Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Bianca e Falliero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bianca e Falliero, o sia Il Consiglio dei Tre
Bianca e Falliero, ou o Consello dos Tres
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaFelice Romani
Fontes literariasAntoine-Vincent Arnault,Les Vénitiens ou Blanche et Montcassin
Estrea26 de decembro de1819
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Música
CompositorGioachino Rossini
Localización dapartituraArchivio di Casa Ricordi (Milán)
Personaxes

Bianca (soprano)
Capellio (baixo)
Contareno (tenor)
Costanza (soprano)
Falliero (contralto)
Priuli (baixo)
Pisani (tenor)
Loredano (papel falado)

Bianca e Falliero, o sia Il Consiglio dei Tre (engalego,Bianca e Falliero, ou o Consello dos Tres) é unhaópera en dous actos con música deGioachino Rossini elibreto enitaliano deFelice Romani baseado na obra deAntoine-Vincent ArnaultLes Vénitiens ou Blanche et Montcassin. Foi estreada o26 de decembro de1819 noTeatro alla Scala deMilán.

Bianca e Falliero é a ópera número 30 do catálogo rossiniano, ocupa unha posición particular, de fronteira ou punto intermedio na traxectoria do compositor: é a quinta e última do compositor para o Teatro alla Scala deMilán, teatro no que Rossini trabaxara, de xeito intermitente mais con notables resultados, dendeLa pietra del paragone de1812 aLa gazza ladra de1817, pasando porAureliano in Palmira eIl turco in Italia. A súa última achega ao repertorio do teatro milanés clausura unha etapa de oito anos (1812-1819) frenéticos, vertixinosos, de auténtica galera, durante os cales compuxo nada menos que 27 óperas dos xéneros máis diversos, innovando e experimentando coas formas, e creando un paradigma operístico que gravitou sobre a creación lírica italiana e europea ata ben avanzado oRomanticismo. Logo deBianca e Falliero, composta para a inauguración da tempada milanesa do Carnaval de 1819-1820, a nova década será testemuña dunha diminución radical do esforzo creativo de Rossini, que ata a súa retirada dos escenarios conGuillaume Tell (1829) compuxo nada máis que nove óperas (e varias delas son en realidade óperas anteriores reformadas), a unha por ano, primeiro enItalia e, logo da paréntese viaxeira de 1824, finalmente enParís.

Esquecida durante século e medio, a súa recuperación enPésaro en 1986, nunha produción de Pizzi con Horne, Ricciarelli e Merritt, gravada en disco, non supuxo un paralelo relanzamento nos escenarios internacionais similar ao que tiveron outras obras rossinianas (aínda que en Pésaro foi reposta no ano 1989), a pesar de gozar dunha edición nova discográfica por parte de Opera Rara no ano 2000. Porén, aínda poden escoitarse algúns fragmentos de cando en vez, como o cuarteto do momento cume da obraCielo, il mio labbro ispira, e se cadra a aria de sopranoDella rosa il bel Vermiglio.[1]

Esta ópera case non se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas deOperabase cunha soa representación no período 2005-2010[2].

Personaxes

[editar |editar a fonte]
PersonaxeTesituraElenco na estrea,26 de decembro de1819
(Director: -)
Bianca (filla de Contareno)sopranoViolante Camporesi
Capellio (senador)baixoGiuseppe Fioravanti
Contareno (senador)tenorClaudio Bonoldi
Costanza (enfermeira de Bianca)sopranoAdelaide Ghinzani
Falliero (xeneral deVenecia)contraltoCarolina Bassi-Manna
Priuli (dogo de Venecia)baixoAlessandro De Angeli
PisanitenorFrancesco Antonio Biscottini
Loredano (senador)papel falado
Senadores, nobres, oficiais de xustiza, soldados, serventes

Argumento

[editar |editar a fonte]

Bianca ama a Falliero, un xove xeneralveneciano, mais seu pai prometeuna a Capellio. Bianca négase a asinar o contrato de voda, mais Falliero, que a apoiou, refúxiase na Embaixada Española, rompendo a lei de Venecia. Falliero debe ser xulgado polo consello de tres que figuran no título da ópera. Capellio, pai de Falliero e outro oficiall, percibe a sinceridade de Bianca, liberando a Falliero e rematando a ópera cun final feliz.[1]

Orquestración

[editar |editar a fonte]

Apartitura de Rossini prevé a utilización de:

Para osrecitativos:

Estrutura

[editar |editar a fonte]
  • Sinfonía.

Acto I

[editar |editar a fonte]
  • 1 IntroduzioneDalle lagune adriatiche (Coro, Contareno, Capellio).
  • 2 Coro e CavatinaViva Fallier -Se per l'Adria il ferro strinsi (Falliero).
  • 3 Coro e CavatinaNegli orti di Flora -Della rosa il bel vermiglio (Bianca).
  • 4 CavatinaPensa che omai resistere (Contareno).
  • 5 DuettoSappi che un dio crudele (Bianca, Falliero).
  • 6 FinaleFausto Imene e di gioia cagione (Coro, Contareno, Capellio, Bianca, Falliero).

Acto II

[editar |editar a fonte]
  • 7 DuettoVà, crudel (Falliero, Bianca).
  • 8 DuettoNon profferir tal nome (Contareno, Bianca).
  • 9 Coro e AriaQual notte di squallore -Alma, ben mio, sì pura (Falliero).
  • 10 CavatinaTu non sai qual colpo atroce (Falliero).
  • 11 QuartettoCielo, il mio labbro inspira (Bianca, Falliero, Contareno, Capellio).
  • 12 CoroVieni, per te tremante.
  • 13 CavatinaTeco resto (Bianca).

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1La ópera de la A a la Z, Keith Anderson, Naxos p.79
  2. "estadísticas de Operabase". Arquivado dendeo orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 15 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
A Galipedia ten unportal sobre:Ópera


La cambiale di matrimonio (1810) •L'equivoco stravagante (1811) •L'inganno felice (1812) •Ciro in Babilonia (1812) •La scala di seta (1812) •Demetrio e Polibio (1812) •La pietra del paragone (1812) •L'occasione fa il ladro (1812) •Il signor Bruschino (1813) •Tancredi (1813) •L'italiana in Algeri (1813) •Aureliano in Palmira (1813) •Il turco in Italia (1814) •Sigismondo (1814) •Elisabetta, regina d'Inghilterra (1815) •Torvaldo e Dorliska (1815) •Il barbiere di Siviglia (1816) •La gazzetta (1816) •Otello (1816) •La Cenerentola (1817) •La gazza ladra (1817) •Armida (1817) •Adelaide di Borgogna (1817) •Mosè in Egitto (1818) •Ricciardo e Zoraide (1818) •Adina (1818) •Ermione (1819) •Eduardo e Cristina (1819) •La donna del lago (1819) •Bianca e Falliero (1819) •Maometto II (1820) •Matilde di Shabran (1821) •Zelmira (1822) •Semiramide (1823) •Il viaggio a Reims (1825) •Ivanhoé (1826) •Le siège de Corinthe (1826) •Moïse et Pharaon (1827) •Le comte Ory (1828) •Guillaume Tell (1829) •Robert Bruce (1846)
Gioachino Rossini
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bianca_e_Falliero&oldid=6464487»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp