Berlín[1][2] (enalemán: Berlin, [bɛɐ̯ˈliːn] (AFI), escoitar) é acapital e un dos dezaseisestados deAlemaña. Cunha poboación de 3,4 millóns nos límites do concello, Berlín é a meirande cidade do país xermano. Constitúe a maior cidade daUE e a novena maior área metropolitana. Berlín atópase no nordeste do país, e constitúe o centro da área metropolitana Berlín-Brandeburgo, fogar de máis de 5 millóns de persoas de máis de 190 nacionalidades.[3][4]
Algúns séculos antes da era actual, a zona onde hoxe se sitúa Berlín comezou a ser habitada por diversas tribos que se estabeleceron nas marxes dos ríosSpree eHavel. No século VI, diversas tribos eslavas construíron fortificacións nas actuais zonas suburbanas deSpandau eKöpenick. Por volta do século XI, Albrecht, guerreiro saxón daCasa dos Ascanios, derrota as tribos eslavas e convértese no primeiro Markgraf (conde) deBrandeburgo. Por esa altura, estabelecéronse, nas marxes do ríoSpree, inmigrantes doutras rexións, especialmente do val doRin e daFranconia.[8][9]
O primeiro documento histórico berlinense remonta a1237, aludindo ás poboacións de Cölln e Berlín, situadas en cada unha das marxes do ríoSpree, envolvendo o local onde hoxe se sitúa Nikolaiviertel. As dúas localidades aliáranse en1307, constituíndo un só municipio.[8][10]
Coa morte, en 1319, do último gobernante ascanio, Brandeburgo foi disputado polas casas deLuxemburgo e Wittelsbach, o que orixinou loitas sanguiñolentas. En1414, os habitantes de Berlín, cansados de tanto sufrimento, solicitaron o auxilio do emperador do SacroImperio Romano que lles enviou, como protector, a Friedrich von Hohenzollern, dando orixe a 500 anos de dominio da Casa de Hohenzollern.[11]
En1432, Cölln e Berlín consolidan a alianza de1307, unificándose formalmente. En1486 converteuse na sede do electorado de Brandeburgo.
Coa subida, en1640, de Friedrich Wilhelm von Hohenzollern ao trono de Brandeburgo, a cidade de Berlín desenvolveuse enormemente, tanto en extensión como en cantidade de habitantes, atixindo, no final do século XVII, o número de 20 000. Na segunda metade dese século fortificouse Berlín, guindouse coa canle ligando os ríosSpree eOder, plantáronse tilias na Unter den Linden - hoxe unha das máis importantes arterias da cidade, en cuxo extremo poñente se sitúa o máis coñecido monumento de Berlín: aPorta de Brandeburgo.[12]
No inicio do século XVIII, Frederich III, sucesor de Friedrich von Hohenzollen, transforma Bradenburgo nun reino, e el é corado como Friedrich I de Prusia. Berlín pasa, entón, á categoría de capital prusiana, vendo nacer as Academias de Belas Artes e da Ciencia. Impoñentes edificios xorden por todos os lados, sendo de destacar a Zeughaus e o castelo de Verán (Charlottenburg).
No tempo de Friedrich Wilhelm I, fillo de Friedrich I, a poboación de Berlín acadaba os 90 000 habitantes. O rei seguinte, Friedrich II, transformou Berlín nunha cidade cultural. Cando na súa morte, nos finais do século XVIII, a poboación de Berlín atinguía os 150 000 habitantes.[13]
No inicio do século seguinte,Napoleón Bonaparte vence ós prusianos, ocupa Berlín e leva paraParís a cuadriga que está enriba daPorta de Brandeburgo, orgullo da cidade. Coa derrota de Napoleón, a cuadriga volta a ser colocada no mesmo local, con gran xúbilo da poboación. Iníciase, nesta época, a industrialización de Berlín: xorde unha fábrica de locomotoras en1837 e, no ano seguinte, inaugúrase a liña ferroviaria entre a capital ePotsdam. Berlín énchese de edificios grandiosamente concibidos, na maior parte, por Karl Friedrich Schinkel. En1850 Berlín xa tiña 300 000 habitantes.
En1861,Otto von Bismarck , ó ser nomeado chanceler, principia, a partir de1864, unha política para colocarPrusia á cabeza de todos os estados de lingua alemá en detrimento deAustria. Para o efecto, Prusia declarou, sucesivamente, guerra áDinamarca,Austria eFrancia, asumindo o control deSchleswig-Holstein, da Confederación do Norte daAlemaña (asociación que englobaba 22 estados e cidades libres) e das provincias deAlsacia e deLorena. O18 de xaneiro de1871,Bismark proclama un Imperio Alemán, tendo por capital Berlín e Guillerme como emperador (káiser). A abolición das barreiras comerciais e as indemnizacións pagadas porFrancia, permitiron un enorme desenvolvemento industrial, co conseguinte aumento da poboación da cidade de Berlín e unha melloría significativa das infraestruturas urbanas: novo sistema de sumidoiros (1876), iluminación eléctrica (1879) e instalación de teléfonos e da primeira liña férrea urbana (1881).
O 30 de xaneiro de1933,Adolf Hitler foi nomeado chanceler, iniciado, coa invasión dePolonia, a1 de setembro de1939, asegunda guerra mundial que se estendería ata1945, altura en que aAlemaña perde a contenda e Berlín é invadida polas tropas soviéticas. A partir de1940, Berlín sufriu numerosos bombardeos, especialmente no último ano da guerra, tendo a maioría dos edificios ficado en ruínas. Logo do fin da guerra, as tropas americanas, británicas, francesas e soviéticas, reunidas enPotsdam, dividen a cidade en catro sectores.
En1949 nace, nos territorios controlados polos soviéticos, aRepública Democrática Alemá, tendo por capital a zona oriental de Berlín. Os restantes sectores de Berlín fican, así, a constituír un enclave dentro do territorio da RDA. Para evitar a fuga dos berlineses para os sectores occidentais, o goberno comunista construíu, en1961, un muro con preto de 150 km de extensión, envolvendo os restantes sectores. Quen tentase ultrapasalo, era inmediatamente morto.
A partir de1989, as mudanzas políticas que ocorren na Europa Occidental levaran á queda do muro de Berlín e á abertura das fronteiras entre a RDA e o restante territorio da Alemaña (RFA).
En1990, a Alemaña reunifícase e Berlín volta a ser a capital, sucedendo aBonn, capital alemá dende os finais da segunda guerra mundial. De entón para acó, a cidade vén sufrindo unha completa transformación urbanística, coa reconstrución e rehabilitación de edificios históricos e a edificación de novos barrios, aproveitando especialmente as zonas anteriormente ocupadas polo Muro.
Berlín rexorde, actualmente, en toda a súa imponencia, podendo ser considerada unha das máis belas cidades europeas.
Logo da reunificación en1990, importantes subvencións anteriormente recibidas polo Berlín Oeste foron eliminándose paseniñamente. A base industrial da antiga Berlín Leste diminuíu dramaticamente nunha soa década, dando lugar a unha taxa de desemprego de case o 20% e ao estancamento das taxas de crecemento doPIB ata o2005. En2006, o PIB nominal de Berlín experimentou unha taxa de crecemento do 1,5% (2,7% enAlemaña). Dende entón, a taxa de desemprego diminuíu de xeito constante ata chegar ao 14,1% (Nov/2007), sendo aínda moi superior á media alemá (8,4%/Set/2007), e á da UE (6,7%/Ago/2007).[14][15]
Das trinta empresas que conforman o índice alemánDAX, sóSiemens AG ten a súa sede en Berlín. Entre os 20 maiores patronos en Berlín están a empresa ferroviariaDeutsche Bahn (DB), a empresa do hospital Charité, a empresa local de transporte públicoBVG, o provedor de servizos Dussmann e Piepenbrock. BayerSchering Pharma e Berlín Chemie son grandes compañías farmacéuticas con sede na cidade.[16]
Berlín Adlershof é un dos 15 maiores parques tecnolóxicos en todo o mundo. A investigación e o desenvolvemento revisten suma importancia económica, e arexión Berlín-Brandeburgo sitúase entre as tres principaisrexións innovadoras na UE.[17][18]
O crecente sector turístico abrangue 581 hoteis con 87.800 camas e ao redor de 15,9 millóns de pernoctacións, facendo de Berlín a terceira cidade máis visitada naUnión Europea.[19]
OMuro de Berlín: Aínda perduran algúns tramos desta construción que dividiu non só a cidade de Berlín, senón tamén o mundo en dúas ideoloxías diametralmente opostas. EnMühlenstrasse pódese ver un anaco de máis dun quilómetro desta reliquia do pasado. Así mesmo consérvase en bo estado oCheckpoint Charlie, que foi un dos puntos de acceso para estranxeiros en Berlín Leste e de escape clandestino dalgúns habitantes daRDA. Actualmente Checkpoint Charlie é un museo adicado á historia do muro e a aqueles que de diversos xeitos tentaron atravesalo.
APorta de Brandeburgo: Monumento situado a poucos metros do derrubado muro, naterra de ninguén que había entre o muro mesmo e os cuarteis e torres de vixilancia da policía (Volkspolizei) da RDA, é hoxe símbolo da reunificación do país.
OReichstag: É dende1999 de novo sede do parlamento federal, hoxe chamadoBundestag. Na súa reconstrución, só se deixaron os muros exteriores; o interior é totalmente novo. A súa cúpula, de cristal, é accesible ao público e ofrece unha magnífica vista panorámica da cidade, sobre todo de noite.
AKaiser-Wilhelm-Gedächtniskirche: Igrexa localizada no Centro de Berlín Oeste (antigo Berlín Occidental), sufriu os bombardeos dos aliados durante asegunda guerra mundial. A estes bombardeos só sobreviviu unha gran torre que foi conservada sen restaurar para lembrar as consecuencias da guerra, albergando na súa parte alta aFreiheitsglocke (Campá da liberdade) e ao que lle foi anexado un edificio moderno para a parroquia. De feito, esta igrexa é tamén coñecida como "a igrexa en lembranza á futilidade da guerra". A entrada á igrexa é de balde e abre as súas portas de nove da mañá a sete da tarde, todos os días da semana.
Potsdamer Platz: No corazón do Berlín Occidental áchase a nova Potsdamer Platz, que nosanos 1920 era un dos puntos máis populares de todaEuropa. A partir da caída do muro, pasou a ser un enorme proxecto de construción, no que hoxe en día pódense atopar modernos centros comerciais erañaceos que marcan unha nova época para Berlín.
Unter den Linden (Baixo os tilos) é o principal bulevar da cidade. Comeza naPariser Platz (Praza de París) no lado oeste daporta de Brandeburgo, onde se atopan aAkademie der Künste (Academia de Arte), o coñecido Hotel Adlon e as embaixadas deFrancia e dosEstados Unidos. Esta praza percorre 1,5 km en dirección Leste ata a ponte denominadaSchlossbrücke, o cal serve de unión coaIlla dos Museos e o centro Leste de Berlín. Nunha praza adxacente a esta avenidaUnter den Linden atópase acatedral (católica) de Berlín , xusto entre a Ópera (unha das tres que ten a cidade) e o edificio coñecido como aKommode. Tamén nesta rúa está situada a prestixiosaUniversidade Humboldt de Berlín, a máis antiga da cidade.
Alexanderplatz: No centro do antigo Berlín Leste atópase esta gran praza onde o antigo goberno comunista da RDA deixou a súa pegada máis visible. Preto desta praza áchase atorre de televisión (Fernsehturm) de 368m de altura, que pode ser vista dende case calquera punto da cidade. Construída nosanos 1960, a torre conta cun restaurante circular panorámico que vira sobre si mesmo e dende o que pode verse unha ampla panorámica da cidade.
As inmediacións da Alexanderplatz están ateigadas de monumentos e grandes edificios antigos, prazas e comercios de todo tipo. Entre os monumentos destaca oConcello (Rotes Rathaus) e acatedral (protestante) de Berlín (Berliner Dom); ambos edificios teñen unha arquitectura particular.
Friedrichstrasse: Antigo centro cultural, económico e comercial de Berlín. Actualmente intenta recuperar a súa importancia na cidade.
Memorial do Holocausto: Os 2711 bloques de formigón lembran os horrores doHolocausto xudeu por parte donazismo. Este monumento, deseñado polo arquitectoPeter Eisenman, atópase a poucos metros daPorta de Brandeburgo.
En Berlín atópanse 365 museos. O conxunto naIlla dos Museos, lugar declaradoPatrimonio da Humanidade polaUNESCO e situado na parte norte da Illa Spree, entre o Spree e o Kupfergraben. Xa en1841 foi nomeada -distrito adicado á arte e as antigüidades- por un decreto real. Por conseguinte, oAltes Museum (Museo Antigo) no Lustgarten, que mostraba o busto dea raíña Nefertiti,[20] e oNeues Museum (Museo Novo), oAlte Nationalgalerie (Antiga Galería Nacional), oMuseo de Pérgamo e oMuseo Bode (que tamén alberga oGabinete Numismático de Berlín), erixíronse alí.
Na primavera de 2006, reabriuse o expandido Museo Alemán de Historia (Deutsches Historisches Museum) na Zeughaus cunha exposición adicada á historia alemá a través da caída do Muro de Berlín en1989.
NoMuseumszentrum Berlin-Dahlem (distrito de Dahlem), hai varios museos da arte e cultura mundiais, como o Museo de Arte India, o Museo de Arte de Asia Oriental, o Museo Etnolóxico, o Museo das Culturas Europeas, así como o Museo dos Aliados (un museo sobre aguerra fría), o Museo Brücke (un museo de arte).
Outros museos:
Bauhaus-Archive: é un museo de arquitectura.
Checkpoint Charlie, queda como lugar emuseo dun dos puntos de cruzamento doMuro de Berlín. O museo, que é un negocio privado, exhibe material sobre o que a xente enxeñou para pasar o muro.
Museo Alemán de Tecnoloxía enKreuzberg: ten unha ampla colección de artefactos técnicos históricos.
Museo Exipcio de Berlín: atópase ao outro lado da rúa respecto aoPalacio de Charlottenburgo, alberga unha das máis importantes coleccións mundiais de obxectos doAntigo Exipto.
Museo Erótico Beate Uhse preto do zoo: sostén que é o museo erótico máis grande do mundo.[21]
Museo Xudeu de Berlín: ten unha mostra permanente sobre os máis de dous mil anos de historia xermano-xudía.[23]
Museo da Stasi, en Lichtenberg, sobre as bases do anterior Ministerio de Alemaña do Leste para a seguridade do estado(Stasi).
Museo Story of Berlin: combina novas tecnoloxías audiovisuais coa historia da cidade. Nel pódese visitar tamén un dos 23 búnkeres subterráneos que quedan na cidade.
OTiergarten constitúe o principal parque de Berlín
Ocontrato do Bosque Permanente foi un acordo de1915 entre Berlín e Prusia, para a adquisición de bosque en torno á cidade. O termo Bosque Permanente, como parte do nome do contrato, refírese ao seu propósito de permanecer inalterable no tempo.
En contraste coas partes central e leste da cidade, densamente urbanizadas, as zonas do oeste ábrense a zonas verdes boscosas, con lagos alimentados polos ríos Spree e Havel, que ofrecen ao visitante lugares de lecer e espazos naturais.
Tiergarten: É un gran parque localizado no centro da cidade. Nos seus primeiros anos foi unha zona de caza e posteriormente pasou a ser unha gran zona verde para uso e goce dos berlineses.
Xardín Botánico: É un dos máis grandes e coñecidos de Europa, ten ademais unha importante colección de plantas preparadas e unha Biblioteca especializada.
Festival Internacional de Cine de Berlín: Tódolos anos no mes de febreiro, o festivalBerlinale evoca a maxia do mundo cinematográfico entre as torres e os palacios de vidro da Potsdamer Platz. Un xurado internacional elixe aos ganadores do Oso de Ouro e de Prata.
Love Parade: Cada verán o maior desfile de amantes damúsica techno que atravesa o parqueTiergarten no centro da cidade. Máis dun millón de persoas danse cita cada ano no medio de carrozas e vestimentas coloridas. Este festival volveu celebrarse en2006 tras ser suspendido durante dúas tempadas.
Festival Internacional de Literatura de Berlín: Achega anualmente a un gran número de espectadores ás tendencias ecuménicas da prosa e a lírica contemporáneas. Na primeira quincena do mes de setembro danse cita na capital xermana un centenar de autores que non só comparten os seus textos coa audiencia, senón que expresan as súas opinións e vicisitudes sobre temas de actualidade política ou cultural dos países de orixe nos simposios organizados para tal efecto.
OMetro de Berlín (enalemánBerliner U-Bahn) é un dos máis funcionais e prácticos de Europa. Xunto co tren de proximidade (S-Bahn) conforma unha densa rede urbana de transporte que facilita os desprazamentos pola capital alemá. O Metro é xestionado pola Berliner Verkehrsbetriebe (BVG) á que tamén pertencen os buses e tranvías, o S-Bahn polaDeutsche Bahn (DB).
En canto ao sistema ferroviario, aEstación Central de Berlín (en alemánHauptbahnhof) é un proxecto de 900 millóns de euros iniciado en1992, que comezou a ser construído en 1995 e foi inaugurada en maio de 2006, xusto a tempo para a celebración daCopa Mundial de Fútbol en Alemaña.
↑"The World of Dinosaurs". Naturkundemuseum-berlin.de. 20 de outubro de 2011. Arquivado dendeo orixinal o 22 de marzo de 2012. Consultado o 7 de abril de 2012.
↑"Exhibitions".Jewish Museum Berlin. Arquivado dendeo orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 10 de agosto de 2008.