Unbeiril é a parte ou zona que remata unha cousa, que a rodea ou constitúe o seu límite con outra cousa, xeralmente sobresaíndo dela.[1]
Unbeiril, no contexto daenxeñaría estrutural earquitectura, é un tipo específico de estrutura que se estende dende un punto de apoio fixo e soporta cargas ao longo da súa lonxitude. Un extremo da estrutura permanece fixo, coñecido como encastramento ou engastamento, mentres que o outro é libre. Esas restricións na translación e rotación en un extremo caracterizan un beiril, tamén chamadocantilever por influencia do inglés, ouvoadizo, estrutura voadiza por influencia do castelán (véxase terminoloxía).
O termo aplícase tanto a elementos lineais, como vigas e columnas, como a elementos laminares, como lousas.Pontes,farolas,ásde avión ebalcóns dosedificios son outros exemplos deste tipo de elementos estruturais.[2]

A resistencia dun beiril depende da capacidade do material para resistir momentos de torsión, do deseño da armadura empregada e da distribución da carga. Está deseñado para maximizar a eficiencia na distribución da carga, minimizando a deformación. Tamén pode soportar desprazamentos relativos ou ter apoios elásticos impostos, cuxas restricións son descritas polascondicións de fronteira de Robin.

A palabrabeiril engalego eportugués parece derivar da palabrabeira,[3][4] á súa vez proveniente do latínriparia ou do celto-latinoviria= anel, círculo, derivada daraíz indoeuropea *wei- (torcer, dobrar), o mesmo que oasturleonésveiril e ocastelánvera. A estrutura de beiril tamén se pode referir a unhaestada saliente, ouandamio.[5]
En portugués tamén se usan os termosconsola, estrutura em consola eestrutura de consola. O termo ingléscantilever extendeuse a outros idiomas, e provén probabelmente da combinación de "cant" e "lever", dofrancéslevier (panca) que provén dolatínlevare (elevar) e á súa ver da raízprotoindoeuropea *legwh- "lixeiro, sen peso". A orixe de "cant" é incerta, pero unha posibilidade é que derive do termo "can", referido a un extremo de madeira que sobresae dun muro, que serve como apoio para as vigas.[6][7]
En galego tamén é usado o termovoadizo, adaptación do castelánvoladizo, elemento que voa ou sobresae (tamén existe o termosalidizo, menos empregado).[8] O termo non é recollido polobUSCatermos, oDRAG ou o Dicionario Visual da Construción editado poloCOAG, pero é comunmente usado por empresas, medios e administración.[9][10][11][12][13]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beiril |
Este artigo sobrearquitectura é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre. Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |