Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Bareyo

Coord.:43°28′56″N3°36′39″O / 43.482222222222,-3.6108333333333
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBareyo
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 43°28′56″N3°36′39″O / 43.482222222222,-3.6108333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabriaEditar o valor en Wikidata
CapitalBareyoEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.133(2024)Editar o valor en Wikidata (65,75hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie32,44 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar CantábricoEditar o valor en Wikidata
Altitude46 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataJose de la Hoz Lainz(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39170Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39011Editar o valor en Wikidata

Sitio webaytobareyo.orgEditar o valor en Wikidata

Bareyo é unmunicipio e localidade pertencente ácomunidade autónoma deCantabria. Limita polo norte comar Cantábrico, polo oeste conRibamontán al Mar, polo sur conRibamontán al Monte e polo leste conArnuero eMeruelo. Está situado na históricacomarca de Trasmiera.

No concello atópase o punto máis setentrional da costa cántabra, ocabo de Ajo, situado na fin daría de Ajo, desembocadura dorío Campiazo. A costa do municipio alterna cantís conpraias. Polo interior, no sur do concello, áchanse diversos outeiros que non superan os 230metros e que forman oval de Güemes.

Historicamente, naIdade Moderna o seu territorio pertenceu á Xunta deSete Vilas, incluída esta no Meiriñado deTrasmiera. A Xunta desapareceu coa chegada dos municipios constitucionais e quedou dividida nos concellos de Castillo Siete Villas, do que posteriormente se separou o municipio deNoja e actualmente chamado Arnuero, Meruelo e Ajo, ou tamén chamado Fuente Espina segundo as fontes. O municipio de Ajo foi chamado así desde 1822 até 1835, que tomou o nome de Bareyo, aínda que conserva a súa capitalidade na localidade de Ajo.

Coma o resto da zona costeira, a economía baséase principalmente nosector servizos, e máis concretamente no sector turístico, que é un activo importante polas praias e o pobo en si, ademais da gastronomía que oferta. Osector primario está en retroceso, aínda que no pasado foi a principal actividade económica da zona.

Localidades

[editar |editar a fonte]
  • Ajo (Capital) (1.612 habitantes en 2009).
  • Bareyo ( 160 habitantes en 2009).
  • Güemes (288 habitantes en 2009).

Fonte:INE

Núcleo de poboación

[editar |editar a fonte]

Bareyo é tamén nome dunha localidade do municipio, que non coincide coa capital. No2008 contaba cunha poboación de 177 habitantes (160 habitantes no 2009) (INE). A localidade atópase a 53metros de altitude sobre o nivel domar, e a unquilómetro da capital municipal,Ajo. Destaca do lugar a igrexa de Santa María, con cabeceira e un transeptorománicos da segunda metade doséculo XII, que foi declarada Ben de Interese Cultural, coa categoría de Monumento, en1978.

Patrimonio

[editar |editar a fonte]

Dous son os bens de interese cultural deste municipio, ambos con categoría de monumento:

  • A Igrexa de Santa María de Bareyo.
  • O Muíño de La Venera, na ría deAjo.

Ademais, está inventariada a Casa patrucial de Crespo, enGüemes.

Outros monumentos relixiosos de interese, a parte do citado, son:

  • A igrexa de San Martín de Tours deAjo.
  • O antigo convento de San Ildefonso no barrio do Convento (Ajo).
  • A igrexa de San Vicente Mártir enGüemes.
  • A ermida de San Pedruco enAjo.
  • A ermida de San Roque enAjo.

Outros monumentos civís son:

  • A Casona de Carre.
  • A Casona de Llabad Camino.
  • A casa de Villanueva.
  • A Casona de Cubillas.
  • A Casona de Cubillas - Vélez de Hotanilla.
  • A Casona de La Peña (actualmente un hotel).

Praias

[editar |editar a fonte]

En Ajo están localizadas as dúas únicas praias que ten o municipio, estas son:

  • Praia de Cuberris. A praia, que se encontra protexida polo Cabo de Ajo á dereita e a Punta Cárcabos á esquerda, é un lugar frecuentado por surfistas durante todo o ano e por bañistas en verano.
  • Praia de Antuerta. Está protexida polo leste pola Punta Carcabos e polo oeste por Punta Urdiales. A esta pequena praia só se pode acceder a pé, pero aínda así é moi frecuentada por surfistas e naturistas.

Festas

[editar |editar a fonte]

As festas máis populares de Bareyo son:

Economía

[editar |editar a fonte]

Un 25 % de la poboación do municipio emprégase nosector primario, un 19,1 % naconstrución, un 9,5 % naindustria e un 46,4 % nosector servizos.

Medios de información

[editar |editar a fonte]

A corporación municipal edita desde o 2007 a revista La Ojerada, que informa sobre distintas actividades que transcorren no concello.

Xentilicios

[editar |editar a fonte]

De Ajo, Ñero.De Bareyo, Birigañas.De Güemes, Camperro.De Bareyo (municipio), Bareyiego.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Evolución demográfica
19001910192019301940195019601970198019902000200720082009
1.1841.2991.5121.7892.1002.2992.1181.7581.6421.6351.7081.9282.0032.060

Fonte:INE

Administración

[editar |editar a fonte]

José de la Hoz Lainz (PRC) é o actual alcalde domunicipio. As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no2003 e2007.

Eleccións municipais,25 de maio de2003
PartidoVotos%Concelleiro
PP59445,94 %5
Ucn32725,29 %2
PRC18013,92 %1
PSOE14911,52 %1
  • Alcalde electo: Antonio Güemes Díez (PP).
Eleccións municipais,27 de maio de2007
PartidoVotos%Concelleiros
PP60142,81 %4
PRC48334,40 %3
CDL18313,03 %1
PSOE1319,33 %1
  • Alcalde electo: José de la Hoz Lainz (PRC).

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Bareyo

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
  • Bareyo en www.cantabriajoven.com
  • Bareyo en www.inforural.com
  • Bareyo en www.cantabria102municipios.com
Alfoz de Lloredo  · Ampuero  · Anievas  · Arenas de Iguña  · Argoños  · Arnuero  · Arredondo  · El Astillero  · Bárcena de Cicero  · Bárcena de Pie de Concha  · Bareyo  · Cabezón de la Sal  · Cabezón de Liébana  · Cabuérniga  · Camaleño  · Camargo  · Campoo de Enmedio  · Campoo de Yuso  · Cartes  · Castañeda  · Castro Urdiales  · Cieza  · Cillorigo de Liébana  · Colindres  · Comillas  · Los Corrales de Buelna  · Corvera de Toranzo  · Entrambasaguas  · Escalante  · Guriezo  · Hazas de Cesto  · Hermandad de Campoo de Suso  · Herrerías  · Lamasón  · Laredo  · Liendo  · Liérganes  · Limpias  · Luena  · Marina de Cudeyo  · Mazcuerras  · Medio Cudeyo  · Meruelo  · Miengo  · Miera  · Molledo  · Noja  · Penagos  · Peñarrubia  · Pesaguero  · Pesquera  · Piélagos  · Polaciones  · Polanco  · Potes  · Puente Viesgo  · Ramales de la Victoria  · Rasines  · Reinosa  · Reocín  · Ribamontán al Mar  · Ribamontán al Monte  · Rionansa  · Riotuerto  · Las Rozas de Valdearroyo  · Ruente  · Ruesga  · Ruiloba  · San Felices de Buelna  · San Miguel de Aguayo  · San Pedro del Romeral  · San Roque de Riomiera  · San Vicente de la Barquera  · Santa Cruz de Bezana  · Santa María de Cayón  · Santander  · Santillana del Mar  · Santiurde de Reinosa  · Santiurde de Toranzo  · Santoña  · Saro  · Selaya  · Soba  · Solórzano  · Suances  · Los Tojos  · Torrelavega  · Tresviso  · Tudanca  · Udías  · Val de San Vicente  · Valdáliga  · Valdeolea  · Valdeprado del Río  · Valderredible  · Valle de Villaverde  · Vega de Liébana  · Vega de Pas  · Villacarriedo  · Villaescusa  · Villafufre  · Voto
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bareyo&oldid=6559745»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp