupplagan(en)Traducir
Charles XII Bible(en)Traducir enlingua sueca
Gustav II Adolf Bible(en)Traducir enlingua sueca
World English Bible(en)Traducir
Old English Bible translations(en)Traducir eninglés antigo
Vulgata enlingua latina
Biblia do rei Xacobe eninglés moderno temperán
Douay–Rheims Bible(en)Traducir eninglés moderno temperán
Bíblia de Tyndale(pt)Traducir
Bishops' Bible(en)Traducir enlingua inglesa
Bíblia de Coverdale(pt)Traducir enlingua inglesa
Bíblia de Estudos de Genebra(pt)Traducir enlingua inglesa
La Bible(en)Traducir enfrancés medio traducido porRaoul de Presles(pt)Traducir
Jakub Wujek Bible(en)Traducir enlingua polaca
Leopolitan Bible(en)Traducir enlingua polaca
Giant Bible of Mainz(en)Traducir
Anjou Bible(en)Traducir enlingua latina
Statenvertaling(en)Traducir
Lübeck Bible(en)Traducir enLingua baixo alemá
Moutier-Grandval Bible(en)Traducir
Lübeck Bible(en)Traducir enMiddle Low German(en)Traducir
Soncha Scrittüra(en)Traducir enlingua romanche
Bíblia Stavelot(pt)Traducir
Paris Polyglot Bible(en)Traducir enlingua hebrea
NO 1978/85(en)Traducir
Mamusse Wunneetupantamwe Um Biblum God(en)Traducir enLingua massachusett
Guðbrandsbiblía(en)Traducir enlingua islandesa
Bible of Christian III(en)Traducir enlingua dinamarquesa
Q6104615Traducir
Kutna Hora Bible(en)Traducir
Biblia Tysiąclecia enlingua polaca
Ottheinrich Bible(en)Traducir
Peshitta enlingua siríaca
Bíblia da Rainha Sofia(pt)Traducir enlingua polaca
Vetus Latina(pt)Traducir enlingua latina
New World Translation of the Holy Scriptures enmúltiples linguas
Brest Bible(en)Traducir enlingua polaca
Biblia gdańska enlingua polaca
Bible of Nieśwież(en)Traducir enlingua polaca
Bíblia siríaca de Paris(pt)Traducir enlingua siríaca
Wenceslas Bible(en)Traducir
modern English Bible translations(en)Traducir
Bíblia Leskovec-Dresden(pt)Traducir enlingua checa
Vizsoly Bible(en)Traducir enlingua húngara
Bíblia Ostrog(pt)Traducir eneslavo eclesiástico
Catalan Interconfessional Bible(en)Traducir enlingua catalá
Bible Crampon 1923(en)Traducir enlingua francesa
LDS edition of the Bible(en)Traducir
Q113838982Traducir enlingua francesaEditar o valor en Wikidata
 Ambientado en
Implicados
 Autor/a
Identificadores
VIAF174429434Editar o valor en Wikidata
Goodreads91568355Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL3845274AEditar o valor en Wikidata
Freebase/m/015j7Editar o valor en Wikidata
MeSHD001633Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Youtube: UCxnSIwTpl6iDD4ttLZoE2qAEnciclopedia Galega Universal: 86341BNE: XX4147284Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Libro daXénese nunhaBiblia de 1723.

ABiblia é olibro que ocristianismo trata como inspirado directamente porDeus. A palabra vén do grego (lingua en que foi escrito oNovo Testamento) «τα βιβλία»tà biblía, ou sexa,os libros. O plural xustifícase, xa que a Biblia non é un libro soamente, senón unha biblioteca composta de 66 libros, sendo 39 pertencentes aoAntigo Testamento e 27 aoNovo Testamento.

Historia e relevancia

[editar |editar a fonte]

A Biblia aprobada polaIgrexa católica contén 73 libros, isto é, 7 libros a máis que as Biblias non católicas. Eses son os ditos librosDeuterocanónicos, que, segundo unha perspectiva non católica, se chaman apócrifos. Os libros deuterocanónicos son os seguintes:Tobías,Xudit,I Macabeos,II Macabeos,Sabedoría,Eclesiástico (ou Sirácida) eBaruc. Posúe, ademais, adicións nos libros deEster eDaniel.

Os cristiáns consideran que estes homes escribiron a Biblia inspirados por Deus e por iso consideran que a Biblia é a Escritura Sagrada. Porén, non todos os cristiáns consideran que a Biblia debe ser interpretada de forma literal, e moitos consideran que moitos dos textos da Biblia son textosmetafóricos ou que son textos datados que tiñan sentido no tempo en que foron escritos, e que debe ser tido en conta o seu contexto para poder interpretalos correctamente.

Os cristiáns consideran que a Biblia é a Palabra deDeus, polo tanto ela é máis que só un libro, é a vontade de Deus escrita para a humanidade. Para eses cristiáns nela, e apenas nela, atópanse as respostas para os problemas da humanidade.

Á marxe das crenzas, a Biblia é un libro de gran relevancia tanto histórica como literariamente, pois nel figuran, dunha ou outra maneira, as formas de vida e o designios culturais de diversos pobos. É, por outra banda, un dos libros máis lidos, investigados e publicados en toda historia da humanidade, boa parte das linguas e dialectos existentes xa foron alcanzados polas súastraducións.

Páxina do prólogo daBiblia de Delft (1477), primeira editada enneerlandés

As linguas bíblicas

[editar |editar a fonte]

Foron utilizadas tres linguas diferentes na escrita dos diversos libros da Biblia: ohebreo, ogrego e oaramaico. En hebraico foi escrito todo oAntigo Testamento, con excepción dos libros chamadosdeuterocanónicos que se escribiron en grego, e dalgúns capítulos dolibro de Daniel, que foron redactados en aramaico. En grego, alén dos xa referidos libros deuterocanónicos do Antigo Testamento, foi escrito todo o Novo Testamento, agás unhas poucas expresións en arameo que atopamos nos evanxeos.

Debido ao seu longo proceso de elaboración, que abrangue un período duns 800 anos, o hebraico utilizado na Biblia non é todo igual. Atopamos nalgúns libros o hebraico clásico (Ex. libros de Samuel e Reis), noutros un hebraico máis rudimentario e noutros aínda, especialmente os últimos en seren escritos, un hebraico elaborado, con termos novos e influencia doutras linguas veciñas.

Pola contra, o grego do Novo Testamento que foi escrito nun período duns 70 anos, a pesar das diferenzas de estilo entre os libros, corresponde ao chamado grego Koiné, isto é, o grego común falado entón máis ou menos en todo o oriente do Imperio Romano.

As versións da Biblia

[editar |editar a fonte]

A pesar da antigüidade dos libros bíblicos, os manuscritos existentes máis antigos datan a maior parte dos séculos III-IV. Tales manuscritos son o resultado do traballo de copistas que, durante séculos, foron facendo copias dos textos, de modo que fosen transmitidos ás xeracións seguintes. Transmitido por un traballo desta natureza o texto bíblico, como é obvio, está suxeito a erros e modificacións, involuntarios ou voluntarios, dos copistas, o que se traduce na coexistencia, para un mesmo treito bíblico, de varias versións que, aínda que non afecten grandemente o contido, suscitan diversas lecturas e interpretacións dun mesmo texto.

A gran fonte hebraica para o Antigo Testamento é o chamado Texto Masorético. Trátase do texto hebraico fixado ao longo dos séculos por escolas de copistas, chamados Masoretas, que tiñan como particularidade un escrúpulo rigoroso na fidelidade da copia ao orixinal. O traballo dos masoretas, de copia e tamén de vocalización do texto hebraico (que non ten vogais, e que, por ese motivo, ao tornarse lingua morta, necesitou de as indicar por medio de sinais), prolongouse ata o séc. VIII d.C. Pola gran seriedade deste traballo, e por ter sido feito ao longo de séculos, o Texto Masorético (abreviatura: TM) é considerado a fonte máis autorizada para o texto hebraico bíblico orixinal.

No entanto, outras versións do Antigo Testamento teñen importancia, e permiten suplir as deficiencias do testo Masorético. É o caso do Pentateuco Samaritano (os samaritanos son unha comunidade étnica e relixiosa separada dos xudeus, que tiñan culto e templo propios, e que só aceptan como libros sagrados os doPentateuco), e principalmente a chamada versión dos Setenta.

ABiblia dos Setenta, ou Septuaginta (abreviatura: LXX), designa a tradución grega do Antigo Testamento, elaborada entre os séculos IV e II a.C., probabelmente no Exipto. O seu nome débese á lenda que refería ser esa tradución un resultado milagroso do traballo de 70 sabios. A versión dos LXX é a máis antiga versión do Antigo Testamento que coñecemos. A súa grande importancia provén tamén do feito de ser esa a versión da Biblia utilizada entre os cristiáns, desde o inicio, e a que é citada en gran parte do Novo Testamento.

Da versión dos LXX fan parte, alén dos libros da Biblia Hebraica, os deuterocanónicos (aceptados pola Igrexa Católica, mais non por xudeus nin protestantes), e algúns apócrifos (non aceptados como sagrados por ningunha destas relixións ou Igrexas).

ONovo Testamento, escrito en grego, atópase en moitos manuscritos, que presentan moitas variantes. Á diferenza doAntigo Testamento, non hai para o Novo Testamento unha versión á que se poida chamar, por así dicir, normativa. Hai con todo algúns manuscritos máis importantes, polas súa antigüidade ou credibilidade, e que son o alicerce daCrítica Textual.

Outra versión con importancia é a chamadaVulgata, ou sexa, a tradución latina deSan Xerome, elaborada no séc. IV-V, e que foi utilizada durante moitos séculos polas Igrexas Cristiás do occidente.

Edición en galego

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Traducións da Biblia ao galego.

TraloConcilio Vaticano II comezou a formularse a posibilidade de traducir a Biblia enlingua galega, e en 1973 o consello de administración da SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos, creada en 1966) decidiu levar a cabo o proxecto. Creouse un grupo de traballo coordinado porXosé Fernández Lago eAndrés Torres Queiruga, do que formaban parteMartín María Díaz,Xesús Ferro Ruibal,Anxo González Núñez,Emilio Losada Castiñeiras,Xosé Antón Miguélez Díaz,Francisco Pérez Santalices,Manuel Regal Ledo,Xosé Rodríguez Carballo,Xoán Carlos Rodríguez Herranz,Xosé Manuel Rodríguez Pampín eXosé Antonio Salgado Agromartín. En 1980 saíu a tradución doNovo Testamento, e a edición completa da Biblia en galego apareceu en1989, tomada directamente dohebreo,arameo e ogrego. En1990 acadou oPremio Nacional de Tradución de España[1].

No ano 2022 presentouse a cuarta edición da Biblia en galego e en 2025 inaugurouse a web abiblia.gal co contido da Biblia editada por SEPT.[2][3]

Libros da Biblia

[editar |editar a fonte]

A Biblia é un conxunto de escritos antigos. Foi composta ao longo dun período de preto de 1500 anos. No entanto, entre osexexetas cristiáns hai bastante consenso verbo da autoría e datación das obras, aínda que tamén hai diverxencias notábeis.

Os primeiros escritos do Antigo Testamento serían de arredor do ano-950, aínda que farían tamén referencia a feitos anteriores e os últimos libros serían entre os anos-100 ou1. No caso do Novo Testamento, o período de tempo foi moito máis breve, pois a primeira obra,I Tesalonicenses, é de arredor do ano40 e as derradeiras,II Carta de Pedro eApocalipse, entre os anos100 e110.

O canon foi fixado ben posteriormente, no caso do canon católico fixouse noConcilio de Trento en1512, aínda que existen teorías controvertidas, e a división en capítulos e versículos que coñecemos hoxe debeu xurdir en 1550 ou 1600 d.C. como medio para facilitar o estudo e a citación.

Antigo Testamento

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Antigo Testamento.
Pentateuco
[editar |editar a fonte]

Os cinco primeiros libros da Biblia, que os xudeus chaman aTora (Lei).

Xénese -Éxodo -Levítico -Números -Deuteronomio.

Libros Históricos
[editar |editar a fonte]

Repasan a historia de Israel desde a chegada á terra prometida ata pouco antes do nacemento de Cristo.

Xosué -Xuíces -Rut -I Samuel -II Samuel -I Reis -II Reis -I Crónicas -II Crónicas -Esdras -Nehemías -Tobías -Xudit[4] -Ester.

Libros Poéticos e Sapienciais
[editar |editar a fonte]

Oracións e reflexións dos "sabios de Israel", mestres da Lei.

Xob -Salmos -Proverbios -Eclesiastés -Cantar dos Cantares -Sabedoría -Eclesiástico.

Libros Proféticos
[editar |editar a fonte]

Recollen a mensaxe dos profetas, que desenvolveron a súa misión nos tempos das monarquías de Israel e Xudá.

Isaías -Xeremías -Lamentacións -Ezequiel -Daniel -Oseas -Xoel -Amós -Abdías -Xonás -Miqueas -Nahum -Habacuc -Sofonías -Axeo -Zacarías -Malaquías.

Novo Testamento

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Novo Testamento.

Escritos que, aínda que seguen a tradición veterotestamentaria, nacen arredor da figura e a mensaxe deXesús de Nazaret.

Evanxeos eFeitos
[editar |editar a fonte]

Vida e mensaxe de Xesús e da primeira igrexa.

Evanxeos sinópticos:Mateu -Marcos -Lucas

Evanxeo de Xoán

OsFeitos dos Apóstolos

Cartas paulinas
[editar |editar a fonte]

Cartas que teñen como autor ou son atribuídas aPaulo de Tarso.

Romanos -I Corintios -II Corintios -Gálatas -Efesios -Filipenses -Colosenses -I Tesalonicenses -II Tesalonicenses -I Timoteo -II Timoteo -Tito -Filemón

Cartas Católicas
[editar |editar a fonte]

Escritos atribuídos a outros apóstolos ou seguidores de Xesús.

Hebreos -Carta de Santiago -I Carta de San Pedro -II Carta de San Pedro -I Carta de San Xoán -II Carta de San Xoán -III Carta de San Xoán -Carta de Xudas

Literatura apocalíptica
[editar |editar a fonte]

Reflexións sobre a historia cun estilo caracterizado pola riqueza de imaxes e por unha linguaxe escura. Aínda que a literatura apocalíptica é, sobre todo, extrabíblica, tamén hai libros ou fragmentos de libros da Biblia que se adscriben a este xénero.

Apocalipse. Tamén fragmentos doLibro de Isaías e boa parte doLibro de Daniel.

Deuterocanónicos

[editar |editar a fonte]

Tobías -Xudit -I Macabeos -II Macabeos -Sabedoría -Eclesiástico -Baruc -Ester -Adicións en Daniel.

Inspiración bíblica

[editar |editar a fonte]

Na segundaepístola do apóstolo Paulo a Timoteo, (1Tim 3, 16) atópase a afirmación de que a Biblia fora inspirada por Deus.

O criterio de inclusión dun libro como parte da Biblia baséase en que se considere como inspirado por Deus.

O concepto de inspiración divina vén sendo discutido desde hai séculos. Poderíamos distinguir dous sensos:

  • Inspiración nun senso literal: o autor do libro bíblico sería pouco máis que un secretario que vai escribindo ao ditado de Deus: os feitos narrados, as leis, a valoración positiva ou negativa que se fai de persoas e acontecementos son expresión directa da vontade de Deus.
  • Inspiración en senso amplo: o autor escribe o libro segundo os seus coñecementos, a súa propia experiencia e fiel ao seu estilo literario. A inspiración divina consiste simplemente no empurrón divino que leva a escribir, se acaso aporta o contido xeral do libro, sen detalles concretos.

Esta segunda acepción casa mellor co feito de que a Biblia ten libros de estilos literarios moi distintos, coa evolución teolóxica ou moral dos libros, coas distintas posicións ideolóxicas de cada autor etc.

Historicidade da Biblia

[editar |editar a fonte]

Os asuntos narrados na Biblia parecen ser xeralmente ligados a datas e a personaxes históricos. Hai, porén, personaxes cuxa existencia real e as súas accións entran nun terreo esvaradío entre a historia e a lenda.[Cómpre referencia]

Nestes casos, a validez histórica que se lle atribúe a cada texto depende da postura de cada persoa ou grupo cristián. Por exemplo, para as principais correntes teolóxicas e de estudosos cristiáns da Biblia, as personaxes deAdán e Eva son simplemente unhas figuras literarias que serven para falar da fe nun Deus criador e para explicar a orixe do mal. Pola contra, para grupos cristiáns máis literalistas ou de corte fundamentalista, a orixe do mundo e da humanidade é tal e como relata a Biblia.

A Biblia é un texto, por riba de todo, doutrinal. A pesar de se asumir como un texto que revela directamente o coñecemento de Deus para os homes, o que é totalmente contrario á visión científica e experimental, algunhas persoas pretenden demostrar a validez das escrituras por unha suposta exactitude científica. Os textos bíblicos utilízanse ou utilizáronse para rexeitaren os datos da experiencia e as teorías científicas de científicos comoGalileo Galilei eCharles Darwin.

A interpretación da Biblia varía en cada denominación cristiá, de grupo para grupo, e de lector para lector. Por iso, entanto que para algúns movementos relixiosos e persoas en particular, o relato da Xénese sobre a creación é aceptábel ou mesmo verdadeiro - habendo mesmo unha crítica acérrima aos datos empíricos que fundamentan a teoría da evolución -, para outros, o relato é apenas un poema que acentúa o papel de Deus como creador, que non debe ser lido de forma literal mais, apenas,metafórica e adaptada ao contexto histórico en que foi escrito. A Igrexa católica, por exemplo, acepta hoxe a teoría da evolución, propondo unha interpretación metafórica do texto bíblico. Da mesma forma, hai quen defende que o relato da "paraxe" do sol, xa referida, nolibro dos Xuíces débese a un hebraísmo - unha figura de estilo do hebraico que non é traducíbel para outras linguas, ou que o ataque da Igrexa católica á teoría heliocéntrica deCopérnico e Galileo se debe apenas ao erro de interpretación da xerarquía católica.

Cronoloxía bíblica

[editar |editar a fonte]

As datas que marcamos nesta cronoloxía deben ser tomadas só como orientativas. No caso dos documentos que compoñen a Biblia, tomamos a data que os estudosos consideran como máis probábel.

SéculoHistoria UniversalHistoria de IsraelComposición da Biblia
- XIX(-1800) Primeira dinastía babilónica e primeiras referencias á cidade deNíniveAbraham e o seu clan en PalestinaEpopea de Gilgamesh (texto mesopotámico no que se inspira o relato de Noé)
- XVIII(-1750) Reinado deHammurabi enBabiloniaChegada de Xosé e o seu clan a Exipto---
- XVII(-1600) Comeza oPeríodo micénico de Grecia------
- XIII(-1279 a -1235) Reinado deRamsés II
(-1250) Crise dos hicsos en Exipto
As tribos semíticas que formarán Israel foxen de Exipto a través da península do Sinaí---
- XII(-1194 a -1163) Reinado de Ramsés III en Exipto
Establecemento dos filisteos na costa sur de Palestina
(-1104) Fundación de Gadir, a actualCádiz, polos fenicios, a primeira cidade europea da que temos constancia
As tribos de Israel constitúen unha especie de "federación". Comeza o período dos Xuíces de IsraelPrimeiras tradicións orais sobre os patriarcas e a historia de Israel, paso previo á Biblia escrita
- XIDinastía XXI en Exipto(-1030) Xaúl, primeiro rei de Israel
(-1010 a 970) David, rei de Israel
Composición dos primeiros Salmos bíblicos
- X---(-970 a -931)Salomón, rei de Israel
División de Israel entre Reino do Norte e do Sur
(-950) Tradición iavista
(-950 a -700) Libro de Rut
- VIII(-753) Fundación deRoma(-716) Reinado de Ezequías(-750) Tradición eloísta
(-740 a -700) Primeira parte do Libro de Isaías
- VII---(-640) Reinado de Ioxías, reforma relixiosa. O Templo de Xerusalén, único lugar de cultoTradición deuteronómica
Libros de Xosué, Xuíces, I e II Samuel e I e II Reis
- VI(-559 a -529)Ciro II, o Grande, rei de Persia(-587 a -539) Desterro de Babilonia
(-539) Volta do desterro, reconstrución do Templo
(-550 a -450) Redacción definitiva do Libro dos Proverbios
(-549 a -539) Segunda parte do Libro de Isaías
(-538 a -485) Terceira parte do Libro de Isaías
(-500) Tradición sacerdotal
- V(-428) Nace o filósofo gregoPlatón------
- IV(-384) Nace o filósofo gregoAristóteles
(-336) Principia o reinado deAlexandre Magno
(-333 a -332) Conquistas de Alexandre Magno desde Fenicia ata Exipto
---Composición do Eclesiastés
Versión definitiva do Libro de Xob
- III(-221) Inicio da dinastía Qin na China
(-218 a -201) Segunda Guerra Púnica,Haníbal
---Composición de 1 e 2 Crónicas, Esdras e Nehemías, Cantar dos Cantares
- II------Composición dos Salmos máis serodios, Libro de Tobías, Libro de Ester e versión definitiva do Libro de Daniel
(-190) Libro do Eclesiástico ou Sirácida
(-165) Libro de Xudit
- I(-63)Pompeio conquista Israel
(-27)César Augusto, emperador de Roma
Herodes o Grande, rei de Palestina
(-4 a -6) Nace Xesús de Nazaret
Composición do 1 e 2 Libro dos Macabeos, Libro da Sabedoría
Biblia dos LXXII, versión grega que inclúe algúns libros máis que no canon xudeu
I---Actividade pública e morte (ano 30) de Xesús de Nazaret
(70) Guerras xudaicas, o Templo de Israel é destruído
(60) Evanxeo de Marcos
(68) Durante as guerras xudaicas, os romanos destrúen a comunidade esenia de Qumrán, as covas onde viven, con gran cantidade de escritos, quedan seladas
(70) Evanxeo de Mateu
(80) Evanxeo de Lucas
II------(100 a 110) Composición da II Carta de San Pedro
XXsegunda guerra mundial
(1948) Independencia doEstado de Israel
---(1947) Descuberta das covas de Qumrán, con tódolos seus papiros e pergamiños

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Víctor Freixanes (26 de outubro de2014)."A Biblia en galego".La Voz de Galicia. 
  2. "Sae a cuarta edición da biblia en galego, con revisión lingüística".El Correo Gallego.11 de xullo de2022. 
  3. "A Biblia en galego, agora dispoñible en liña".Arquidiocese de Santiago de Compostela. 2025-06-03. Consultado o2025-06-08. 
  4. Aceptado polos católicos e ortodoxos mais non polos xudeus e protestantes

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  BibliaModificar a ligazón no Wikidata
AGalicitas posúe citas sobre:  Biblia

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Libros daBiblia
Divisións maiores
Xénese • Éxodo • Levítico • Números • Deuteronomio • Xosué • Xuíces • Rut • I eII Samuel • I eII Reis • Crónicas 1-2 • Esdras • Nehemías • Ester • Xob • Salmos • Proverbios • Eclesiastés ou Qohélet • Cantar dos Cantares • Isaías • Xeremías • Lamentacións • Ezequiel • Daniel • Oseas • Xoel • Amós • Abdías • Xonás • Miqueas • Nahum • Habacuc • Sofonías • Axeo • Zacarías • Malaquías
Católico, Ortodoxo:
Ortodoxo:
Só versiónPeshitta:
Só Coptos Etíopes:
Mateu • Marcos • Lucas • Xoán • Feitos • Romanos • I corintios • II corintios • Gálatas • Efesios • Filipenses • Colosenses • I Tesalonicenses • II Tesalonicenses • I Timoteo • II Timoteo  • Tito  • Filemón • Hebreos • Santiago • I Pedro • II Pedro • I Xoán • II Xoán • III Xoán • Xudas • Apocalipse
Canon
Máis divisións
Versións eManuscritos
Véxase tamén
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Biblia&oldid=7294657»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp