Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Belemnitida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Belemnitida
Rango fósil: 234 Ma-66 MaTriásico-Cretáceo superior[1]

Passaloteuthis bisulcata
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Mollusca
Clase:Cephalopoda
Subclase:Coleoidea
(sen clasif.):Belemnoidea
Orde:Belemnitida
Zittel,1895
Subordes
Reconstrución artística dun grupo de belemnitas.

Belemnitida é unha orde decefalópodos extintos da eraMesozoica.

O seu nome común ébelemnítidos oubelemnitas[2] (e ás veces úsase belemnites, aínda que tamén existe un xénero concreto denominadoBelemnites).

Viviron na eraMesozoica desde a idade/pisoHettangiano doXurásico inferior á idade/pisoMaastrichiano doCretáceo superior.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A raíz do seu nome procede dogrego antigo βέλεμνονblélemnon, que significaba "dardo" ou "frecha", facendo referencia á punta do seu esqueleto calcario interno (rostro).

Descrición

[editar |editar a fonte]
Rostros fósiles de belemnitas doXurásico deWyoming.

As belemnitas superficialmente teñen aspecto deluras. Posúen dezbrazos de igual lonxitude inzados de pequenos ganchos retortos cara a atrás para agarrar aspresas.[3] Porén, crecían do par detentáculos especializados presentes nas modernas luras.[4]

As belemnitas (e outrosBelemnoidea) son distintas das modernas luras porque posúen un esqueleto interno duro, que está composto por unrostro (rostrum), que é unha estrutura sólida situada na parte posterior do animal. O rostro tiña xeralmente forma de bala e proxectábase prominentemente cara a atrás, pero na suborde dosBelemnotheutina estaba presente só en forma dunha fina capa que cubría o fragmocono. Aínda que a porción dividida en cámaras herdada dos seus antepasados do seu esqueleto interno (véxase máis abaixo) estaba feita dearagonita, este rostro evolutivamente novo estaba composto decalcita. Debido á súa constitución de calcita, que é máis estable xeoloxicamente, o rostro é xeralmente o único resto que queda conservado do animal, e a miúdo aparece en grandes cantidades nunha área determinada.

O rostro está á súa vez unido a unha cuncha cónica dividida en cámaras chamadafragmocono. Do extremo do fragmocono debaixo do rostro hai un diminuto nódulo esférico ou cupuliforme chamadoprotocuncha (protoconch), que é o resto que queda da cuncha embrional. O espazo entre o fragmocono e o rostro denomínasealvéolo (alveolus). Na parte anterior do fragmocono hai unha delgada e moi fráxil estrutura chamadaproostraco (proostracum), xeralmente con forma de culler. Esténdese na parte dorsal domanto.

Osfósiles que conservan as partes brandas dos belemnites son escasos, pero indican que igual que os modernosColeoidea, estes animais posuían un saco da tinta,peteiros duros, aletas que podían ser apicais ou laterais, e grandes ollos. Ademais, tiñan un pro-ostraco, que é unha proxección con forma de lingua que saía do corpo principal da cuncha.[5] Os espécimes ben conservados presentan probas de ter fortes fibras musculares no manto, o que indica que eran potentes nadadores igual que as modernas luras e a diferenza doutros cefalópodos do seu tempo, como osammonoideos e osnautiloidescimatocerátidos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Iba, Y.; Sano, S. -I.; Mutterlose, J.; Kondo, Y. (2012). "Belemnites originated in the Triassic--A new look at an old group".Geology.doi:10.1130/G33402.1. 
  2. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraBelemnita.
  3. Robert Wynn Jones (2006).Applied palaeontology. Cambridge University Press. pp. 151–152.ISBN 978-0-521-84199-3. 
  4. Richard E. Young, Michael Vecchione, & Katharina M. Mangold (April 21, 2008)."Coleoidea Bather, 1888". Tree of Life web project. Arquivado dendeo orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado oMay 2, 2011. 
  5. Ailsa Allaby and Michael Allaby (1999)."Belemnitida". 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Belemnitida&oldid=6574930»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp