Enecoloxía chámasebentos[1] (dogrego βένθοςbénthos, "o fondo mariño")[2] á comunidade formada polos organismos que habitan o fondo dosecosistemas acuáticos como, por exemplo, ríos, lagos ou no leito mariño.[3][4] Adxectivos referidos aobentos sonbentónico (organismos bentónicos) ebéntico (usado case exclusivamente no termozona béntica). O termobentos, foi creado porErnst Haeckel en 1891.[5]
O bentos distínguese doplancto e donecto, formados por organismos que viven en suspensión e se trasladan pasivamente nadan nas augas, ou que nadan activamente nelas, respectivamente.
Alí onde a luz alcanza o fondo, o que depende da profundidade e da transparencia do medio, a comunidade inclúeprodutores primariosfotosintetizadores. No medioafótico (sen luz) dos fondos máis profundos, todos os organismos sonconsumidores, dependendo por tanto o conxunto dos animais bentónicos dos cadáveres, restos orgánicos e microorganismos que agravidade arrastra desde niveis máis superficiais.
Un caso especial e notábel é o dasbiocenoses máis ou menos efémeras que se establecen en puntos dasdorsais mediooceánicas, a profundidadesabisais, onde se produce vulcanismo hidrotermal, con emisión de auga moi quente e cargada de sales. Nestes ecosistemas a produción primaria corre a cargo debacteriasquimiosintetizadoras, unhas de vida libre e outrassimbióticas asociadas con animais.
Ascomunidades bentónicas máis produtivas e de maiorbiodiversidade, tamén probabelmente as máis ameazadas, son osarrecifes de coral. A desorganización e empobrecemento das comunidades bentónicas por certasartes de pesca, como asredes de arrastre, están entre os maiores problemas ambientais.
As principais fontes de alimento noplancto e o bentos son substancias orgánicas que chegan arrastradas desde terra firme. A profundidade da auga, a temperatura, a salinidade e o tipo de substrato local determinan o bentos que atopamos en cada lugar. Nas augas costeiras e outros lugares onde a luz alcanza o fondo, poden proliferar asdiatomeas bentónicasfotosintetizadoras. Os invertebrados filtradores, como asesponxas ebivalvos, dominan os fondos duros e areosos. Os sedimentívoros, como ospoliquetos, poboan os fondos brandos.Peixes, estrelas de mar,caracois,cefalópodos ecrustáceos constitúen importantes depredadores e carroñeros.
Macrobentos: Comprende os organismos bentónicos máis grandes, visibles a primeira ollada, de máis de aproximadamente 1 mm de tamaño. Algúns exemplos son vermes poliquetos, bivalvos,equinodermos, anemones de mar,corais, esponxas, ascidiáceos,turbelarios e crustáceos máis grandes, comocangrexos, lagostas ecumáceos.[6]