Portada dunha revista francesa publicada o1 de abril de1904 mostrando ós soldados deMenelik II deAbisinia desfilando en celebración do aniversario da súa vitoria sobre ositalianos.
Abatalla de Adua (tamén coñecida como Adwa) ocorreu o1 de marzo de1896 entre Abisinia (hoxe máis coñecida comoEtiopía) eItalia preto da cidade abisinia do mesmo nome. Era a batalla culminante da primeira guerra Italo-Abisinia.
África fora divida entre as potencias europeas noséculo XIX, a excepción da república deLiberia e oImperio de Abisinia. Italia, quen se incorporara recentemente á carreira colonial, posuía colonias enEritrea eSomalia, e desexaba aumentar a súa presenza noCorno de África conquistando Abisinia e unindo os seus dous territorios costeiros por terra. Firmou entón oTratado de Uccialli co emperador abisinioMenelik II, que descoñecía que ese tratado convertía o seu país en protectorado italiano. Cando o soubo, rompeuno, tendo agora Italia que invadirAbisinia militarmente para cumprir os seus propósitos.
Iniciouse así unha invasión italiana en toda regra, que a compoñían arredor de 20000 homes. O xeneral italianoBaratieri, propuxo facer o primeiro movemento a noite do29 de febreiro de1896, esperando sorprender os abisinios mentres durmían.
Na batalla o exército italiano abarcou a catro brigadas que sumaban aproximadamente 20000 homes, con cincuenta e seis pezas de artillaría. Compuxeron a brigada dosaskari (infantaría nativa recrutada en Eritrea) baixo o xeneralMatteo Albertone. As tres brigadas restantes eran unidades italianas baixo os xeneraisVittorio Dabormida,Giuseppe Ellena e Baratieri. As catro brigadas italianas avanzaron por separado cara a cidade de Adua por diversos pasos de montaña. O traxecto separounas moito, ademais de poñelas en terreo difícil.
Menelik II e o seu exército (que excedía amplamente en número ós italianos, calculándose os seus efectivos en arredor de 120 000 homes), levantáranse cedo para facer servizos de igrexa. Ó coñecer a noticia do avance italiano, o emperador reuniu os exércitos separados dos seus nobres (Ras Makonnen,Ras Mikael, e oNegusTekle Haymanot de Gojjam) e avanzou cara aos italianos.
A brigada do askari de xeneral Albertone foi a primeira en sufrir a acometida abisinia, preto dun outeiro chamadoEnda Chidane Meret. O askari resistía ben o embate abisinio, en parte grazas ó apoio da artillaría italiana, pero se enfrontaba a un exército moito maior. O combate duraba xa tres horas, ata que Menelik II decidiu enviar a súa reserva de 25 000 soldados deSoa, que esmagou a brigada de Albertone.
A brigada italiana de Dabormida trasladárase ata o lugar do combate en axuda de Albertone, pero non puido alcanzalo a tempo. Lonxe do resto do exército italiano, viuse obrigado a combater os abisinios. Porén, o factor numérico, o valor e a ferocidade dos guerreiros de Soa conduciron á morte do xeneral italiano e á destrución de gran parte dunha nova brigada.
Tras este novo triunfo, as tropas de Menelik II atacaron as dúas brigadas restantes e esmagáronas novamente nomonte Belah. Polo mediodía, os superviventes do exército italiano retirábanse dunha batalla xa perdida.
Os italianos contaron 5 900 baixas, mentres que os abisinios perderon en torno a 10 000 homes. Os prisioneiros italianos foron tan ben tratados como foi posible, pero os 800 askari que capturaron foron interpretados como traidores, e o seu castigo foi a amputación das súas mans dereitas e os seus pés esquerdos.
Como un resultado directo da batalla, Italia firmou oTratado de Addis Abeba, recoñecendo a Abisinia como un Estado independente. A responsabilidade do fracaso caeu en Baratieri, ao que relevaron do seu cargo. A humillación de Italia foi sentida case corenta anos, ata 1935, cando a segunda guerra Italo-Abisinia deu á Italia deMussolini o goberno sobre Abisinia.