Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Bengo

Coord.:8°47′00″S13°59′00″L / -8.7833333333333,13.983333333333
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBengo
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 8°47′00″S13°59′00″L / -8.7833333333333,13.983333333333
EstadoAngolaEditar o valor en Wikidata
CapitalCaxito(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación351.579(2014)Editar o valor en Wikidata (11,21hab./km²)
Lingua usadaLingua sama
Lingua umbunduEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie31.371 km²Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2AO-BGOEditar o valor en Wikidata

Sitio webbengo.gov.aoEditar o valor en Wikidata

Bengo é unha das 18provincias deAngola, localizada no norte. Ten unha área de 33.016 km² e unha poboación de aproximadamente 450.000 habitantes. A cidade deCaxito, no municipio deDande, é a capital provincial.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Atópase rodeandoLuanda, situada a setenta quilómetros deCaxito.Limita coas provincias deZaire polo norte,Uige polo nordeste,Cuanza Norte polo leste eCuanza Sul polo sur.

Nesta provincia sitúase o Parque Nacional de Kissama e a reserva do bosque de Kibinda, rodeado por dous grandes ríos, oLonga e oKwanza. Este último é navegable ao longo de todo o seu paso polo parque, e até a desembocadura noocéano Atlántico.A provincia tamén ten un número de lagos, a maior parte nos municipios de Dande e Icolo e Bengo.É unha provincia costeira, e dispón de praias naturais, como a de Pambala e Libongos, de 7 km de lonxitude.

Oclima é de tipotropical seco, cunha temperatura media de 25 °C, sendo o mes de marzo o máis cálido (33 °C) e xullo o máis fresco (17 °C).

As cidades máis importantes son:Cabo Ledo,Lagoa de Panguila,Porto Kipiri eFunda.

Demografía

[editar |editar a fonte]

A provincia contaba con 166.000 habitantes en1991, estimándose para o2006 de 460.508 persoas.[1]

Municipios

[editar |editar a fonte]

Posúe cincoconcellos.

MunicipioCapitalÁrea (km²)Pop. (2006 est)
AmbrizAmbriz4,20416,611
DandeCaxito6,52982,992
Ícolo e BengoCatete3,81958,830
NambuangongoMuxaluando5,604110,831
QuiçamaMuxima12,04629,905

Algunhas fontes tamén inclúen os seguintes municipios na provincia de Bengo:Bula-Atumba,Dembos, ePango-Aluquém.[2]

Comunas

[editar |editar a fonte]

Componse das seguintescomunas:[3]

Economía

[editar |editar a fonte]
Bengo.

A principal actividade económica é aagricultura, centrándose no cultivo decafé,algodón,iuca,palmeiras,cítricos,bananas ehortalizas. Tamén traballan amadeira, e realizan labores depesca. Hai artesáns que fan cousas tradicionais do lugar conbambú, madeira,pau preto,bordados.

Tamén haiminería que extraexofre,xemas,fosfatos,calcarios ecuarzo.

Outro importante motor é apesca deportiva e acaza.

Linguas

[editar |editar a fonte]

Ademais doportugués, nesta provincia fálase ocongo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Instituto Nacional de Estatística, Angola. Instituto Nacional de Segurança Social, Angola.[1]Arquivado 30 de setembro de 2016 enWayback Machine.
  2. Info-Angola (ed.)."Bengo: Municipios". Arquivado dendeo orixinal o 22 de marzo de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  3. Info-Angola (ed.)."Bengo: Comunas". Arquivado dendeo orixinal o 14 de xuño de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bengo&oldid=6666865»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp