Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Benito Pérez Galdós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde marzo de 2017.)
Este artigo non posúe unha introdución axeitada
Aintrodución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica olibro de estilo da Galipedia.
Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes.
Modelo:BiografíaBenito Pérez Galdós

(1903)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1843Editar o valor en Wikidata
As Palmas de Gran Canaria, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1920Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Rúa de Hilarión Eslava, EspañaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La AlmudenaEditar o valor en Wikidata
Deputado das Cortes
2 de marzo de 1914 – 16 de marzo de 1916
Circunscrición electoral:As Palmas
Deputado das Cortes
6 de maio de 1907 – 2 de xaneiro de 1914
Circunscrición electoral:Circunscrición electoral de Madrid
Deputado das Cortes
5 de maio de 1886 – 29 de decembro de 1890
Circunscrición electoral:Guayama
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRúa de Hilarión EslavaEditar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de MadridEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscritorEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoMadridEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, novelista, xornalista, político, dramaturgo, poetaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1870Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoConxunción Republicano-Socialista
Partido ReformistaEditar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMuller eteatroEditar o valor en Wikidata
MovementoRealismo literarioEditar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valorEditar o valor en Wikidata
ParellaEmilia Pardo Bazán(1881–)
Lorenza Cobián(1879–1891)
Angelina ZampanelliEditar o valor en Wikidata
PaiSebastián Pérez MacíasEditar o valor en Wikidata
IrmánsIgnacio Pérez GaldósEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Перес Гальдос Бенито)
Enciclopedia Soviética ArmeniaEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0701918Allocine: 100649Allmovie: p313837
Enciclopedia Galega Universal: 166291Galiciana: 38745BNE: XX1014802Bitraga: 3698Find a Grave: 7288760Tebeosfera: perez_galdos_benitoArquivo Histórico de Deputados: 88070Editar o valor en Wikidata
Retrato de Benito Pérez Galdós pintado porSorolla, 1894. Orixinal en: Casa-Museo Pérez Galdós. Cabido de Gran Canaria.

Benito Pérez Galdós, nado nasPalmas de Gran Canaria o10 de maio de1843 e finado enMadrid o4 de xaneiro de1920, foi un novelista, dramaturgo e articulistacanario, probablemente un dos escritores máis representativos e prolíficos doséculo XIX.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Galdós era o décimo fillo dun coronel doexército, Sebastián Pérez, e de Dolores Galdós, unha dama de forte carácter e filla dun antigo secretario daInquisición. O seu pai inculcou no fillo o gusto polas narracións históricas contándolle acotío historias daguerra da independencia, na que participara[Cómpre referencia]. A súa imaxinación foi desbordante xa desde moi novo. En1852 ingresou no Colexio de San Agustín, que aplicaba unha pedagoxía activa e bastante avanzada para a época, durante os anos en que empezaban a espallarse porEspaña as polémicas teoríasdarwinistas, do cal hai ecos en obras súas como, por exemplo,Dona Perfecta (Doña Perfecta).

Obtivo Galdós o título de bacharel en Artes en1862, no Instituto da Lagoa, e comezou a colaborar na prensa local conpoesías satíricas, ensaios e algúns contos. Tamén se destacou polo seu interese polo debuxo e a pintura. Logo da chegada dunha curmá súa a casa, o novo Galdós trastornouse emocionalmente e os seus pais decidiron que se fose á capital a estudar a carreira de Dereito.

En setembro dese ano inicia a súa marcha aMadrid onde cursa a carreira de Dereito, como previsto. No entanto, dedica o curso a escoitar a Fernando de Castro, Francisco de Paula Canalejas, Adolfo Camus e Valeriano Fernández. Alí tamén coñecerá ao fundador daInstitución Libre de Ensino,Francisco Giner dos Ríos, que o alentou a escribir e fíxolle sentir curiosidade por unha filosofía, oKrausismo, que marcará fortemente a súa primeira novelística; pero de momento limítase a frecuentar os teatros e crear con outros escritores paisanos seus a «Faladoiro Canaria» en Madrid, mentres acode a ler aoAteneo aos principais narradoreseuropeos eninglés efrancés.

En1865 asiste aos feitos daNoite de San Daniel, os cales o impresionan vivamente, e ese mesmo ano comeza a escribir como redactor meritorio nos xornaisLa Nación eEl Debate, así como naRevista del Movimiento Intelectual de Europa. Ao ano seguinte, e en calidade de xornalista, é testemuña dopronunciamento dos sarxentos do cuartel de San Gil. Leva unha vida cómoda vivindo primeiro por dúas das súas irmás e logo na casa do seu sobriño, José Furtado de Mendoza. Segundo pintouRamón Pérez de Ayala, o que as fotografías confirman, era un descoidado no vestir, conformábase sempre con ir de tons sombríos para pasar desapercibido e no inverno levaba enrolada ao pescozo unha bufanda de la branca, cun cabo colgando do peito e outro ás costas, un puro a medio fumar na man e, cando estaba sentado, aos pés o seu can alsaciano. Cortaba o pelo ao cero e padecía horribles xaquecas.

Era proverbial a súa timidez, que lle facía ser máis que parco en palabras e en aspecto dunha modestia inverosímil, ata o punto de sufrir ao falar en público. Entre os seus dotes estaba posuír unha memoria visual portentosa e unha retentiva incrible que lle permitía lembrar capítulos enteiros doQuixote e detalles minúsculos de paisaxes vistas soamente unha vez vinte e cinco anos antes. Diso nacía tamén a súa gran facilidade para o debuxo. Todas estas calidades desenvolveron nel unha das facultades máis importantes nun novelista, o poder de observación.

En1867 viaxa en calidade de correspondente aParís para dar conta daExposición Universal. Le aBalzac e aDickens, e traduce deste, a partir dunha tradución francesa, a súa obra máis cervantina,Os papeis póstumos do Club Pickwick. Toda esta actividade supón a súa falta de asistencia ás clases de Dereito e bórrano definitivamente da matrícula en 1868. Nese mesmo ano, prodúcese a chamadarevolución de 1868, na que cae a raíñaSabela II. O ano seguinte encárgase de facer crónicas xornalísticas sobre a elaboración da novaConstitución.

En1870 publica a súa primeira novela,A Fontana de Ouro (La Fontana de Oro) grazas ós cartos da súa tía. En realidade, nesa época a publicación dun libro facíase grazas á axuda dos xornais e das revistas ou corría a conta do autor. Esta obra bosquexa a situación ideolóxica de España durante oTrienio Constitucional (1820-1823).

En1876, publícaseDona Perfecta, un panfleto anticlerical contra a intolerancia ideolóxica. A pesar das oposicións que suscitou a obra entre os neos ou neocatólicos, Galdós foi elixido membro daReal Academia Española.

Galdós asistiu con regularidade ao vello Ateneo da Rúa da Montera e fai amizade con personaxes de ideoloxía nada afín á súa, pois era home pouco inclinado a fanatismos ideolóxicos; así se fixo grande amigo deJosé María de Pereda,Antonio Cánovas del Castillo,Francisco Silvela eMarcelino Menéndez Pelayo. Tamén frecuenta os faladoiros do Café inglés, da Iberia e do vello Café de Levante. Fixo varias viaxes porFrancia,Inglaterra eItalia, máis a súa amizade con Pereda fíxolle afeccionarse aSantander, en cuxo Sardinero tomou o costume de veranear xunto a Pereda e Menéndez Pelayo, e onde se construíu a súa soada casa de San Quintín. Tamén gustaba de visitarToledo, cidade pola que sentía un grande agarimo e á que fixo escenario dalgunhas das súas novelas, comoAngel Guerra eTristana. En1884 viaxou aPortugal en compañía do seu amigo Pereda.

Influencias da amizade regaláronlle a acta de deputado porPorto Rico (1885) e asistiu ás cortes na lexislatura do ano seguinte sen apenas despegar os beizos: o Congreso foi para el un novo observatorio dende o que analizar "a sociedade española como materia novelable", que será o título do seu futuro discurso de ingreso na Real Academia de la Lengua. De1886 a1890 comprométese pouco activamente na política xa que é deputado polo partido deSagasta.

Un laudo arbitral de1897 independizou a Galdós do seu editor Miguel Honorio da Cámara e dividíndose todo en dúas partes, do que resultou que Galdós, en vinte anos de xestión conxunta, recibira unhas 80.000 pesetas máis do que lle correspondía; despois pescudarase que a Cámara non fora de todo legal respecto ao número e data das edicións das súas obras, de xeito que a Galdós lle quedou en suma un déficit de 100.000 pesetas nese trato. Con todo quedou na súa propiedade o cincuenta por cento do fondo dos seus libros que quedaban agardando a súa venda, 60.000 exemplares en total. Para librarse deles abriu o escritor unha casa editorial co nome de Obras de Pérez Galdós na rúa Hortaleza (número 132 baixo, hoxe 104). Ansioso de recuperar o terreo perdido, comeza anunciando as súas edicións de Dona Perfecta (Doña Perfecta) e O avó (El Abuelo); continuou esta actividade editorial ata1904, ano en que asinou cansado un contrato de edición coa Editorial Hernando.

A vida sentimental de Galdós non foi moi estudada, en parte pola discreción que o envolveu en tales asuntos e da que fixo gala ata na súa estudadamente anódina Autobiografía, que semella escrita case para desalentar empeños biográficos ulteriores. O caso é que permaneceu solteiro, aínda que foi asiduo cliente de amores mercenarios e tivo unha filla natural dunha nai que se suicidou; tamén se coñece ben a súa relación coa novelistaEmilia Pardo Bazán. Durante os seus derradeiros anos consagrouse fundamentalmente aoteatro, para o que entregou vinte e tres pezas, algunhas delas adaptacións das súas novelas, cuxa evolución lle ía reclamando ademais a forma dialogada. Nesta época comeza a aparecer o espiritualismo europeo na súa obra, cando Galdós comeza ademais a sentir un grande interese pola obra deTolstoi. Tamén na última parte da súa vida padeceu as consecuencias dos seus descoidos económicos e a súa tendencia a endebedarse de forma continua. Segundo o testemuño deRamón Pérez de Ayala:

Nunha ocasión don Gabino Pérez, o seu editor, quíxolle mercar en firme os seus dereitos literarios das dúas primeiras series dos Episodios Nacionales por cincocentas mil pesetas, unha fortuna entón. Don Benito replicou: "Don Gabino, vendería vostede un fillo?" E, con todo, don Benito non só non dispuña xamais dun cuarto, senón que contraera débedas enormes. As fraquezas co pecado do amor son pesadas gabelas. Pero este non era o único buraco por onde o diaño lle levaba os caudais, senón, ademais, a súa dadivosidade irreflenable, da que logo falarei. Nos seus apuros perennes acudía, como tantas outras vítimas, ao usureiro. Era cliente e vaca leiteira de todos os usureiros e usureiras matritenses, a quen, como se supón, estudara e cabalmente coñecía no propio mollo e medio típico, con tódalas súas tretas e sórdida voracidade. ¡Que admirable cancro social para un novelista! (Léase o seuFortunata e Jacintae a serie dosTorquemadas.) Cando un dos untuosos e queixosos emprestamistas lle presentaba para asinar un dos recibos diabólicos en que unha entrega na man de cinco mil pesetas se converte, por arte de encantamento, con carácter de documento executivo ou obriga de pagamento ao prazo dun ano, nunha débeda imaxinaria de cincuenta mil pesetas, don Benito tapaba coa man esquerda o texto, sen querer lelo, e asinaba resignadamente. Os intereses da débeda fiticia así contraídos levábanlle case todo o que don Benito debía recibir por liquidacións mensuais da venda dos seus libros. Moi poucos anos antes da morte don Benito, un xornalista pescudou por isto a súa precaria situación económica e fíxoa pública, con que se suscitou un movemento xeral de vergoña, simpatía e piedade [...] A comezos de mes acudían a casa de don Benito, ou ben lle axexaban nas afeitas rúas, atallándolle ao paso, copiosa e pintoresca colección de pobres xentes, deixadas da man de Deus; pertencían a ambolos dous sexos e as máis diversas idades, moitos deles de aspecto e guisa asaz sospeitosos; todos, de vida calamitosa, xa no físico, xa no moral, personaxes cuxas coitas non deixaba de escoitar evanxelicamente [...] Don Benito levaba sen cesar a man esquerda ao peto interno da chaqueta, sacaba eses papelitos máxicos denominados billetes de banco, que para el non tiñan valor ningún senón para ese único fin, e íaos aventando.[1]

Obras

[editar |editar a fonte]

Episodios nacionales

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Episodios Nacionales.

Teatro

[editar |editar a fonte]
  • Quien mal hace, bien no espere (1861, perdida)
  • La expulsión de los moriscos (1865, perdida)
  • Un joven de provecho (1867?, publicada en 1936)
  • Realidad (1892)
  • La loca de la casa (1893)
  • Gerona (1893)
  • Las de San Quintín (1894)
  • Los condenados (1894)
  • Voluntad (1895)
  • La fiera (1896)
  • Doña Perfecta (1896)
  • Electra (1901)
  • Alma y vida (1902)
  • Mariucha (1903)
  • El abuelo (1904)
  • Amor y ciencia (1905)
  • Bárbara (1905)
  • Zaragoza (1908)
  • Pedro Minio (1908)
  • Casandra (1910)
  • Celia en los infiernos (1913)
  • Alceste (1914)
  • Sor Simona (1915)
  • El tacaño Salomón (1916)
  • Santa Juana de Castilla (1918)
  • Antón Caballero (1921, inacabada)

Miscelánea

[editar |editar a fonte]
  • Crónicas de Portugal (1890)
  • Discurso de ingreso en la Real Academia Española (1897)
  • Memoranda, artículos y cuentos (1906)
  • La novela en el tranvía
  • Política española I (1923)
  • Política española II (1923)
  • Arte y crítica (1923)
  • Fisonomías sociales (1923)
  • Nuestro teatro (1923)
  • Cronicón 1883 a 1886 (1924)
  • Toledo. Su historia y su leyenda (1927)
  • Viajes y fantasías (1929)
  • Memorias (1930)

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Ramón Pérez de Ayala, «Más sobre Galdós», enDivagaciones literarias, Madrid: Biblioteca Nueva, 1958, p. 162-163.
  2. Aguinaga Alfonso, M (edición).Marianela. Editorial Castalia,2000, Madrid.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Benito Pérez GaldósModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Por favor, axuda namellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega.
Se cadra, podes atopar máis información napáxina de conversa.
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Benito_Pérez_Galdós&oldid=7194928»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp