O concello de Betanzos ocupa unha extensión de 24,19 km², polo que é un dos máis pequenos da provincia. Conta con 7 parroquias. O concello encabeza aComarca de Betanzos e está situado no seu norte, onde comeza aría de Betanzos. A ambos os lados da ría, polo norte, ten os concellos deBergondo (dirección noroeste) ePaderne, (dirección nordés). Despois, Betanzos linda polo leste conCoirós, ao sueste e sur conOza-Cesuras e polo sur e oeste conAbegondo.
AN-VI atravesa Betanzos vindo deLugo cara áCoruña. Esta estrada nacional desvíase como Avenida de Castela xa en Coirós e chega ata Betanzos. A mesmaN-VI ten unha saída enSan Pedro das Viñas que a conecta con Betanzos polo oeste. Igualmente, ao centro de Betanzos chegan aAC-542, vindo doMesón do Vento, e aAC-840, vindo deMelide. Ademais, aA-641 conecta Betanzos conFerrol. A Avenida da Coruña conecta o centro de Betanzos coa N-VI ao seu paso xa porSan Pedro das Viñas. Outras estradas secundarias que atravesan Betanzos son aA-161, que sae desde San Pedro das Viñas cara a Bergondo, e aDP-0105, que pasa porMontellos vindo desdeLimiñón cara aCortiñán.
Betanzos atópase no final dunha zona de depresión fluvial, onde comeza a abrirse aría homónima, case ao nivel do mar. A vila de Betanzos levántase nun outeiro entre os ríosMendo eMandeo, antes da súa confluencia, entre os 22 e 35 metros de altitude. A pendente das abas dos montes arredor destes ríos acentúase canto máis se achegan á vila. Con todo, a máxima altitude no concello non supera os 160 metros. EnTiobre,Requián ouBrabío acádanse os puntos máis altos, que están entre os 140 e 160 m. EnPiadela, en dirección ao encoro, descende tamén a pendente ata chegar aos 40 metros.
Saída do concello cara a Santiago pasando a ponte de Beldoña, que uneGuiliade, Piadela conBeldoña.
Está atravesado polos ríosMandeo,Mendo eMero. No propio centro de Betanzos xúntanse estes dous ríos Mandeo e Mendo para formar a cabeceira daría de Betanzos. Un rego, o de Carañas, descende de Tiobre ata o Mandeo, xa preto da confluencia deste co Mendo.
Orío Mero fai de linde de Betanzos, enPiadela, conAbegondo. Ese río chega á cabeceira do encoro en termos municipais, que ten unha parte da cabeceira leste do encoro.
Betanzos atópase naserie de Ordes, no complexo paraautóctono dazona de Galicia-Trás-os-Montes. A área que abrangue está formada por grauvacas e metapelitas formadas entre oNeoproterozoico e oPaleozoico. Nalgunha pequena área de Requián e Brabío aparecen grafoneis. En pequenas áreas que seguen un patrón de norte a sur desde Tiobre, a Betanzos e Brabío, aparecenanfibolitas.[6]
A zona de esteiro daría de Betanzos que se atopa dentro do concello é unhamarisma formada sobre dun recheo doHoloceno nas cuncas fluviais dos ríos Mendo e Mandeo.[6]
A poboación de Betanzos no2017 era de 12.941 habitantes, dos cales 6.805 eran mulleres e 6.136 homes. O concello ten unha alta densidade de poboación (420,71 hab./km²) debido ao seu pequeno tamaño. O 78,7% da poboación atópase enBetanzos, que é o núcleo urbano do concello. Despois de Betanzos, as maiores poboacións son as dePiadela eRequián.[7]
Entre1900 e1920 experimentou un leve descenso de poboación, rexistrándose nos anos vinte o seu mínimo (8.709 habitantes). Entre 1920 e1950 tivo lugar a fase de maior crecemento, aínda que dende esta última década ata1970 se produciu un novo retroceso demográfico.
Desde o ano1970 xurdiu unha recuperación de efectivos motivada por unha nova reorientación das actividades agrarias e un incremento das funcións urbanas. Entre1991 e2009 o incremento da poboación foi dun 14,67%. O saldo vexetativo era xa practicamente cero no período1979-1983, con taxas de natalidade e mortalidade ao redor de 10 por mil. Nas últimas dúas décadas a mortalidade ascendeu e a poboación diminuíu lixeiramente. Nos últimos anos a taxa de natalidade diminuíu, mentres que a de mortalidade aumentou. Contra2011 a primeira era dun 9,9 por mil e a segunda elevábase a un 11,4 por mil. A proporción de mozos menores de 16 anos representaba en 2013 un 13,25%, a de entre 16 e 64 anos un 64,22% e a de 65 anos en diante un 22,53%. Así mesmo, existían 91 homes por cada 100 mulleres.
