Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Caso gramatical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Benefactivo»)
«Caso» redirixe aquí. Para o concello asturiano, véxaseCasu.

Engramática, ocaso gramatical é a forma que adquire unha palabra (substantivos,adxectivos,pronomes oudeterminantes) dependendo dafunción sintáctica que desempeñe. Este concepto é aplicábel en principio áslinguas flexivas e áslinguas aglutinantes. Ao conxunto de casos que ten unha palabra dada chámaselledeclinación. Así, por exemplo, enlatín existían seis casos (nominativo,vocativo,acusativo,xenitivo,dativo eablativo), en grego clásico cinco (nominativo,vocativo,acusativo,xenitivo edativo). Nas dúas linguas existen tamén trazas dos antigoslocativo einstrumental.

Os casos poderían clasificarse nos seguintes subtipos:

  • caso formal: expresa unha relación puramente sintáctica entre o predicado e os sintagmas nominais. En latín sería o nominativo e o acusativo.
  • caso relacional: establece unha relación entre doussintagmas nominais ou entre un sintagma nominal e un verbo. En latín serían o xenitivo e o dativo.
  • caso posicional: indica o lugar onde se dá ou ten lugar unha acción. En latín sería o ablativo.

Existen linguas cun sistema de casos posicionais moi desenvolvido, como otabasarano, que posúe cincuenta e dous: entre eles oinlativo, oelativo, oablativo, oadlativo, osublativo, odelativo, osupralativo, opostlativo, ointerlativo, oinesivo, oadesivo, osubesivo, ointeresivo, opostesivo, ou osuperesivo.

No grupo dos casos relacionais existen dous grandes sistemas nas linguas do mundo. Aquí do que se trata é de ver quen leva as marcas formais entre o suxeito dos verbos transitivos e intransitivos e o complemento directo dos verbos transitivos:

  • Se se marca dalgún xeito o Complemento Directo estaremos ante unsistema acusativo (no que o suxeito se pon en nominativo e o Complemento Directo en acusativo) -este sería o caso do latín e, dalgún xeito, o dogalego;
  • Se o que se marca é o suxeito dos verbos transitivos e non o dos intransitivos nin o Complemento Directo, o primeiro irá en casoergativo e os outros enabsolutivo. É o que se chama unsistema de ergativo, propio entre outros doéuscaro.

Listaxe de casos

[editar |editar a fonte]

Esta é unha listaxe de casos tal e como se usan en variaslinguas flexivas que teñen declinación.

Lugar e tempo

[editar |editar a fonte]
Nota: a maioría dos casos que expresan lugar e movemento empréganse tamén para indicar tempo.

Lugar

[editar |editar a fonte]
CasoUsoExemploExiste en
Adesivolugar adxacentecerca de/xunto a/onda a casaestoniano |finés |húngaro |lituano
Inesivodentro de algodentro da casaerzya |estoniano |finés |húngaro
Locativolugarna casabelaruso |checo |húngaro (só nalgúns topónimos tradicionais) |saami inari |letón |lituano |saami setentrional |polaco |sánscrito |serbio |eslovaco |turco
Temporal(só usado con expresións de tempo)
especifica un momento
ás setehúngaro
Superesivona superficieenriba da casahúngaro

Movemento

[editar |editar a fonte]
CasoUsoExemploatópase en
Ablativomovemento desde algodesde a casaerzya |estoniano |finés |húngaro |inuktitut |sánscrito |turco
Adlativoenhúngaro e enfinés:
movemento cara a (cerca de) algo
enfinés:
movemento cara a algo
cara a casa

á casa
erzya |estoniano |finés |húngaro |lituano |turco |oseto
Delativomovemento desde a superficiedesde (o alto d)a casahúngaro
Egresivomarca o inicio dun movemento ou tempoempezando desde a casaudmurt
Elativofóra de algofóra da casaerzya |estoniano |finés |húngaro
Inlativomovemento cara a dentro de algocara a dentro da casaerzya |estoniano |finés |húngaro |saami inari |lituano |saami setentrional
Lativomovemento cara a un lugará casaerzya |finés |turco
Prolativomovemento usando unha superficie ou víaa través da casaerzya |estoniano |finés
Prosecutivoporpola estradakalaallisut
Sublativomovemento cara a superficiearriba cara a casahúngaro
Terminativomarca o final dun movemento ou tempoata a casaestoniano |húngaro
Vialpor, por medio depor medio da casainuktitut

Cadro resumo dos principais casos

[editar |editar a fonte]
 interiorsuperficieadxacencia
desdeElativoDelativoAblativo
ondaInesivoSuperesivoAdesivo
cara aIlativoSublativoAdlativo

Nivel morfosintáctico

[editar |editar a fonte]

Para os significados dos termosaxente,paciente,experimentador, einstrumento, verpapeis theta.

CasoUsoExemploatópase en
Absolutivo (1)paciente, experimentadorempurrou aporta e abriunaéuscaro
Absolutivo (2)paciente, experimentador involuntarioela cruzou oxeo;el esvaroulinguas nominativo-absolutivas
Absolutivo (3)paciente, experimentador; instrumentoel empurrou aporta coa súaman e abriunainuktitut
Acusativo (1)pacienteela abriu aportacheco |erzya |Esperanto |finés |alemán |húngaro |saami inari |latín |lituano |saami setentrional |polaco |ruso |sánscrito |serbio |eslovaco
Acusativo (2)complemento directo dunverbo transitivo;feito de;acerca de;por un tempoeu véxoainuktitut |persa |turco
Ergativoaxenteel empurrou a porta e abriunaéuscaro |checheno |xeorxiano |samoano
Ergativo-xenitivoaxente, posesiónel empurrou a porta e abriuna; oseu can.inuktitut
Instrumental/Instrutivoinstrumentopor medio da casabelaruso |checo |finés |xeorxiano |lituano |polaco |ruso |sánscrito |serbio |eslovaco
Instrumental-comitativoinstrumento, na compaña de algocoa casahúngaro
Nominativo (1)axenteel empurrou a porta e abriunalinguas nominativo-acusativas
Nominativo (2)axente; experimentador voluntarioel abriu a porta;ela paroulinguas nominativo-absolutivas
Obxectivocomplemento directo ou indirecto dun verbo ou réxime dunha preposición; un caso xeral para calquera situación non sendo nominativo ou xenitivoeu vina; eu deille o libro; conela.inglés
Oblicuocaso xeral; calquera situación excepto nominativoen relación á casahindi
Pasivo oupacientesuxeito dun verbo intransitivo ou complemento lóxico dun verbo transitivoa porta abriuselinguas caucásicas

Relación

[editar |editar a fonte]
CasoUsoExemploatópase en
Ablativocaso indirecto xeralen relación coa casainuktitut |latín |lituano
Benefactivopara, en beneficio depara a casaéuscaro |quechua
Causalpor, a causa dea causa da casaquechua
Causal-finalcausa eficiente ou finalpola casahúngaro
Comitativona compaña de algocoa casaestoniano |finés |saami inari |saami setentrional
Dativomostra dirección ou destinatariopara a casabelaruso |checo |erzya |xeorxiano |alemán |hindi |húngaro |inuktitut |latín |lituano |polaco |romanés |ruso |sánscrito |serbio |eslovaco
Dedativo(Respectivo)relacionado conrelacionado coa casaquenya
Distributivodistribución en anacoscasa por casafinés |húngaro
Distributivo-temporalcon que frecuencia ocorre algodiariamente; os domingoshúngaro
Xenitivomostra relación, posesiónda casabelaruso |checo |neerlandés |erzya |estoniano |finés |xeorxiano |alemán |grego |saami inari |latín |lituano |saami setentrional |polaco |romanés |ruso |sánscrito |serbio |eslovaco |sueco
Posesivoposesión directa de algoposuído pola casainglés |quenya
Sociativoxunto con algocoa casahúngaro

Semántica

[editar |editar a fonte]
CasoUsoExemploatópase en
Disxuntivousado cando o suxeito se repite por énfase ou para especificar un suxeito plurala casa e o coche, ámbolos dous están aquífrancés (só nospronomes)
Partitivousado para cantidadestres (das) casasestoniano |finés |saami inari
Preposicionalcando unha preposición precede ao nomeen/con/para a casaruso
Vocativousado para chamar a alguén, con ou sen preposiciónou, casa!
O casa!
casa!
árabe |belaruso (raro) |checo |xeorxiano |grego |hindi |latín |lituano |polaco |romanés |sánscrito |serbio

Estado

[editar |editar a fonte]
CasoUsoExemploatópase en
Abesivofalta de algosen a casaerzya |estoniano |finés |saami inari
Esivoestado temporal de existenciacomo a casaestoniano |finés |saami inari |inuktitut |exipcio medio |saami setentrional
Esivo-formalmarca unha condición como cualidadecomo unha casahúngaro
Esivo-modalmarca unha condición como cualidadecomo unha casahúngaro
Excesivomarca unha transición desde unha condicióna partir de ser unha casaestoniano |finés
Translativocambio dunha condición a outra(chegando a estar) na casaerzya |estoniano |finés |húngaro

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Case (1994), de Barry J. Blake, editado en Cambridge University Press (ISBN 0-521-44661-9)
  • The Oxford handbook of case: studies in honor of Bernard Comrie (2008), editado por Greville G. Corbett, Michael Noonan en John Benjamins Publishing Company, Amsterdam & Philadelphia (ISBN 978-90-272-2994-6)
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Caso_gramatical&oldid=6859506»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp