Elizabeth Anne "Betty" Bloomer Warren Ford, nada enChicago (Illinois) o8 de abril de1918 e finada enRancho Mirage (California) o8 de xullo de2011, foi a esposa dopresidenteGerald Ford e exerceu comoprimeira dama dende 1974 ata 1977. Como tal, Betty Ford participou activamente en política social e estableceu precedentes como esposa presidencial politicamente activa (a revistaTime considerouna "a máis activa dendeEleanor Roosevelt"). Na opinión de varios historiadores tivo máis impacto na cultura e a historia que o seu propio marido.
Durante os anos do seu marido no cargo, mantivo un grande índice de aprobación a pesar da oposición dalgúns conservadoresrepublicanos, quen obxectaban os seus puntos de vista máis moderados e liberais en problemas sociais. Betty foi recoñecida por crear conciencia sobre ocancro de mama coa súamastectomía en 1974 e foi unha defensora apaixonada e activista pola Emenda de Igualdade de Dereitos (EID). A súa postura a favor doaborto e o seu liderado nomovemento feminista deulle fama de ser unha das máis francas primeiras damas da historia, vertendo a súa opinión en cada asunto polémico, dende o feminismo ata o sexo, pasando polas drogas.
Nada en Chicago, Illinois, como Elizabeth Anne Bloomer, era a terceira e única filla muller de William Stephenson Bloomer Sr., viaxante comercial da Royal Rubber Co., e a súa esposa Hortense Neahr. Betty tiña dous irmáns máis vellos, Robert e William Jr., e despois de vivir unha curta tempada enDenver,Colorado, a súa nenez transcorreu enGrand Rapids,Míchigan, onde se graduou de ensino medio superior.
Despois docrac de 1929, cando só tiña once anos, comezou a traballar como modelo infantil de pasarela e a ensinar a outros nenos bailes como ofoxtrot, ovalse e outros. Estudoudanza no Cala Travis Dance Studio, graduándose en 1935.
Cando cumpriu 16, o seu pai morreu por envelenamento conmonóxido de carbono, supostamente cando traballaba arranxando o automóbil familiar no garaxe. Se foi accidente ou suicidio, nunca se soubo.[1] En 1933, logo de graduarse do ensino medio, propúxose continuar os seus estudos de danza enNova York, pero a nai opúxose. En lugar diso, Betty asistiu á Escola de Danza de Bennington durante dous veráns, onde foi alumna deMartha Graham eHanya Holm.
Despois de ser aceptada porGraham como alumna, Betty mudouse ao barrio deChelsea (Manhattan) e traballou como modelo para a firma John Robert Powers con vistas a financiar os seus estudos. Uniuse á compañía auxiliar de Graham e mesmo chegou a bailar noCarnegie Hall.
A súa nai, que casara con Arthur Meigs Godwin, opúxose á súa elección e insistiu en que volvese a casa, mais Betty resistiuse. Ao final chegaron a un acordo: ela volvería á casa por seis meses, e se aínda quería regresar aNova York pasado ese tempo, a súa nai non se oporía. Betty viuse inmersa na súa vida en Grand Rapids e non regresou a Nova York. Alí converteuse en coordinadora demodas para unsgrandes almacéns locais. Tamén organizou o seu propio grupo de danza e ensinou danza en varias localidades de Grand Rapids, Míchigan. Entre aqueles aos que ensinou atopábanse nenosdiscapacitados.
En 1942 Betty casou con William C. Warren, un vendedor de mobles, a quen coñecía dende que tiña doce anos. Pouco tempo despois Warren comezou a vender seguros e a parella debeu mudarse frecuentemente por mor do seu traballo. Vivindo enToledo, Ohio, ela traballaba como demostradora nos grandes almacéns de Lasalle & Koch, un traballo que implicaba ser modelo e vendedora á vez. Non tiveron fillos e divorciáronse o 22 de setembro de 1947, sobre a base de incompatibilidade de caracteres.
O 15 de outubro de 1948, Elizabeth Bloomer Warren contraeu matrimonio conGerald R. Ford, un avogado e veterano dasegunda guerra mundial na Igrexa Episcopal de Grand Rapids, Míchigan. Naquel entón, Ford estaba en campaña para o que ía ser o primeiro dos seus trece períodos como membro daCámara de Representantes, e a voda pospúxose ata pouco antes das eleccións porque, como informouThe New York Times, "Jerry era candidato para Representante e non estaba seguro de como os votantes se sentirían ao saber que casaba cunha bailarina divorciada".[2]
Casados durante 58 anos, a parella tivo catro fillos:
O Xuíz SupremoWarren Burger toma xuramento ao VicepresidenteGerald Ford como o 38º presidente dos Estados Unidos no Salón Leste daCasa Branca mentres Betty Ford observa.
Na opinión deThe New York Times e dos historiadores presidenciais, "O impacto da Sra. Ford na culturaestadounidense pode ser amplamente maior e máis duradeiro que o do seu propio esposo, quen simplemente serviu os seus 896 días, moitos dos cales dedicou a tratar de restaurar a dignidade da oficina do Presidente". O diario continuou a describila como "un produto, un símbolo dos nosos tempos culturais e políticos... bailando obaile de cadeiras polos corredores daCasa Branca, levando unanel do humor, ou falando a través da súa radio debanda cidadá, con nome en clavePrimeira Mamá; unha ama de casa que discute apaixonadamente en favor dosdereitos da muller, unha nai de catro fillos que reflexiona sobre as drogas, oaborto e o sexo premarital en voz alta e sen miramentos".[3]
En 1975, nunha entrevista para a revistaMcCall's, Betty dixo que se lle preguntou sobre case todo, menos con que frecuencia ela e o presidente tiñan sexo. "E se mo preguntasen, diríao", dixo, engadindo que a súa resposta sería: "tan frecuentemente como é posible".[1]
O presidente e a Sra. Ford no coche presidencial, 1974Os Ford conversan coa raíñaIsabel II e oDuque de Edimburgo no comedor presidencial durante unha visita oficial en 1976
A súa mente estaba aberta aos beneficios do tratamento psiquiátrico, falaba comprensivamente do uso damarihuana e do sexo premarital, e deu a coñecer nunha xira televisada a través daCasa Branca que ela e o presidente compartían a mesma cama. Despois que Betty apareceu en60 Minutes nunha entrevista na cal discutiu coa súa candidez característica como aconsellaría a súa filla se estivese envolta nun amorío e da posibilidade de que os seus fillos estivesen a experimentar con marihuana, algúns conservadores chamárona "Non Dama" e mesmo demandaron a súa renuncia, mais o seu índice de aprobación estaba ao 75%. Como ela dixo máis tarde, despois da fracasada campaña presidencial do seu marido en 1976, "eu daría a miña vida porque Jerry tivese os meus resultados desa enquisa".[3]
Retrato oficial naCasa Branca, pintado en 1977 por Felix de Cossio
Durante o seu período naCasa Branca, Betty tamén avogou polos dereitos da muller e constituíu unha forza prominente nomovemento feminista dos Estados Unidos dos anos 70. Ela apoiaba a proposta emenda de Igualdade de Dereitos e fixo presión nas lexislaturas estatais para que ratificasen a emenda, e enfrontouse aos opoñentes da emenda. Era tamén activista pola legalización doaborto e o seu activo papel político fixo que aTime a bautizase como "Primeira Dama Combatente" e a seleccionase cono a Persoa do ano en representación da mullerestadounidense e ás súas iconas feministas. Por un tempo non estivo claro seGerald Ford compartía o punto de vista en favor do aborto da súa muller. No entanto, confesoulle ao entrevistadorLarry King que el tamén estaba a favor do aborto e que fora criticado por iso dentro das forzas conservadoras doPartido Republicano.
Semanas antes de que Betty se convertese na primeira dama, someteuse a unhamastectomía debido a uncancro de mama o 28 de setembro de 1974. A súa desinhibición acerca da enfermidade axudou a crear conciencia sobre a mesma, cousa da cal os estadounidenses eran reticentes a conversar. "Cando outras mulleres se fan esta mesma operación non sae nos titulares" díxolle aThe Times, "pero o feito de que sexa a esposa do Presidente púxoo nos titulares e puxo fronte ao público esta experiencia particular que eu estaba a vivir. Fixo que moitas mulleres se desen conta de que tamén lles podía ocorrer a elas. Estou segura de que salvei polo menos unha persoa... talvez máis". Os informes de que varias semanas despois da operación de Betty taménHappy Rockefeller, a esposa do vicepresidenteNelson Rockefeller fora operada de cancro de mama chamaron aínda máis a atención do público sobre o cancro de mama.[4]
Despois da derrota do seu esposo nas eleccións de 1976, ela pronunciou o seu discurso histórico concedendo a vitoria aJimmy Carter. Falou en nome do Presidente debido a que el perdera a voz durante os últimos días de campaña.
Nos anos posteriores áCasa Branca en 1977, Betty Ford continuou levando unha activa vida pública. Ademais de fundar oBetty Ford Center, permaneceu activa nos problemas femininos dando numerosos discursos e prestando o seu nome a organizacións de caridade para a recadación de fondos.
En 1978, a familia Ford forzouna a confrontar o seualcoholismo e a súa adicción aopioidesanalxésicos que lle foron prescritos a principios dos anos 60 por problemas cun nervio magoado. Nas súas memorias de 1987 escribiu "gustábame o alcol. Facíame sentir cálida. Adoraba as pastillas. Elas levaban a miña dor e as miñas tensións". En 1982, despois da súa recuperación, estableceu oBetty Ford Center enRancho Mirage, California, para o tratamento da dependencia química. Escribiu sobre o seu tratamento no seu libro de 1987Betty Ford - A Glad Awakening. En 2003, publicou outro libro,Healing and Hope — Six Women from the Betty Ford Center Share Their Powerful Journeys of Addiction and Recovery.
En 2005 cedeu o seu posto directivo no centro a favor da súa filla,Susan.
Continuou o seu liderado e activismo nomovemento feminista despois de que o seu período como primeira dama expirase en 1976 e continuou promovendo e apremando os políticos e as lexislaturas estatais para a aprobación da EID.
En 1977 o presidenteJimmy Carter designouna membro da Comisión Nacional para a Observación doAno Internacional da Muller. Ese mesmo ano, uniuse ás primeiras damasLady Bird Johnson eRosalynn Carter para tomar parte na Conferencia Nacional de Mulleres en Houston, Texas e contrariando a Rosalynn Carter deu o seu total apoio ao Plan de Acción Nacional da Conferencia que incluía temas controvertidos tales como a defensa doaborto, apoiar o coidado de día sufragado polo goberno estatal e apoiar o programa deacción positiva e osdereitos LGBT.
Xa en 1978 a data límite para a ratificación da EID estendeuse desde 1979 a 1982, e en 1981 a presidenta daOrganización Nacional de MulleresEleanor Smeal anunciou que Betty fora elixida para ser a presidenta da campaña pola EID e a súa conta atrás, conAlan Alda como copresidente. Ao aproximarse a data límite, Betty promoveu marchas, manifestacións, e concentracións pola Emenda de Igualdade de Dereitos con outrasfeministas como a primeira fillaMaureen Reagan, así como actores deHollywood. Betty era considerada un factor no rexuvenecemento do movemento pola EID así como unha inspiración para que as mulleres continuasen avogando por ela.[5]
Polo seu papel no Movemento de Liberación da Muller, Betty recibiu moitos eloxios da maioría dos estadounidenses e tamén críticas de parte da minoría radical, incluíndo o presidente do grupo Deteñan a EID ocongresistaR.K. Dornan.
En 2004 reafirmouse a favor doaborto e o seu apoio á decisión doTribunal Supremo no casoRoe v. Wade. Cría e apoiaba a ratificación da Emenda de Igualdade de Dereitos.
Betty Ford cos ex presidentesBush eFord o 23 de abril de 2006Betty Ford durante o funeral do seu maridoFord a finais de 2006
En 1987, a ex primeira dama someteuse a un procedementocirúrxico acorazón aberto, pero recuperouse rápido e sen complicacións. En 1991 foille outorgada aMedalla Presidencial da Liberdade polo entón presidenteGeorge H. W. Bush e a Medalla de ouro do congreso dos Estados Unidos en 1999. O 8 de maio de 2003 recibiu o prestixioso Premio Woodrow Wilson nos Ánxeles, California polo seu servizo público. Residiu en Rancho Mirage,California, e enBeaver Creek,Colorado, durante tres anos.Gerald Ford faleceu na súa casa de Rancho Mirage dunhainsuficiencia cardíaca o 26 de decembro de 2006 á idade de 93 anos. A pesar da súa avanzada idade e a súa fráxil condición física, a señora Ford viaxou a través do país e tomou parte nos funerais levados a cabo enCalifornia,Washington, D.C. eMíchigan. Foi profundamente admirada pola dignidade que mostrou á nación neses momentos.
A súa mala saúde e fraxilidade debido ás intervencións cirúrxicas en agosto do 2006 e abril do 2007 por mor de coágulos nas súas pernas, provocaron que desaparecese da vida pública nos últimos anos. Os seus problemas de saúde causaron que non puidese asistir aos funerais da súa vella amiga e ex primeira damaLady Bird Johnson en xullo do 2007. A súa fillaSusan Ford representouna nos funerais.
Viviu en Rancho Mirage ata o día da súa morte, aos 93 anos de idade, sendo unha das primeiras damas máis lonxevas, despois deBess Truman, Lady Bird Johnson eNancy Reagan.
Betty Ford Biography. Ford Library & Museum. Consultado o 29 de decembro de 2006, University of Texas.
First Lady: Elizabeth "Betty" Bloomer Ford. First Lady: Biography. American President.org. Consultado o 29 de decembro de 2006, The Rector and Visitors of the University of Virginia.
Ford, Betty. (2006). InEncyclopædia Britannica. Consultado o 29 de decembro de 2006, fromEncyclopædia Britannica Online.