Existen indicios de asentamentoscastrexos en Betanzos. A ocupación desta aparece documentada coa chegada doImperio Romano. Nesta época o núcleo principal de poboación que recibía o nome da cidade (Betanzos o Vello) emprazábase enSan Martiño de Tiobre, cuxa igrexa matriz consagrou o arcebispoDiego Xelmírez.
En1219 o reiAfonso IX aprobou o traslado da xente que residía no lugar de Tiobre, o "Betanzos O Vello" ao lugar docastro de Untia. Como relatou o rei na orde de creación da vila, fíxoo por petición popular:ad instantiam et pettitionem habitatorum.[1] Esa petición viría polas frontes de incursión denormandos ao mando deHorrich ou do propio reiOlaf en1015. A nova cidade levantouse arredor da área que vai desde a actual praza de Galicia ata amosteiro de San Francisco. Nese período oCastro de Untia era doMosteiro de Sobrado e os residentes tíñanlle que facer unha paga da cuarta parte do producido ou pescado na vila, e dar en propiedade a metade das capelas construídas. En1232 chegouFernando III o Santo, vido deSobrado, e asentouse na vila de Betanzos.
En1295 Betanzos asinou enValladolid con outras vilas e cidades (comoLugo,León,Zamora,Astorga,Ribadesella,Oviedo,Salamanca ouViveiro) un acordo de irmandade para negartributos forzados e apoiarse mutuamente. Nese acordo non participaron cidades comoTui,Compostela ouA Coruña. De feito, nese século as disputas polosportos e a descarga de mercadoría comosal ouviño foi motivo de confrontación coa cidade da Coruña, chegando a ser mediado polo reiAfonso X. Ese rei prohibiría a súa descarga no porto de Betanzos. Nese século e o seguinte, Betanzos viviría enfrontamentos coa armadaportuguesa einglesa, polos seus ataques.[1]
En1465 o reiHenrique IV deulle a Betanzos o título decidade, en gratitude dos servizos prestados a el, e en1467 os permisos dunha feira franca anual dun mes de duración. Faino pola posición da vila "no levantamento e irmandade de fixestes coas outras cidades, vilas e lugares e fortalezas do meuReino de Galicia, do que fostes causa e principio por servizo meu".[1]
Nesesséculos XIV eXV Betanzos viviu o seu maior esplendor, coa creación degremios e confrarías e o aumento dasfidalguías. Nese período no que aumentou, tamén en extensión, estivo baixo o amparo da dinastía dosTrastámara.[9] Noséculo XIV é cando se constrúen os principais conventos e igrexas grazas ao mecenado deFernán Pérez de Andrade "O Boo" ou se reconstrúen asigrexas de Santa María e Santiago.[10] Así mesmo, nese período chegou a ter tres hospitais de peregrinos, como o do Espírito Santo, o de San Bartolomeu ou o hospital de San Lázaro paraleprosos.[9]
Un texto deOrdoño II de911, falando do mosteiro de San Salvador deCis, relata como paso do camiño compostelá polo castroXanrozo, enRequián, despois de pasar pola ponte deBeldoña.Afonso V tamén o cita en1020 ao demarcar un coto do mosteiro de San Estevo de Piadela, nas beiras do río Mero eLimiñón. Outras documentacións de1160 e1168 describen como o camiño baixaba cara a ponte das Cascas, a beira do que primeiro foi o mosteiro de San Paio de Xeronzo e logo o de Santa María das Donas, para logo pasar pola Porta da Vila.[9][10]
Betanzos xogou un papel central naGran Guerra Irmandiña. Líderes da Irmandade comoAfonso de Lanzós ouJoan Branco foron naturais da cidade. Precisamente, en1465Henrique IV concedeu á poboación o título de cidade, e en1467 permitiulle a celebración dunha feira franca anual grazas á mediación de Joan Branco. Grazas a este capitánirmandiño a cidade de Betanzos recuperou o seu voto nas Cortes.
Anos máis tarde, na reorganización territorial dos seus reinos, osReis Católicos dividiron a antigaprovincia de Betanzos en dúas, creando a daCoruña e mantendo aBetanzos como capital de provincia, na que foi a época de maior esplendor da cidade. Ata algún ano entre1533 ou1552 ambas as dúas cidades compartíancorrixidor e eran da mesma provincia.[11]
Mapa de Betanzos que representa a incidencia do incendio, 1616.
A cidade de Betanzos sufriu o verán de1569 e o 18 de setembro de1616 dous importantes incendios.[1][12] Nese último incendio arderon 262 edificios, entre os cales estaban variospazos, o hospital de San Cristovo, o convento de San Francisco e aigrexa de Santa María do Azougue.[1] Diferentes sectores da cidade mobilizáronse para obter as concesións das reconstrucións e refacela.[2][13]
Eses dous incendios afectaron ao importante sector de fornos, que foron arredor de dez, e que abastecían ás case duascentaspanadarías da cidade. A produción dos fornos foi desde oséculo XIII ata oséculo XVII de importancia na cidade, xa que abastecía, entre outros, ao exército e a armada na Coruña.[2]
En1734 creáronse rexementos demilicias provinciais e a Betanzos asignóuselle unha, que durou ata o1841.[1] O 10 de xaneiro de1809 entraron en Betanzos astropas inglesas de cara a Coruña a embarcar no porto. A noite anterior ao seu paso por Betanzos evacuouse a xente da cidade e desfixeron as pontes das Cascas e a Nova para evitar a incursión do exército.[1]
O inicio da época industrial en Betanzos comezou coa instalación de fábricas de curtido decoiro a finais doséculo XVIII. Con ese material elaborábanse calzados ou distribuíase desde portos como o da Coruña cara ásAméricas.[14][15] O decaemento da cidade posterior a este período veríase revitalizado, entre outros, coa chegada doferrocarril a principios doséculo XX . Nesa liña cabe resaltar o legado dos legado dosirmáns García Naveira na cidade entre osséculos XIX-XX. Trala súa volta de migración naArxentina fomentaron as construcións da casa do pobo, as escolas de San Francisco e o Asilo de García Naveira, o sanatorio de San Miguel, o lavadoiro das Cascas e mesmo oparque do Pasatempo.
Estatua dos irmáns García Naveira na praza principal do concello.
Dous irmáns labradores,Juan e Jesús, nados na Ribeira de Betanzos en1849 e1853, convertéronse en empresarios naArxentina, despois de migrar para alí en1870. Adicáronse na emigración a banca e a conselleiros de diferentes empresas. Tralo seu retorno a Betanzos en1893, os dous irmáns García Naveira involucráronse en paliar a pobreza e a darlle servizos á cidade. Chegaron a crear unha fundación para iso en1908. Fomentaron a creación de escolas, como aXesús García Naveira, asilos e refuxios para discapacitados, como o asiloGarcía Irmáns, melloraron sanatorios, como o de San Miguel e mesmo crearonsindicatos. Entre as obras que financiaron destacan o lavadoiro público das Cascas e oParque do Pasatempo.[16]
A praza co seu nome e a estatua dos Irmáns García Naveira no centro de Betanzos conmemoran o seu legado na cidade.
O berce dasIrmandades da Fala, que estivo na Coruña, tivo a persoeiros nados en Betanzos, comoXil Casares, involucrados nel. En1917 as irmandades foron ampliando os seus lugares e crearon un grupo betanceiro liderado por Vales Villamarín. Así, nun pregón que fixeron no seu ano de constitución local poxaron pologaleguismo e pola loita no seu discurso de presentación. Anteriormente, cabe destacar que no Palco da MúsicaManuel Lugrís Freire pronunciara en1907 o primeiro discurso público integramente enlingua galega. O novo grupo betanceiro participou noutros movementos comarcais e nosxogos florais de1918, nasfestas do San Roque, onde se alzan na defensa da lingua. Desde ese momento bateron en disputas en diversos actos, como coros ou actividades literarias. As irmandades betanceiras reorganizáronse e combateron pola identidade perante o Concello, e sobreviviron ata1921. A comunidade local foise desligando ou batendo en conflito coas posicións das irmandades nas súas xuntanzas, como a do1922 enMonforte, inda que seguiu o seu paso e remataría afirmándose comoIrmandade Nazonalista Galega ese ano. Desde o1922 editaron a revistaRexurdimento e perduraron ata1930, con esa pausa de sete anos por mor daditadura entre medias.[17]
O topónimoBetanzos aparece para o actual lugar deBetanzos "O Vello", enTiobre. Coa creación da vila en1219 ese topónimo empregouse como substituto do nome doCastro de Untia, o castro onde se construíu a nova vila.Betanzos xorde do nome do pobo ou do lugar de residencia dos"Betantios" ou "Betancios". Esexentilicio ouetnónimo (o nome dun pobo ou etnia) é de orixecelta e faría referencia á figura dun deus ou dun persoeiro chamado "Beto" ou"Bito". A raíz dese nome do pobo estaría no termo celta*bitu, que significa "mundo".[18][19][20][21][22] e tería aparecido antes doséculo III. Antes xa se tivera proposto a orixe no termocelta"briga",[23][24] inda que tamén o romano "habitancium" co significado de lugar onde se vive.[25][26][24]
O anterior topónimo de "Unctia" podería significar ou ben unha poboación onde se atopaauga de calidade ou ben "bubas", ganglios infartados.[26]
Nalgúns textos históricos a vila de Betanzos identificouse conFlavium Brigantium,Brigantium; un lugar na mariña coruñesa que se citou en obras romanas como oitinerario de Antonino. Porén, eseBrigantium ouBracantia realmente facía referencia á actual cidade daCoruña.[19][27]
Betanzos destaca en particular polo conxunto histórico e artístico que forman a cidade construída no antigoCastro de Untia. A cidade está amurallada, conta con catro portas de entrada e un patrimonio arquitectónico civil e relixioso no seu interior o cal máis do 28% está catalogado e protexido.[28] Este conxunto pódese considerar como acapital do Gótico de Galicia.[9][28]
Castro de Untia, no centro histórico deBetanzos, entre a casa consistorial ou o Pazo de Bendaña. Foi oval, con aterramentos marcados e coa actual rúa travesa sobre do antecastro.
No caso histórico de Betanzos destacan os seguintes monumentos[16][29][30][31]:
Casas de Fonte de Unta. Son as casas tradicionais de agricultores atópase no barrio dese nome, aos pés do casto histórico de Betanzos. Son casas con balcóns de madeira e con soportais. Os balcóns servían para funcións como a seca domaínzo.
Asmurallas da cidade, construídas no século XV.
AsPortas do Hórreo, a doArco da Ribeira ou do Cristo, a doArco da Ponte Nova eArco da Ponte Vella. Son as portas de estilo gótico que dan paso ao centro histórico de Betanzos e que se construíron no século XV. A porta do Hórreo derrubouse bo século XVIII.
Ascasas góticas da rúa da Cerca, dos século XV (número 5, en ruínas) e XVI (número 9).
Pazo eTorre de Lanzós. Este pazo construíuse entre1620 e1625 e foi modificado no século XVII e XVIII e atópase no centro histórico. Ten unha torre nun lateral e a fachada do pazo ten un balcón e unha porta principal rectilínea. Nesta loce o brasón doConde de Maceda.
Pazo de Bendaña, na Praza da Constitución.
Pazo de Bendaña. Pazo do século XV con reformas dos séculos XVI-XVII.
Torre do Reloxo. Esta torre atópase nun lateral da Igrexa de Santiago, no centro histórico, e data do século XVI.
Pazo dos Condes de Taboada. É un edificio neoclásico e sinxelo de1805 que se atópase no centro histórico.
ACasa da Pescadería. É o actual hostal de peregrinos do camiño inglés de Santiago e atópase no centro histórico .
ACasa consistorial. É de estiloneoclásico e construíuse durante o século XIX no centro histórico.
Hospital deSan Antonio de Padua, que é o actual edificio de xulgados de Betanzos. É un edificio neoclásico que se construíu en1674 e que conta cun claustro interior. A súa construción foi co obxectivo de servir como albergue a mendigos e peregrinos do camiño inglés.
Cása Núñez, na Praza da Constitución.
Arquivo do Reino de Galicia, o actual "Liceo". Este edificio neoclásico data do século XVIII como arquivo doReino de Galicia. Arestora emprégase como edificio do concello.
ABiblioteca Municipal ou Antigo Colexio de Orfas. É un edificio barroco do século XVIII que se construíu como colexio e que agora alberga un centro para a terceira idade.
Edificio doAsilo Manuel Naveira, que é a actual Escola García Naveira. Atópase ao lado da Igrexa de San Francisco e construíuse en1917 no centro histórico seguindo un estilo con toques debarroco galego, modernismo con decoracións arabistas.
EdificioColexio de Orfas. Este edificio neoclásico construíuse en1780 na praza de García Naveira. Loce unbrasón da cidade con dous pináculos darredor.
ACasa do Pobo. É un edificio modernista de1918 do centro histórico.
ACasa Pita. É un edificio modernista de1906 do centro histórico.
Opalco da música. Atópase na praza de García Naveira, seguindo un estilomodernista, e construíuse en1928.
AFonte de Diana. Esta fonte atópase na praza de García Naveira e representa a Diana de Versalles. Construíuse en1866.
OMatadeiro Municipal. Construíuse no século XIX con esa función, pero durou pouco tempo como matadoiro.
Olavadoiro público das Cascas, norío Mendo preto da ponte Nova.
APonte vella das Cascas, que dá entrada a vila desdeInfesta ouOza dos Ríos e loce un brasón de Betanzos. Xa estaba construída en1200.
Parque do pasatempo.
Nas inmediacións de Betanzos destaca oparque do Pasatempo. Ese parque construíunoXoán García Naveira entre1893 e o1895 despois de volver da súa emigración naArxentina. A súa finalidade foi a de crear un parque didáctico, como se fose unha enciclopedia.[16][30]
Fóra do centro histórico, noutros lugares de Betanzos pódense resaltar[29][30][31]:
Pazo de Piadela, de 1728. Atópase enPiadela e foi construído polo arcebispo de Compostela Xoán Sánchez Baamonde.
Igrexa de Santo Domingo eConvento de San Domingos. Ao chegar os dominicos a Betanzos pola orde do presbítero presbítero González de Sosa, construíron esta igrexa e convento nun lugar doado no século XVI, e fóronos completando ata o século XVIII. No século XVII ampliouse coas capelas das Ánimas, do Rosario e da Soidade. A igrexa e convento seguen un estilo renacentista e barroco. Coadesamortización de Mendizábal de 1835, os freires son expulsados, pasa a ser de propiedade pública, e deixa de ser un convento. Arestora alberga o arquivo, biblioteca, oMuseo das Mariñas e a oficina da mocidade.
Santuario da Nosa Señora dos Remedios ou do Camiño.
Fóra da vila betanceira, destaca entre o patrimonio as igrexas románicas de San Martiño deBrabío (Século XII), Santa María dePontellas (con elementos barrocos, do século XIII) e a deTiobre (século XII). Ademais, oSantuario da Nosa Señora dos Remedios, que está en Tiobre e é doséculo XVI, obra deJuan de Herrera. Outras a destacar son as posteriores de estilo barroco, como a igrexa de Piadela (século XVI) co seu pazo do século XVIII, a igrexa deRequián (século XVI-XVIII), o santuario das Angustias (século XVIII) e a igrexa dePiadela. Destaca tamén a Capela da Madalena, nasAngustias deSan Pedro das Viñas, que data do século XVIII.[29][31]
En Betanzos publícase oAnuario Brigantino, publicación local fundada en1948 de difusión cultural de calidade e prestixio recoñecido. A súa saída preséntase cada ano coma un importante acontecemento social da cidade.
Ocamiño inglés deSantiago de Compostela entra porSan Martiño de Tiobre, onde se atopa opazo do Barral, despois de pasar aPonte do Porco eMontecelo, Paderne. Desde Tiobre continúa baixando ata aSeñora dos Remedios. Nesa última baixada pásase a ponte sobre do río Mandeo e éntrase na cidade polo arco da Ponte Vella. A entrada no centro histórico faise pola Porta Vella e pola rúa de Prateiros, despois de chegar á praza de García Irmáns. Desde alí pódese subir a rúa do Castro cara a praza da Constitución, o antigo castro de Untia. De Betanzos sáese pola Porta da Vila e praza de García Irmáns cara ás Cascas. Xa nas Cascas camiño segue o río Mendo e diríxese cara aXanrozo ata entrar enLimiñón, Abegondo.[33][34]
Museo das Mariñas: museo etnográfico e histórico inaugurado en1983, ocupando o antigo convento de Santo Domingo. Acolle ao arquivo e biblioteca municipais. Conta cunha sección de etnografía, do traxe e da historia de Galicia e Betanzos.[41] Destacan a súa colección de escultura funeraria medieval, con diversossartegos e laudas; oApostolado, da escola deRubens; a sala destinada ás antigas escolas dosirmáns García Naveira; e a sección dotraxe galego.[42]
Biblioteca Municipal A. Castelao de Betanzos, inaugurada en 1946 e premiada no ano 2023 co Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia. Comparte instalacións co Museo das Mariñas e co Arquivo Municipal de Betanzos.
O Conservatorio municipal de música, que leva o nome do compositor betanceiroCarlos López García-Picos.
En canto a centros sociais hai un en Infesta e outro, cun espazo deportivo, en Piadela.
A súa economía está baseada fundamentalmente nos servizos. Betanzos é un centro administrativo e xurídico da comarca que leva o seu nome, baseando o seu crecemento no comercio, a banca, a cultura e o turismo. Betanzos, como cabeceira de comarca e pola súa situación xeográfica e clima, é unha terra con sona pola calidade dos seus produtos da terra.
Un dos produtos tradicionais de Betanzos é oviño, e arestora está declarado como deinterese xeográfico. Cultívase en pequenas explotacións ás beiras dosríos Mandeo eMendo. O viño de Betanzos é principalmente comercializado na localidade por pequenasadegas. Ademais, en Betanzos tivo a súa sede a sociedade española para o cultivo dolúpulo, que se introduciu a principios doséculo XX e chegou a ter un importante impacto económico.[48][49][50] O lúpulo era principalmente mercado pola empresaHijos de Rivera e dáballe á cervexaEstrella Galicia o seu sabor amargo característico. Hoxe a produción agrícola esta baseada en pequenas hortas. Son unha axuda á economía local e das feiras.
Desde o punto de vista industrial, a cidade converteuse, pola súa situación estratéxica, en centro loxístico dalgunhas das empresas de transportes ou abastecementos alimenticios relevantes na zona. No polígono de Piadela ten a súa sedeGadisa.
Betanzos é un nó de comunicacións, está situado ao fondo daría de Betanzos, grazas a comunicación daN-VI e a Autoestrada do NoroesteA-6. Ata a construción daPonte do Pedrido e daPonte da ría de Betanzos era lugar de paso obrigado nas comunicacións por estrada entreFerrol eA Coruña. As súas estacións de tren, en Infesta e a da Cidade, tiveron unha importante historia na comunicación entre A Coruña e Ferrol e conMonforte de Lemos.
Aría e parte dos ríosMandeo eMendo son navegables, o cal ten unha certa repercusión como espazo de lecer e económico.
Ademais, unha parte da cabeceira do ZECEncoro de Abegondo - Cecebre está dentro do concello, que é unha parte da parroquia de Piadela. Esta zona do encoro é unha das áreas de maior interese de conservación e que destaca polos seus bosques aluviais, brañas e prados de ribeira arredor dorío Mero.[52]
Un espazo natural de interese é orío Pelamios, un río que conflúe co Mandeo preto de Betanzos. Ese treito de ribeira contén dezanovemuíños de maquía.[55]
Ademais, a ruta que vai desde a ponte vella de Betanzos ata o campo dos Caneiros segue o un treito de ribeira do Mandeo de interese. Ese percorrido é o tradicional na festa con ese mesmo nome, a dos Caneiros.[55]
Os servizos municipais de Betanzos contan cun polideportivo, un pavillón polideportivo, unha piscina cuberta e outra descuberta. As escolas municipais forman enatletismo,karate,ciclismo,fútbol,taekwondo ou deportes náuticos, entre outros. Destaca tamén as instalacións como as doClub Náutico Ría de Betanzos.
En varias parroquias de Betanzos existen campos polideportivos e de fútbol, como o do Carregal ou o municipalGarcía Hermanos enBetanzos.
↑A peculiaridade do incendio de 1616 é que figura amplamente testemuñado baixo un informe do mesmo o título "Averiguación y más diligencias hechas en razón del incendio de la ciudad de Betanzos por el dor Johan Carnero do Vilar, abogado de la Real Audiencia de este reino y juez de comisión para la dicha averiguación nombrado" que figura noArquivo Histórico Nacional. Ese informe veu acompañado dun deseño realizado sobre a incidencia do incendio na cidade para que o goberno deFilipe III, polo que cabe comprender a gravidade do mesmo e que se lle concedese un beneficio fiscal á cidade.
↑Alonso Ávila, Ángeles (1999 páxinas = 848). Secretariado de Publicaciones e Intercambio Editorial, Universidad de Valladolid, eds.Homenaje al profesor Montenegro: estudios de historia antigua.ISBN84-7762-985-4.En un trabajo posterior ya se hablaba de un radicalBet- de probable origen ibérico y que estaría presente en otros hidrónimos y topónimos peninsularesBaetis, Betán, Betanzos...
↑Cabeza Quiles, F. (1992).Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.