Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Benelux

Coord.:50°51′N4°21′L / 50.85,4.35
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde setembro de 2013.)
Modelo:Xeografía políticaBenelux
Benelux (nl)
Benelux (fr)
Benelusse (wa)
Benelux (de)
Benelux (li)
Benelux (lb)
Benelúks (fy)Editar o valor en Wikidata

EpónimoBélxica,Países Baixos eLuxemburgoEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 50°51′N4°21′L / 50.85,4.35
Poboación
Lingua oficiallingua neerlandesa
lingua francesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorPaíses Baixos,Bélxica eLuxemburgoEditar o valor en Wikidata
Creación5 de setembro de 1944Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoBenelux Parliament(en)Traducir ,(Escano: 49)Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal de Xustiza de BeneluxEditar o valor en Wikidata
MoedaeuroEditar o valor en Wikidata

Sitio webbenelux.intEditar o valor en Wikidata
BNE: XX456359
O Benelux sitúase entre Francia e Alemaña.

OBenelux é unha rexión deEuropa occidental que compoñenBélxica,Países Baixos eLuxemburgo. O termo foi acuñado para referirmos áUnión Económica do Benelux, pero serve para designar a rexión histórica dos Países Baixos. A denominación Benelux formouse coas primeiras letras dos nomes dos países (na súa lingua orixinal) que forman a unión: BE de Bélxica, NE de Holanda (Nederland) e LUX de Luxemburgo.

AUnión Económica do Benelux foi aprobada trala liberación destes países durante asegunda guerra mundial en1944. Entrou en vigor en1948 legalizando o libre paso de persoas, bens de consumo e capitais, favorecendo así unha rápida recuperación económica. Este "experimento" tivo tanto éxito que en1957 o Benelux maisItalia,Francia eAlemaña occidental asinaron oTratado de Roma nacendo así aCEE que logo converteríase na actualUE. En certo senso, o Benelux pode considerarse un precursor da unión aduaneira e a liberdade de movementos e capitais que inspiran os principios fundamentais daUE.

O tratado, orixinalmente limitado a 50 anos, foi renovado antes do seu vencemento en2008. A renovación do tratado supuxo o cambio na denominación do Benelux: pasou de chamarse Unión Económica do Benelux a ser simplementeUnión de Benelux. Este cambio de nome reflicte un cambio na énfase da unión, xa que o novo tratado ampliou o rango de competencias da unión alén das económicas.

A estrutura institucional do Benelux consta dun Consello de Ministros, un Parlamento, un Consello da Unión, un Tribunal de Xustiza, unha Secretaría Xeral e unha Oficina de Propiedade Intelectual. A Secretaría Xeral atópase enBruxelas. O Parlamento do Benelux foi creado en 1955.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Benelux
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Benelux&oldid=7002970»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp