Better Call Saul é unha serie de televisiónestadounidense creada porVince Gilligan ePeter Gould. É un spin-off e unha precuela da anterior serie de Gilligan,Breaking Bad. O argumento está ambientado a comezos da década de 2000 enAlbuquerque,Novo México, e conta a historia de Jimmy McGill (Bob Odenkirk), un avogado que se converte en defensor de criminais, coñecido posteriormente comoSaul Goodman. Tamén amosa o decline moral do policía retirado Mike Ehrmantraut (Jonathan Banks), quen se converte nun socio do cartel de Juárez para apoiar á súa familia. As historias de Jimmy e Mike interactúan de xeito esporádico até que as dúas liñas argumentais converxen finalmente. O primeiro episodio foi emitida orixinalmente porAMC o 8 de febreiro de 2015, estreándose cinco tempadas a continuación. A sexta e derradeira tempada, que conta con 13 episodios, estreouse o18 de abril de2022, e está prevista que remate o15 de agosto de2022.[5]