Bee Gees é un grupo musical británico composto polos irmáns: Barry Gibb, nado o 1 de setembro de 1946, e polos xemelgos Robin e Maurice Gibb, nacidos en 1949. O nome de Bee Gees débese ás iniciais de Brothers Gibb (irmáns Gibb), que son BG e en inglés pronúnciase Bee Gees.
Na década dos cincuenta comezaban a actuar en público, en pequenos concertos na súa terra natal. En 1958 a familia dos Gibb múdase aBrisbane, onde os irmáns seguen desenvolvendo as súas actividades artísticas. Así, logo de tocar en diversos clubs, asinan no ano de 1963 o primeiro contrato coa RSO e un ano despois gravan o seu primeiro álbum. No ano de 1966 conseguen o seu primeiro número un enAustralia co tema "Spicks and specks". Un ano despois regresan aInglaterra.
No ano de 1967 lanzan o seu primeiro álbum en Inglaterra,First, conseguindo un éxito e unha soa inspiración da música deThe Beatles editando temas como "Holiday" "New York Mining Disaster 1941", "Every Christian Lion Hearted Man Will Show You". Todas as cancións foron compostas por Barry Gibb, con só 19 anos.
Despois de que se mudan aMiami co produtor Arif Mardin, comezan a etapa americana co discoMr. Natural, no ano de 1974 eMain Course, un ano despois. O estilo evoluciona desde a música romántica e sentimental ata oRhythm & Blues.
Pouco despois pasáronse ámúsica disco, anticipándose ao que logo sería a moda. EditanChildren of the world conseguindo o número un coa canción "You should be dancing".
En 1977 chega o maior éxito a nivel mundial da banda sonoraSaturday Night Fever, o selo da película do mesmo título.
No ano de 1979 publicanSpirits having flown, conseguindo varios número un con temas melancólicos como "Tragedy" e "Too much heaven". O seu estilo agora é novamente melódico nas súas letras, aínda que con ritmo máis vivo.
En 1981 editanLiving eyes, mentres se toman un descanso na súa carreira como grupo para iniciar traballos en solitario, aínda que o primeiro foi Barry, quen colabora en composicións para outros artistas comoBarbra Streisand,Diana Ross,Bryan Adams eKenny Rogers.
No ano 1987 vólvense a reunir para gravar o álbum "E.S.P.", e 4 anos despoisOne. Catro anos despois editanHigh civilization, e en 1993Size isn't everything. En 1997 editanStill waters, no que os Bee Gees cegan a medio mundo coas súas voces. En 2001 sae á venda "This is where I came in", que foi moi ben recibido polo público e foi o último disco gravado antes da morte de Maurice dous anos despois. Nese mesmo ano edítase e sae á vendaThe record unha compilación do mellor dos irmáns Gibb. En 2004 apareceNumber Ones outra compilación, e en 2005 apareceLove Songs unha compilación das mellores cancións de amor dos Bee Gees. Desde 1987 traballan no seu propio estudo de gravación en Miami (Florida). A canciónYou Win Again (1987) converteuse nun éxito internacional.